Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.721

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2002 pola que se publica o tipo de xuro nominal dos préstamos que se formalicen no segundo semestre de 2002 ó abeiro do programa de préstamos para financiar produccións audiovisuais na Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante Resolución do 26 de abril de 2002 publicouse o programa de préstamos para financiar produccións audiovisuais na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 87, do 7 de maio).

No punto cuarto determínase a operativa do préstamo, establecéndose que o tipo de xuro variará por semestres naturais, publicándose o dito tipo de referencia para cada semestre no Diario Oficial de Galicia.

Visto o exposto e unha vez verificados os datos relativos á evolución do Mibor e Euribor, en virtude das facultades que teño conferidas

RESOLVO:

Primeiro.-O tipo de xuro nominal dos préstamos que se formalicen no segundo semestre de 2002 ó abeiro do programa de préstamos para financiar produccións audiovisuais na Comunidade Autónoma de Galicia será o 3,626%.

En Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica