Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.680

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 24 de xuño de 2002 pola que se dispón a aprobación e publicación da revisión e actualización do Plan de Protección Civil ante o Risco de Temporais en Galicia, homologado pola Comisión Galega de Protección Civil.

Conforme o Decreto 56/2000, do 3 de marzo, nos seus artigos 76.3º e 77, indícase que os plans deben ser aprobados polo conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de seren homologados

pola Comisión Galega de Protección Civil, serán publicados no Diario Oficial de Galicia.

O Plan Específico de Protección Civil ante o Risco de Temporais en Galicia elaborouse e aprobouse por primeira vez no ano 1996, quedando integrado no Plan Territorial de Protección Civil de Galicia (Platerga) como plan específico conforme a normativa vixente. O Plan Específico de Protección Civil ante o Risco de Temporais en Galicia, durante este tempo de vixencia de case seis anos, desde a súa aprobación precisou dunha revisión e actualización.

A revisión e actualización do Plan de Protección Civil ante o Risco de Temporais en Galicia foi aprobada polo conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o 16 de abril de 2002, e homologado pola Comisión Galega de Protección Civil o 26 de abril de 2002.

Para dar cumprimento ó establecido no Decreto 56/2000, publícase como anexo o texto revisado e actualizado do Plan de Protección Civil ante o Risco de Temporais en Galicia, que foi homologado pola Comisión Galega de Protección Civil.

En virtude do exposto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A aprobación da revisión e actualización do Plan de Protección Civil ante o Risco de Temporais en Galicia, que figura no anexo desta orde.

Artigo 2º

A publicación da referida actualización e revisión no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2002.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

ANEXO

PLAN DE PROTECCIÓN CIVIL ANTE O RISCO DE TEMPORAIS

EN GALICIA

1. Introducción; definición; obxectivos; Plan Territorial de Galicia de Predicción e Vixilancia de Fenómenos Meteorolóxicos adversos; marco legal.

1.1. Introducción.

Para cumpri-lo imperativo legal, que se indica na Norma Básica de Protección Civil, a Comunidade Autónoma de Galicia elaborou no ano 1994 o Plan Territorial de Protección Civil da Comunidade Autonómica de Galicia (Platerga).

O Platerga foi aprobado no Consello da Xunta de Galicia no mes de xullo do ano 1994 e foi homologado o 30 de setembro do 1994 pola Comisión Nacional de Protección Civil.

No Decreto 56/2000, de refundición da normativa autonómica relativa á protección civil, recóllese e publícase a actualización do citado Plan Territorial

de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia (Platerga).

No capítulo primeiro do Platerga contémplase que os plans de ámbito inferior ó Platerga, para integrarse neste, deberán ser aprobados ou homologados, se é o caso, polo órgano competente que regulamentariamente se determine, e publicada a aprobación ou homologación no Diario Oficial de Galicia. Entre estes plans territoriais, cualificados como plans específicos pola súa peculiaridade e características propias en Galicia, atópase o Plan de Protección Civil ante o Risco de Temporais en Galicia.

No ano 1996 aprobouse por primeira vez o Plan de Protección Civil ante o Risco de Temporais en Galicia (Resolución da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, do 30 de xullo de 1996).

Os anos transcorridos desde a súa aprobación ata o momento actual, a experiencia acumulada neste tempo pola protección civil de Galicia, así como os cambios de estructuras orgánicas na Xunta de Galicia precisa a revisión e actualización do anterior plan.

1.2. Definición.

No Platerga no seu título II entre os riscos naturais obxecto de planificación, establécense os de temporais (ventos fortes e moi fortes, furacáns e tornados).

Os temporais son un fenómeno meteorolóxico adverso, entendéndose como tal todo evento atmosférico capaz de producir directa ou indirectamente danos ás persoas ou danos materiais de consideración.

Os temporais poden provocar illamento dos núcleos de poboación debido ós estragos que se producen no medio. Poden esperarse perdas de vidas humanas, tanto polos estragos do medio como pola realización de actividades laborais diversas durante o temporal (agrícola, gandeiro, acuícola, marisqueo, pesca e industrial, como as máis salientables).

Este Plan de Protección Civil ante o Risco de Temporais en Galicia é o instrumento de carácter técnico que comprende un conxunto de normas e procedementos de actuación que constitúe o sistema e dispositivo de resposta das administracións públicas, fronte a unha situación de emerxencia de temporais de ventos en terra, que se produzan no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Este Plan de Protección Civil ante o Risco de Temporais de Galicia dá resposta soamente ás situacións de emerxencia derivadas de ventos en terra, excluíndo as derivadas en zonas marítimas preto das costas de Galicia. Tamén quedan excluídas as situacións colaterais derivadas de determinados temporais de ventos, tales como choivas intensas e fortes, e nevadas, que dispoñen dun Plan de Protección Civil en Galicia cada unha delas.

O Plan de Protección Civil ante o Risco de Temporais de Galicia é un plan específico de Galicia e como tal queda así integrado no Platerga.

1.3. Obxectivos.

O obxectivo do Plan de Protección Civil ante o Risco de Temporais en Galicia é dar unha resposta rápida, consensuada e eficaz nos concellos de Galicia afectados por un temporal de ventos. Preténdese co Plan de Protección Civil ante o Risco de Temporais en Galicia que a actuación na emerxencia non sexa froito da improvisación, senón que as ditas actuacións están perfectamente planificadas e coordinadas, así como que os responsables da protección civil a nivel de concello, non se sintan desbordados para atopar solucións ós diferentes problemas que poidan establecerse.

Ante situacións de riscos de temporais un elemento básico na fase de planificación, así como nas fases preventivas (alerta ou preemerxencia) e na operativa de intervención (emerxencia), é dispor da información das previsións meteorolóxicas con tempo suficiente.

Os obxectivos deste plan son os seguintes:

* Minimiza-los riscos producidos polos temporais.

* Previr e reducir no posible os accidentes e os danos.

* Dispor de medios de evacuación e de lugares de aloxamento para os evacuados.

* Dispor de medios de asistencia sanitaria.

* Dispor de medios e mecanismos de restauración das vías de comunicación afectadas. Establecer vías alternativas de comunicación.

* Manter e restablecer no menor tempo posible, os servicios básicos: enerxía eléctrica, telefonía, auga e combustibles.

* Reducir no posible, as perturbacións por modificacións na vida cotiá; tales como paralización da vida escolar, comunicacións.

* Manter informada a poboación.

1.4. Plan Territorial de Galicia de Predicción e Vixilancia de Fenómenos Meteorolóxicos Adversos.

Fenómeno meteorolóxico adverso é aquel susceptible de altera-la actividade humana de forma significativa, nun espacio determinado; é posible que unha situación que normalmente non sería considerada adversa supoña algún contratempo no que concorran outras circunstancias imprevisibles.

O Instituto Nacional de Meteoroloxía (INM) e as autoridades responsables de protección civil puxeron en marcha diferentes plans de colaboración co obxecto de comunica-las previsións meteorolóxicas emitindo boletíns meteorolóxicos a curto, medio e longo prazo. En Galicia esta predicción lévaa a cabo o Centro Meteorolóxico Territorial en Galicia (en adiante CMT-Galicia), que é un centro indispensable neste Plan de Temporais de Galicia, ó se-lo orga

nismo oficial que leva a cabo as prediccións meteorolóxicas.

O Plan Nacional de Predicción e Vixilancia de Fenómenos Meteorolóxicos Adversos ten carácter de Plan Director, elaborado polo Instituto Nacional de Meteoroloxía (INM). Entre os fenómenos adversos que se consideran, contémplanse os temporais, e indícanse os valores limiares de referencia, e as normas básicas para a confección de difusión de boletíns.

O Plan Rexional de Galicia ten como referencia o Plan Director, e define a actuación concreta do Grupo de Predicción e Vixilancia (GPV) do Centro Territorial de Galicia e outras seccións do Centro Meteorolóxico Territorial, así como as oficinas de aeroportos, bases aéreas e os observatorios sinópticos da demarcación do Centro Meteorolóxico e Territorial de Galicia.

Desde abril do ano 1996 disponse do Plan Rexional de Galicia de Predicción e Vixilancia de fenómenos meteorolóxicos adversos entre os que se consideran os temporais.

1.5. Marco legal.

O Decreto 56/2000, do 3 de marzo, no seu capítulo III (normas xerais sobre planificación e coordinación de actividades), sección primeira (da planificación de protección civil na Comunidade Autónoma de Galicia), no seu artigo 74 (outros plans), punto 3, indica que son plans específicos os que se elaboran para facerlles fronte ós riscos específicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Un destes plans específicos é o Plan de Protección Civil ante o Risco de Temporais de Galicia.

O artigo 76, punto 3º, indica que os plans específicos de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia serán aprobados polo conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais por proposta do director xeral de Interior e Protección Civil, e serán homologados pola Comisión Galega de Protección Civil, e posteriormente publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A revisión e actualización do Plan Específico de Protección Civil ante o Risco de Temporais de Galicia deste documento seguirá o procedemento administrativo indicado anteriormente.

2. Ámbito xeográfico; identificación de riscos derivados dos temporais; sistema de previsión meteorolóxica.

2.1. Ámbito xeográfico.

Dada a situación xeográfica de Galicia no noroeste da península, os temporais que chegan a esta teñen xeralmente a súa entrada polas costas galegas, atravesando a comunidade de oeste a leste e producindo, segundo a intensidade do temporal, danos máis ou menos importantes.

Para efectos de Planificación de Protección Civil, e tendo en conta a experiencia dos temporais acae

cidos nos últimos anos en Galicia, considéranse tres áreas nas que se divide a comunidade galega:

2.1.1. Área 1-zonas marítimas afecta exclusivamente as augas marítimas do litoral galego, sen chegar ata a costa nin ó litoral.

* Son normais nas épocas de inverno nas augas marítimas que bañan o litoral galego e nos últimos anos tiveron lugar moitos episodios de temporais marítimos.

* Non se contempla a súa planificación por protección civil, xa que a súa análise, organización, operatividade, estructura, dirección e coordinación se realiza a través do Plan de Salvamento Marítimo de Galicia.

2.1.2. Área 2-litoral e costas galegas comprende:

* Rías de Galicia.

* Portos e praias de Galicia.

* Litoral terrestre nos 1.200 km de costa (provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra).

Estas son as zonas de máximo risco, debido a que normalmente son as que primeiro sofren as consecuencias, coa máxima intensidade e duración no tempo.

Tendo en conta a experiencia acumulada nos sucesos acontecidos durante as últimas décadas, a totalidade da costa galega, en función da súa perigosidade, clasifícase en dúas zonas:

* Maior perigosidade: rías de Arousa, de Muros, de Noia, Costa da Morte e a zona costeira desde Cabo Vilán ata Estaca de Bares.

* Menor perigosidade: resto da Costa de Galicia.

2.1.3. Área 3-zonas interiores de Galicia comprende:

* Unha zona extensa do territorio galego, afastado da costa.

* A zona montañosa de Galicia.

Pola súa perigosidade, establécese a zonificación en radios de cobertura, contados desde o eixe da costa:

* Maior perigosidade: concellos que quedan cubertos nun radio de acción entre 0-30 km.

* Media perigosidade: concellos que quedan cubertos nun radio de acción ata 75 km, e as zonas montañosas de Galicia.

* Baixa perigosidade: o resto dos concellos de Galicia incluídos os do interior, que non sexan de montaña.

As medidas de planificación e, se é o caso, as de intervención deberán incrementarse nas zonas de maior perigosidade; (teranse en conta como zonas especiais que se van tratar as de montaña, normalmente en cotas superiores os cincocentos metros).

2.2. Identificación de riscos derivados dos temporais.

* Caídas de árbores interrompendo a circulación nas estradas.

* Derrubamentos de pedras ou terras nas estradas.

* Derrubes de maquinaria (guindastres, estadas, etc.).

* Derrubes de edificios en mal estado.

* Caída de valas publicitarias e outros elementos na vía pública.

* Caída de cornixas e tellados á vía pública.

* Caída do tendido eléctrico.

* Caída do tendido telefónico.

2.3. Sistema de previsión meteorolóxica.

O CMT-Galicia proporcionará a información ás autoridades de protección civil da Xunta de Galicia, sobre a posibilidade de que teñan lugar fenómenos atmosféricos adversos, relacionados co risco de temporais (fortes ventos), para que de acordo co especificado neste plan, se poida:

* Adoptar criterios e medidas preventivas para a protección de persoas e bens.

* Realizar aviso ás autoridades e á poboación das áreas potencial e previsiblemente afectadas.

As prediccións meteorolóxicas de temporais de vento proporcionarán información sobre:

* Xénese do fenómeno.

* Localización (mar/terra).

* Extensión.

* Duración.

* Intensidade.

A información que xera o CMT-Galicia en situacións de fenómenos meteorolóxicos adversos de temporais en Galicia, coa emisión dos diferentes boletíns meteorolóxicos de predicción e vixilancia elaborados, transmítese ó órgano da Comunidade Autónoma con competencias en materia de protección civil a través da Central de Emerxencias 112-Galicia.

O léxico meteorolóxico empregado, a escala internacional de ventos, así como a clasificación reducida dos ventos que empregan as autoridades e organismos implicados neste Plan Específico de Protección Civil ante o Risco de Temporais en Galicia, indícase no anexo I deste citado plan.

Os valores limiares en Galicia para a emisión do Boletín de Fenómenos Meteorolóxicos Adversos para Temporais de Ventos por parte do CMT-Galicia, ás autoridades de protección civil da Xunta de Galicia, indícase tamén no anexo I.

Posteriormente á recepción do Boletín de Fenómenos Meteorolóxicos Adversos emitido polo CMT-Galicia de temporal de ventos, o director do Plan Específico de Protección Civil ante o Risco

de Temporais dará as ordes para que a través da Central de Emerxencias 112-Galicia (Cecop-Galicia), se transmita ás autoridades, organismos, entidades e/ou asociacións que se indiquen á recepción do Boletín de Adversos, e, se é o caso, establece-la fase da preemerxencia e/ou emerxencia por temporais previstos neste plan.

O sistema de previsión meteorolóxica tamén se complementa coas realizadas pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

3. Estructura organizativa.

3.1. Liñas xerais.

Establécese a organización e procedementos de actuación dos recursos de servicios, co obxecto de facer fronte ás emerxencias por risco de temporais, no ámbito territorial de Galicia.

En función do ámbito territorial no que é previsible que se produza o temporal, poden darse tres posibles situacións:

-Soamente afectado un concello ou mancomunidade de concellos.

-Unha provincia de Galicia.

-Varias provincias ou a totalidade do territorio de Galicia.

As situacións derivadas dun temporal de ventos implicarán que o ámbito territorial sexan varias provincias galegas.

Nembargantes e en consonancia coa estructura organizativa do Platerga, este plan seguirá a mesma metodoloxía, e esta estructura organizativa presentase como unha estructura ascendente, isto é, aumentando os efectivos designados para unha actuación en función da magnitude da emerxencia.

Consideraranse tres niveis operativos:

* Nivel 0: local, municipal, mancomunidade, comarcal.

* Nivel 1: provincial.

* Nivel 2: autonómico.

3.2. Director do plan.

3.2.1. A nivel local (nivel 0) será o alcalde (máxima autoridade de protección civil a este nivel), ou o concelleiro en que delegue.

3.2.2. A nivel provincial (nivel 1) será o delegado provincial da consellería con competencia en materia de protección civil, ou persoa en quen delegue.

3.2.3. A nivel autonómico (nivel 2) será o director xeral con competencias en materia de protección civil, ou persoa en quen delegue.

Función da dirección do Plan de Temporais de Galicia a nivel autonómico:

* A declaración do plan na súa fase de alerta e preemerxencia ou de emerxencia no nivel correspondente (nivel 0, nivel 1 e nivel 2).

* Constituí-lo Centro de Información (CIN), o Centro de Coordinación Operativa a nivel autonómico: Cecop-Galicia (112-SOS Galicia); e se é o caso, ordena-la constitución dos Cecop-provinciais.

* Se é o caso, constituí-lo Comite Autonómico de Protección Civil (comité asesor). A totalidade dos membros, ou aqueles que se considere necesarios.

* Mobiliza-los medios e recursos necesarios para facer fronte á emerxencia.

* Decidi-las actuacións máis convenientes para facer fronte á emerxencia.

* Coordinar coos autoridades das distintas administracións públicas, e se é o caso, entidades e organismos, as actuacións que se van levar a cabo.

* Determina-lo fin da emerxencia.

Dirección do Plan de Temporais de Galicia a nivel provincial. Dirección técnica de operacións da emerxencia a nivel provincial:

O director do Plan a Nivel Provincial é o director do Platerga a nivel 1, é o delegado provincial da consellería con competencias en materia de protección civil, ou persoa en quen delegue; correspóndelle:

* A activación do Plan de Temporais de Galicia a nivel provincial (nivel 1), por decisión do director a nivel autonómico.

* Constituí-lo Cecop-provincial.

* Se é o caso, constituí-lo Comité Provincial de Protección Civil (comité asesor). A totalidade dos membros ou aqueles que considere necesarios.

* Mobiliza-los medios e recursos necesarios a nivel provincial para facer fronte á emerxencia.

* Coordinar coas autoridades provinciais locais as actuacións para facer fronte á emerxencia.

* Decidi-las actuacións máis convenientes para facer fronte á emerxencia.

* Informa-lo director do plan a nivel autonómico.

* Determina-lo fin da emerxencia a nivel provincial, por instancia do director do plan a nivel autonómico.

A dirección técnica de operacións da emerxencia a nivel provincial recae no xefe do Servicio Provincial de Protección Civil; correspóndelle:

* Mante-la operatividade do Cecop-provincial.

* Convoca-los xefes de grupos operativos provinciais e constituí-los grupos operativos provinciais.

* Coordinar e dirixi-los grupos operativos provinciais.

* Informa-lo director do Plan de Protección Civil ante o Risco de Temporais de Galicia a nivel provincial, e se é o caso, a nivel autonómico.

* Solicita-la mobilización dos medios e recursos extraordinarios e, se é o caso, aqueles non previstos polo Plan de Temporais de Galicia.

3.3. Niveis de actuación do plan.

Este plan prevé diferentes casos e supostos de actuación definidos consonte a criterios do ámbito territorial e a capacidade de dar resposta por parte das administracións públicas afectadas que constitúen os seguintes niveis:

-Nivel 0: temporais do ámbito local. A dirección e coordinación levarase a cabo conforme a actuación do correspondente Pemu (Plan de Emerxencias Municipal).

-Nivel 1: terá como ámbito territorial o dunha provincia galega.

-Nivel 2: terá como ámbito territorial varias provincias galegas ou a totalidade do territorio galego.

A decisión de declara-lo correspondente nivel desde o local (0), pasando polo provincial (1), ata chegar ó autonómico (2), será exclusivo do director do plan a nivel autonómico.

3.4. Comité asesor.

Para asistir ó director do plan disporase dun comité asesor de acordo coa estructura organizativa do plan nos seus diferentes niveis: local (0), xunta local de protección civil; autonómico (2), comité autonómico de protección civil.

O director do plan a nivel autonómico poderá incorporar no comité asesor nos diferentes niveis repre

sentantes doutras administracións públicas, organizacións, entidades, asociacións que estime oportunas.

A nivel autonómico os responsables do CMT-Galicia e do grupo de predicción meteorolóxica da Consellería de Medio Ambiente formarán parte do comité asesor.

3.5. CIN (Centro de Información).

O responsable do CIN é o xefe do Gabinete de Información da consellería con competencias en materia de protección civil, ou persoa en que delegue; o director do CIN depende do director do Plan de Protección Civil ante o Risco de Temporais en Galicia a nivel autonómico. Estará apoiado polo Servicio de Información e Formación do órgano da Comunidade Autónoma con competencias en materia de protección civil, e persoal do Gabinete de Prensa da Consellería da Xunta de Galicia con competencia en materia de protección civil.

O CIN sitúase no 112-SOS Galicia: Centro de Coordinación Operativa de Galicia Cecop-Galicia, Santiago de Compostela, no edificio de usos múltiples de San Marcos, ou noutra dependencia que indique o director do plan autonómico. É único para toda Galicia, co obxecto de unificar e dar unha única información, tanto á poboación, coma ós medios de comunicación.

Unha vez que estea activada a fase de alerta (preemerxencia) ou durante a fase de emerxencia no nivel que corresponda, o CIN, comezará a acadar e a recibir información.

No CIN centralizarase toda a información que se reciba dos Cecop-provinciais, os que pola súa vez conseguirán a información dos Cecopal, así como doutros centros de xestión de emerxencias da Administración pública ou privada, conforme os protocolos indicados no anexo III.

Desde o CIN solicitarase ou enviarase a información conforme os protocolos establecidos no Cecop-Galicia (112-SOS Galicia).

O CIN subministrará información a poboación, sobre as previsións meteorolóxicas, recomendacións ante situacións de temporal e durante o temporal, estado e situación.

Esta información farase:

* Antes do temporal, advertindo a eventual situación da emerxencia, e cunha serie de recomendacións de tipo xeral, e en zonas determinadas de maior risco recomendacións específicas, dirixidas tanto ós habitantes da zona, como aqueles que se despracen empregando medios de transporte con recomendacións ós automobilistas, e aqueles que vaian desprazarse, ou vaian viaxar (anexo V).

* Perante o temporal, coas medidas de carácter xeral e específicas, e recomendacións de tipo persoal.

Os servicios provinciais de protección civil poderán facilita-la información da súa respectiva provincia por requirimento do CIN, ou, se fose o caso, por propia iniciativa logo de autorización da dirección do plan a nivel autonómico.

3.6. Grupos de acción a nivel provincial e municipal.

A dirección do plan estará apoiada por diferentes grupos operativos de acción que son os grupos encargados dos servicios operativos ordinarios, e están deseñados para actuar coordinamente e baixo unha dirección única dentro do marco que establece este plan.

A nivel provincial son os seguintes:

3.6.1. Grupo de Intervención Operativa.

a) Obxectivos xerais e específicos.

* Controlar, reducir e neutraliza-las causas e efectos do sinistro.

* Rescate e salvamento de persoas e bens.

* Intervención e primeiros auxilios.

b) Xefe do grupo de intervención operativa.

O xefe do Grupo Operativo de Intervención Operativa é un técnico de protección civil ou de emerxencias designado polo Servicio Provincial de Protección Civil.

c) Medios e recursos do grupo de intervención operativo.

c.1. Propios da Administración autonómica.

* Persoal e medios do Servicio Provincial de Protección Civil.

* Persoal e medios da Xefatura Provincial do Servicio Contra a Defensa de Incendios Forestais (SDCIF) da Consellería de Medio Ambiente.

* Brigadas de obras da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

c.2. Propios da Administración local.

* Parques Contraincendios e Salvamento Municipais e Comarcais.

* Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil.

* Unidades e Brigadas de Obras e Servicios Municipais e das deputacións provinciais.

* Equipos e maquinaria pesada.

c.3. Propios da Administración xeral do Estado.

* Garda Civil.

* Brigadas de Obras do Ministerio de Fomento.

c.4. Entidades e organismos públicos e privados.

* Equipos de rescate e salvamento.

* Medios e recursos privados.

3.6.2. Grupo de estradas e transportes.

a) Obxectivos xerais e específicos.

-Establecer rutas alternativas para os itinerarios inhabilitados.

-Sinalizar e rehabilita-los tramos e rutas deterioradas.

-Establecer medios de transporte.

-Anular e/ou restrinxi-lo transporte.

b) Xefatura do grupo de estradas e transportes.

O xefe do Grupo Operativo de Estradas e Transportes, a nivel provincial, é o delegado provincial da CPTOPV (o suplente será un funcionario da citada delegación con rango mínimo de xefe de servicio).

Estará asistido o xefe deste grupo polos máximos responsables provinciais específicos de:

-Garda civil. Máximo responsable a nivel provincial.

-Xefatura Provincial de Tráfico.

-CPTOPV: Obras Públicas e Transportes

-Delegación Provincial do Ministerio de Fomento: responsable provincial.

-Educación: transporte escolar.

-Deputación provincial/vías e obras.

c) Medios e recursos do grupo operativo de estradas e transportes.

c.1. Propios da Administración autónoma.

* Persoal e medios adscritos a Obras Públicas e Transportes da Delegación Provincial da CPTOPV.

* Persoal da Inspección Provincial da Consellería de Educación.

* UPA (Unidade da Policía Nacional adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia).

c.2. Propios da Administración xeral do Estado.

* Garda civil.

* Persoal da Xefatura Provincial de Tráfico.

* Persoal e medios da Delegación Provincial do Ministerio de Fomento (Obras Públicas).

c.3. Propios da deputación provincial.

* Persoal e medios de vías e obras da deputación provincial.

c.4. Propios da Administración local.

* Policía local.

* Persoal e medios de vías e obras do concello.

* Persoal de protección civil municipal

c.5. Entidades, organismos e empresas.

* Empresas de transportes a nivel provincial.

* Empresas de construcción da provincia.

* Renfe e Feve.

d) Misións específicas.

d.1. Acadar información sobre o estado das estradas e vías de comunicación da provincia e transmitila ó Cecop-provincial.

d.2. Adopción de medidas para a restauración da rede viaria e sinalización das zonas de risco e perigo.

d.3. Limpeza e desentullo das estradas. Restauración das vías de comunicación.

d.4. Propoñer rutas alternativas de comunicación.

d.5. Recomenda-la non circulación de vehículos, especialmente os de transporte de viaxeiros e mercadorías perigosas.

d.6. Recomenda-la non circulación de transporte escolar, e, se é o caso, suspender temporalmente a actividade escolar.

3.6.3. Grupo sanitario.

a) Obxectivos xerais e específicos.

* Avalia-las consecuencias individuais e colectivas do fenómeno adverso que se ten producido.

* Establece-las medidas preventivas colectivas de saúde pública e individuais, de asistencia sanitaria ós afectados.

b) Xefatura do grupo operativo sanitario.

O xefe do grupo sanitario a nivel provincial é o delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, o suplente será un funcionario da delegación desta consellería con rango mínimo de xefe de servicio.

c) Medios e recursos do grupo operativo sanitario.

c.1. Propios da Administración autónoma.

* Persoal da rede sanitaria dependente da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Sergas.

* Fundación sanitaria 061.

c.2. Alleos á Administración autónoma.

* Centros asistenciais sanitarios privados.

* Rede privada de transporte sanitario.

* Cruz Vermella.

3.6.4. Grupo operativo de rehabilitación de servicios públicos.

a) Obxectivos xerais e específicos.

* Levar a cabo as accións necesarias para restablece-los servicios públicos (auga, telefonía, enerxía eléctrica e gas).

* Restablecemento dos servicios de transportes terrestres, aéreos e marítimos.

* Adoptar solucións alternativas de carácter temporal ou substitutorio.

b) Xefatura do grupo operativo de asistencia e servicios públicos.

O xefe do Grupo Operativo de Asistencia e Servicios Públicos é o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio (o suplente será un funcionario con rango mínimo de xefe de servicio da delegación da Consellería de Industria e Comercio).

c) Sectores implicados.

c.1. Empresas públicas e privadas de servicios:

* Compañías eléctricas en Galicia.

* Compañías de telefonía (fixa e móbil) en Galicia.

* Empresas de abastecemento e distribución de auga de consumo público.

* Combustibles líquidos G.L.P. (gases licuados do petróleo), G.N. (gas natural).

c.2. Outros servicios públicos:

* Renfe; Feve.

* Aeroportos e aeródromos

* Transporte de mercadorías (estradas).

* Transporte de viaxeiros (estradas).

* Portos (pesqueiros e comerciais).

3.6.5. Grupo de intendencia, evacuación e apoio loxístico.

a) Obxectivos xerais e específicos.

* Establece-los procedementos de evacuación, considerando a poboación afectada.

* Habilita-los locais susceptibles de albergar á poboación afectada.

* Organiza-los auxilios alimentarios e avalia-las necesidades dos evacuados.

* Levar a cabo a expropiación temporal e mobiliza-los recursos necesarios.

* Facilita-las comunicacións entre e con outros grupos operativos e cos Cecop-Galicia, Cecop-provincial e Cecopal.

b) Xefatura do grupo operativo de intendencia, evacuación e apoio loxístico.

O xefe do Grupo Operativo de Intendencia, evacuación e apoio loxístico a nivel provincial é o xefe de Sección Provincial do Servicio Provincial de Protección Civil.(O suplente será un funcionario do Servicio Provincial de Protección Civil), ou un técnico en emerxencias.

c) Medios e recursos do grupo operativo de intendencia, evacuación e apoio loxístico.

c.1. Propios da Administración autonómica:

* Centros de Albergue e Aloxamento da Xunta de Galicia.

* Sistema de Comunicacións da Xunta de Galicia.

c.2. Propios da Administración local:

* Centros de Albergue e Aloxamento.

* Sistemas de comunicación municipais

c.3. Empresas e entidades privadas.

* Empresas de transporte público.

* Empresas de abastecemento de alimentos e bebidas

* Empresas de aloxamento turístico

* Empresas de abastecementos de medios de primeira necesidade de (mantas, roupas de abrigo, etc.).

4. Coordinación operativa.

4.1. Centro de coordinación operativo (Cecop).

O Cecop é o órgano de onde se recibe información en relación ó temporal, e de onde se determinan, dirixen e coordinan accións que se van executar. É o órgano de traballo do director do plan, tanto para a coordinación a distintos niveis, como para a actuación e xestión dos recursos e medios.

A nivel autonómico o Cecop é o Cecop-Galicia: Central de Emerxencias 112-SOS Galicia.

A nivel provincial serían os Cecop de cada provincia de protección civil.

A nivel municipal son os respectivos Cecopal.

4.2. Posto de mando avanzado (PMA).

O director técnico de operacións de emerxencias a nivel provincial que se indica no punto 3.2., establecerá un posto de mando avanzado (PMA), que actuará como prolongación do Cecop-provincial, constituíndo un órgano de traballo do director técnico de operacións da emerxencia in situ, coordinando e dirixindo as accións dos diferentes grupos de acción que intervirán na emerxencia.

Asesorarán a este director técnico os diferentes responsables dos grupos operativos e daqueles organismos ou entidades que deberán actuar prioritariamente para acada-los obxectivos previstos.

As funcións do director técnico no PMA serán as establecidas no Platerga.

4.3. Medidas para a protección de persoas e bens.

O plan prevé as actuacións necesarias para a protección das persoas e bens en caso de emerxencia, e fundamentalmente son as de:

* Avisos e información á poboación (Centro de Información do Plan CIN).

* Salvamento e rescate de persoas (Plan de Salvamento Marítimo de Galicia na Zona Litoral Marítima; Grupo Operativo de Salvamento do Plan na zona terrestre).

* Control de accesos e mantenemento da orde nas áreas afectadas (forzas de seguridade; con especial atención á garda civil, policía autonómica e policías locais).

* Evacuación, albergue e asistencia social (Grupo Operativo de Asistencia e Albergue).

* Asistencia sanitaria (Grupo Operativo Sanitario).

* Abastecemento e control sanitario de auga e alimentos (Grupo Operativo Sanitario).

* Eliminación e limpeza de obstáculos ou obstruccións nas vías de comunicación (Grupo Operativo de Estradas e Transporte).

* Restablecemento dos servicios básicos. (Asistencia de servicios públicos).

5. Operatividade.

5.1. Fase de preemerxencia ou de alerta.

* Iníciase cando se dispón da información recibida do CMT-Galicia sobre a probabilidade de ocorrencia de sucesos capaces de dar lugar a temporais (fortes ventos), coa notificación dun boletín sobre prediccións meteorolóxicas adversas de temporais con fortes ventos.

* A fase de preemerxencia ou de alerta terá lugar cando o CMT-Galicia prevexa que no Plan Territorial de Galicia de Predicción e Vixilancia de Fenómenos Meteorolóxicos Adversos, e que se indican explicitamente no anexo I deste plan, a intensidade dos ventos acade e/ou supere os valores limiares que se estableceron, así como en situacións que aínda que non se acaden, nas seguintes horas, se prevé o seu incremento chegando ou superándose os valores limiares.

* Unha vez recibido o Boletín de Adversos do CMT-Galicia na Central de Emerxencias 112-SOS Galicia, transmitirase o director do plan a nivel autonómico, que á vista das prediccións realizadas e se estimase necesario da información adicional meteorolóxica complementaria en relación ás previsións e prediccións realizadas, confirmará e decidirá o nivel de actuación do plan.

O director do plan a nivel autonómico indicará os organismos, industrias, entidades, empresas e asociacións que deben informarse e/ou alertarse e, se é o caso, estender esta información á poboación a través dos medios de comunicación.

* O obxectivo nesta fase é previr e informar a:

-Autoridades e servicios implicados neste plan.

Realizarase a través da Central de Emerxencias 112-SOS Galicia conforme os protocolos de actuacións específicos para este plan, e que dispón a central.

-Información á poboación potencialmente afectada.

Realizarase a través do gabinete de prensa da consellería con competencias en materia de protección civil.

Accións que se van realizar.

* A través da Central de Emerxencias 112-SOS Galicia informa-las autoridades das distintas administracións públicas de Galicia, entidades, organizacións, asociacións de carácter público e/ou privado implicados no presente plan de protección civil.

* Constituí-lo Centro de Información CIN, se é o caso, informar a través dos medios de comunicación a poboación previsiblemente afectada pola emerxencia.

* Informar e constituír, se é o caso, o Comité Autonómico de Protección Civil.

* Informar e alerta-la Dirección do Plan a Nivel Provincial, así como os servicios provinciais de Protección Civil.

5.2. Fase de emerxencia.

Esta fase comeza no momento de que se produzan os primeiros episodios de temporais que superen os valores limiares, estes e se manteñan ata que estes volvan estar por debaixo dos valores limiares, e así primeiramente o indique o CMT-Galicia, e posteriormente o declare o director do Plan a nivel autonómico, que se pecha a fase de emerxencia.

Unha vez declarada a fase de emerxencia, procédese da seguinte maneira:

A dirección do plan a nivel autonómico activarán parcial ou totalmente os medios e recursos previstos no presente plan, así como os grupos de acción deste.

Constituiranse os Cecop-provinciais e o Cecop-Galicia, así como, se se precisa, da actuación dos Cecopal.

Durante a fase de emerxencia os Cecop-provinciais e os Cecopal informarán continuamente ó Cecop-Galicia (112 SOS-Galicia).

Accións que se van realizar.

* Segundo a evolución da meteoroloxía e en función da situación, e baixo as instruccións e ordes dictadas polo director do plan a nivel autonómico, activarase a fase de emerxencia, na que se constituirá: as direccións provinciais do Plan de Temporais de Galicia; Cecop-provinciais; o Comité Territorial Provincial de Protección Civil; os grupos provinciais.

* Fluxo de información a nivel provincial autonómico.

* Información de maneira continua conforme os protocolos establecidos no Cecop-Galicia (112-SOS Galicia).

* Control, xestión e seguimento dos sucesos.

ANEXO I

Léxico meteorolóxico

Escala internacional de ventos

Clasificación reducida dos ventos

Valores limiares en Galicia

Léxico meteorolóxico.

Os termos empregados a continuación extráense do Manual de termos meteorolóxicos do Instituto Nacional de Meteoroloxía (INM). Son os empregados nas mensaxes de predicción ou información sobre fenómenos meteorolóxicos adversos.

A. Termos xerais.

Posible: aplícase o que pode acontecer ou xa aconteceu. O sentido, ás veces, particularmente en respostas, é máis de negación de seguridade, que de afirmación de posibilidade.

Probable: dícese do que, en opinión, do que fala, é máis doado que aconteza que deixe de acontecer.

B. Termos de avaliación temporal.

Día: é o tempo que media entra a saída e a posta do sol.

Noite: é o tempo que media entre a posta e a saída do sol.

Mañá: é o tempo que transcorre desde que alborexa ata o mediodía.

Serán: é o tempo entre o mediodía e o anoitecer (posta do sol).

Madrugada: son as horas que seguen a media noite ata a saída do sol.

C. Termos de probabilidade.

Posibilidade ou posible: empregarase cando a probabilidade que aconteza ó fenómeno estea comprendido entre o 10 e o 40%.

Probable: cando a probabilidade estea entre o 40 e o 70%.

En principio, non se fará mención de ningún termo de probabilidade cando esta sexa maior do 70%. Nembargantes, se nalgunha mensaxe aparece ó termo é moi probable, pode considerarse que equivale ó anteriormente sinalado.

D. Ventos.

Sendo o vento unha magnitude vectorial, a súa predicción debe constar de dirección e velocidade.

Para a dirección, empregáronse a rosa dos ventos, de oito direccións ou rumbos: N, NL, L, S. SW, W e NW.

Cando a oscilación da dirección do vento vaia ser de máis de 45º, esta definirase en intervalos de 90º, do seguinte xeito:

* Ventos de compoñente norte: cando a dirección vaia estar comprendida entre NW e o NL.

* Ventos de compoñente leste: cando a dirección vaia estar comprendida entre o NE e o SL.

* Ventos de compoñente sur: cando a dirección vaia estar comprendida centre o SL e o SW.

* Ventos de compoñente oeste: cando a dirección vaia estar comprendida entre o SW e o NW.

A forza do vento exprésase en km/h, por se-la unidade máis coñecida polo público.

Polo que refire á adxectivación da velocidade, debe terse presente que a empregada para vento medio é a seguinte:

Ventos en calma: cando a velocidade media é menor ou igual a 5 km/h.

Ventos frouxos: cando a velocidade media está comprendida entre 6-20 km/h.

Ventos moderados: cando a velocidade media está comprendida entre 21-40 km/h.

Ventos fortes: cando a velocidade media está comprendida entre 41-70 km/h.

Ventos moi fortes: cando a velocidade media está comprendida entre 71-120 km/h.

Ventos furacanados: cando a velocidade media sexa maior a 120 km/h.

Estas velocidades medias estímanse en intervalos de 10 minutos. Os refachos máximos dun vento encadrado en calquera dos momentos anteriores, pertencerán ó intervalo seguinte, na maioría dos casos.

Polo que respecta ós termos de evolución temporal, usaranse os seguintes:

Aumentar: cando a velocidade media do vento vaia ser dun intervalo superior ó do período inicial da predicción.

Diminuír: se a velocidade pasa a un intervalo inferior.

Para variacións en curtos períodos de tempo empregaranse os seguintes termos:

Refachos: no caso de que as variacións sexan instantáneas e significativas de acordo co criterio anterior.

Ocasionalmente: cando a duración do aumento ou diminución da velocidade do vento vaia ser arredor do 10% de tempo real da predicción.

Intervalos: cando a duración dos aumentos ou diminucións da velocidade do vento vaia ser en conxunto arredor do 20% do período total.

Cando a duración prevista do cambio vaia ser superior ó 30% do tempo total de predicción tratarase como unha evolución, ou sexa que situaría un aumento e logo unha diminución (ou viceversa).

Escala internacional de ventos.

Deben adoptarse medidas de protección civil en temporais en terra, cando se exceda velocidades de ventos superiores ós limiares que se indican a seguir:

* Ventos con número de escala: 0, 1, 2, 3, 4, 5, e 6, non se adoptarán ningunhas medidas de protección civil.

* Ventos con número de escala: 7 e 8, entrarase en fase de preemerxencia ou de alerta.

* Ventos con número de escala: 9, e dependendo das circunstancias, estarase en fase de alerta ou emerxencia.

* Ventos con número de escala:; 10, 11 e 12, sempre se establecerá a fase de emerxencia.

Velocidade dos ventos

NÚMERO

DA

ESCALA

NOME

MEDIDA

LÍMITES

NÓSKM/HM/SKM/HNÓS

0.-CALMA000.0-0.20.80.4

1.-AIRIÑO23.70.3-1.51-51-3

2.-FROUXIÑO59.21.6-3.36-114-6

NÚMERO

DA

ESCALA

NOME

MEDIDA

LÍMITES

NÓSKM/HM/SKM/HNÓS

3.-FROUXO916.63.4-5.412-197-10

4.-BONANCEIRO1324.25.5-7.920-2811-16

5.-FRESQUIÑO1833.38.0-10.729-3817-21

6.-FRESCO2444.510.8-13.839-4922-27

7.-VENTO FORTE3055.713.9-17.150-6128-33

8.-TEMPORAL (T.)3768.517.2-20.762-7434-40

9.-T. FORTE4481.620.8-24.475-8841-47

10.-T. DURO5296.424.5-28.489-10248-55

11.-T. MOI DURO60111.028.5-32.6103-11756-63

12.-T. FURACÁN68125.5)32.6)117)63

Clasificación reducida dos ventos.

NOMES

LÍMITES VELOCIDADE

NÚMERO

DE ESCALA

KM/HORANÓS

CALMA000

BRISAS LIXEIRAS1-191-101, 2 E 3

BRISAS FORTES20-6111-334, 5, 6 E 7

TEMPORAIS OU VENTOS TEMPESTUOSOS)61)338, 9, 10, 11

E 12

Limiares específicos para ventos e oleaxes en augas costeiras e adoptar medidas preventivas.

MesesForza

Outubro e maioNove (9)

Xullo a setembro (época estival)Sete (7)

Para o estado da mar, toda a época do anoMar moi grosa

Valores limiares específicos de ventos en terra para a emisión de boletíns de predicción meteorolóxica de fenómenos meteorolóxicos adversos a curto e moi curto prazo en Galicia e adoptar medidas de protección civil.

* Zonas costeiras do litoral Fisterra-As Sisargas e Ortegal-Estaca de Bares: 110 km/h.

Resto da zona costeira do litoral galego: 90 km/h.

Interior de Galicia: 80 km/h.

* De xullo a setembro (época estival): retachos mínimos de 60 km/h.

Como regra xeral, e sempre a título orientativo en relación á velocidade dos ventos e previamente, valorándose outras circunstancias, tales como:

* Máxima intensidade do temporal: mar/terra.

* Duración do temporal: horas/días.

* Variabilidade na intensidade do temporal e no tempo.

* Tempo de resposta para dar instruccións á poboación desde o momento que se dispoña de información contrastada.

* Días da semana en que pode acontecer (fin de semana, días festivos, ou días laborais).

ANEXO II

Catálogo de medios e recursos

No Cecop-Galicia (Central de Emerxencias 112-SOS Galicia), e nos Cecop-provinciais disponse do catálogo de medios e recursos da Comunidade Autónoma de Galicia, que a seguir se indica.

Organismos e entidades privadas e públicas catalogados coa seguinte base de datos: teléfono/s de oficina e de localización de 24 horas; persoa responsable de contacto; fax; mensatel, correo electrónico ou sistema de localización persoal; radioteléfono, así como, se é o caso, medios e recursos que poden mobilizarse.

I. Administración Autonómica de Galicia.

1.1. Tódolos membros titulares e suplentes dos comités autonómico e provinciais de protección civil e dos grupos operativos do Plan de Temporais de Galicia.

1.2. Responsables e suplentes das delegacións provinciais de:

* Sanidade.

* Servicios sociais.

* Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (transporte, obras públicas).

* Educación e Ordenación Universitaria.

* Industria e Comercio.

* Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

* Medio Ambiente (incendios forestais SDCIF, Augas de Galicia).

1.3. Unidade adscrita da Policía Nacional á Administración Autónoma de Galicia (UPA).

II. Administración local.

II.1. Alcaldes e concelleiros responsables da protección civil, policía local de toda Galicia con especial atención dos concellos que poden presentar un maior risco polo temporal (zonas próximas ás costas).

II.2. Responsable de vías e obras das deputacións provinciais.

II.3. Parques de bombeiros servicios contraincendios e salvamento, servicios de emerxencia.

II.4. Agrupacións de voluntarios de protección civil.

II.5. Empresas xestoras municipais de abastecemento de auga potable.

III. Administración xeral do Estado.

III.1. Responsables de protección civil das unidades da subdelegacións do Goberno e da delegación do Goberno de Galicia.

III.2. Forzas e corpos de seguridade do Estado, con especial atención á Garda Civil.

III.3. Responsables provinciais de estradas do Ministerio de Fomento.

III.4. Salvamento marítimo de Fisterra (CZCS-Fisterra), e CLS (Centros locais de Salvamento de Vigo e da Coruña).

IV. Entidades-Empresas-Asociacións.

* Empresas subministradoras de enerxía eléctrica en Galicia (Fenosa e Barras Eléctricas).

* Empresas da telefonía en Galicia (Telefonía fixa e móbil: Telefónica, Airtel, Amena, R).

* Empresas de gas, combustibles, GLP (Gas-Galicia, Repsol-Butano, Compañía Loxística de Hidrocarburos CLH, outros).

* Renfe/Feve.

* Aeródromos/aeroportos de Galicia.

* Empresas particulares de obras públicas e guindastres.

* Empresas particulares de transporte.

ANEXO IV

Nota de prensa ante un temporal. Medidas

de autoprotección persoal

(Modelo de nota de prensa. Poderá ser parcialmente modificada ampliando a información).

O Centro Rexional de Meteoroloxía de Galicia (CMT-Galicia), comunica que a partir das ... horas ... do día..., se espera en Galicia un temporal de ventos. A forza dos ditos ventos remitirá durante a ... do día ... (ou arreciarán a partir das ... horas do día ... ).

Sempre debe axustarse estrictamente ó indicado no boletín meteorolóxico que emita o CMT-Galicia.

É moi importante emprega-lo léxico meteorolóxico que se indica no anexo I. Non se engadirá ningún comentario que non apareza no Boletín Meteorolóxico.

Ante a devandita situación, Protección Civil de Galicia indicará que se alertou/activou (nas súas dúas fases de preemerxencia e emerxencia) o Plan de Protección Civil de Temporais de Galicia, e recomenda

que se tomen as seguintes medidas de autoprotección persoal:

(Poderanse suprimir parte delas ou adoptar unha recomendación do tipo xeral).

* Evitar saír da casa, sobre todo, as persoas de idade.

* No caso de ter que saír:

-Camiñar arrimado ás paredes de edificios sólidos, non camiñar polas que están en estado ruinoso.

-Vixia-la posibilidade da caída de obxectos desde balcóns ou fiestras.

-Non pasar preto dos valados, carteis de anuncios, postes de madeira, etc.

* Busque refuxio se lle sorprende o temporal.

* Non empregar vehículos lixeiros de pouca estabilidade (bicicletas, motos, etc.).

* Peche e asegure portas e fiestras.

* Retire das fiestras e balcóns aqueles obxectos que poidan caer e producir danos.

* Deixe os vehículos en lugares protexidos do vento e inmobilizados do mellor xeito posible (freo de man ou marcha contraria á inclinación do vehículo).

* Os conductores de transportes de mercadorías perigosas deberán extrema-las precaucións ou suspende-la viaxe.

No caso de emerxencia non dubide en chamar á Central de Emerxencias 112-SOS-Galicia (teléfono un, un, dous, de Emerxencias de Galicia, chamada de balde e sen moedas).

ANEXO V

Recomendacións en situacións de temporal

A. Á poboación.

* Deberase evitar saír da casa, sobre todo, as persoas maiores, xa que están expostas a que un forte refacho de vento os faga caer ó chan, co conseguinte risco de fracturas.

* No caso de ter necesidade urxente de saír fóra da súa casa, é aconsellable:

-Camiñar preto das fachadas de casas sólidas (non ruinosas).

-Vixia-la posible caída de obxectos dos tellados, balcóns ou fiestras.

-Non achegarse ós valados, carteis de anuncios, postes de madeira, árbores, etc. que poidan ser derrubados polo vento.

* Sintonice emisoras de radio para recibi-la información e prediccións meteorolóxicas que se vaian producindo, así como para segui-las instruccións e consellos que poidan darlle.

* Procure non utiliza-lo teléfono. Bloqueará as liñas e dificultará o labor de Protección Civil.

* Perante a previsión de ventos moi fortes, protéxase. Se o sorprende o temporal, busque un refuxio.

* Non trate de viaxar se non é necesario; pode encontrar serias dificultades para chegar ó seu destino, correndo riscos innecesarios.

* Non utilice vehículos lixeiros, nin aqueloutros que teñan pouca estabilidade (bicicletas, motocicletas, motocarro, etc.).

* Peche e asegure portas e fiestras.

* Retire de fiestras e balcóns todos aqueles obxectos que poidan desprenderse e causar danos.

* Sitúe os vehículos protexidos do vento.

* Coide de inmobiliza-los vehículos do mellor xeito posible (freo de man e marcha curta).

* Se o sorprende o temporal viaxando en coche, non se quede nel, refúxiese en calquera lugar próximo de maior seguridade.

B. Os concellos.

* Alerten a tódolos intervenientes a nivel municipal.

* Cursen instruccións ás empresas de construcción (Asegura-los guindastres), as empresas que teñan valados en construcción, carteis anunciadores e outros elementos (fixos ou móbiles) que poidan quedar afectados polo temporal de ventos.

* Alerta-los seus veciños.

Outras recomendacións especiais.

* Que a flota de baixura regrese ó porto.

* Especial precaución no que respecta á circulación de mercadorías perigosas e transportes pesados, así como no transporte colectivo, transporte escolar, transportes urbanos e transportes especiais.

* Empresas eléctricas e de telefonía (especialmente as primeiras).

SITUACIÓN RESUMIDA DOS CONCELLOS AFECTADOS

POLOS TEMPORAIS POR PROVINCIAS

SERVICIO PROVINCIAL DE PROTECCIÓN CIVIL DA CORUÑA

CONCELLO:

SITUACIÓN ás horas do día:

ABEGONDO

AMES

ARANGA

ARES

ARTEIXO

ARZÚA

BAÑA, A

BERGONDO

BETANZOS

BOIMORTO

BOIRO

BOQUEIXÓN

BRIÓN

CABANA

CABANAS

CAMARIÑAS

CAMBRE

CAPELA, A

CARBALLO

CARIÑO

CARNOTA

CARRAL

CEDEIRA

CEE

CERCEDA

CERDIDO

CESURAS

COIRÓS

CORCUBIÓN

CORISTANCO

CORUÑA, A

CULLEREDO

CURTIS

DODRO

DUMBRÍA

FENE

FERROL

FISTERRA

FRADES

IRIXOA, A

LARACHA, A

LAXE

LOUSAME

MALPICA

MAÑÓN

MAZARICOS

MELIDE

MESÍA

MIÑO

MOECHE

MONFERO

MUGARDOS

MUROS

MUXÍA

NARÓN

NEDA

NEGREIRA

NOIA

OLEIROS

ORDES

OROSO

ORTIGUEIRA

OUTES

OZA DOS RÍOS

PADERNE

PADRÓN

PINO, O

POBRA DO CARAMIÑAL, A

PONTECESO

PONTEDEUME

PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, AS

PORTO DO SON

RIANXO

RIBEIRA

ROIS

SADA

SAN SADURNIÑO

SANTA COMBA

SANTIAGO DE COMPOSTELA

SANTISO

SOBRADO

SOMOZAS, AS

TEO

TOQUES

TORDOIA

TOURO

TRAZO

VAL DO DUBRA

VALDOVIÑO

VEDRA

VILARMAIOR

VILASANTAR

VIMIANZO

ZAS

SERVICIO PROVINCIAL DE PROTECCIÓN CIVIL DE LUGO

CONCELLO:

SITUACIÓN ás horas do día:

ABADÍN

ALFOZ

ANTAS DE ULLA

BALEIRA

BARALLA

BARREIROS

BECERREÁ

BEGONTE

BÓVEDA

BURELA

CARBALLEDO

CASTRO DE REI

CASTROVERDE

CERVANTES

CERVO

CHANTADA

CORGO, O

COSPEITO

COUREL, O

FONSAGRADA, A

FOZ

FRIOL

GUITIRIZ

GUNTÍN

INCIO, O

LÁNCARA

LOURENZÁ

LUGO

MEIRA

MONDOÑEDO

MONFORTE DE LEMOS

MONTERROSO

MURAS

NAVIA DE SUARNA

NEGUEIRA DE MUÑIZ

NOGAIS, AS

OUROL

OUTEIRO DE REI

PALAS DE REI

PANTÓN

PARADELA

PÁRAMO, O

PASTORIZA, A

PEDRAFITA DO CEBREIRO

POBRA DO BROLLÓN, A

POL

PONTENOVA, A

PORTOMARÍN

QUIROGA

RÁBADE

RIBADEO

RIBAS DE SIL

RIBEIRA DE PIQUÍN

RIOTORTO

SAVIÑAO, O

SAMOS

SARRIA

SOBER

TABOADA

TRABADA

TRIACASTELA

VALADOURO, O

VICEDO, O

VILALBA

VIVEIRO

XERMADE

XOVE

SERVICIO PROVINCIAL DE PROTECCIÓN CIVIL DE OURENSE

CONCELLO:

SITUACIÓN ás horas do día:

ALLARIZ

AMOEIRO

ARNOIA

AVIÓN

BALTAR

BANDE

BAÑOS DE MOLGAS

BARBADÁS

BARCO DE VALDEORRAS, O

BEADE

BEARIZ

BLANCOS, OS

BOBORÁS

BOLA, A

BOLO, O

CALVOS DE RANDÍN

CARBALLEDA DE AVIA

CARBALLEDA DE VALDEORRAS

CARBALLIÑO, O

CARTELLE

CASTRELO DE MIÑO

CASTRELO DO VAL

CASTRO CALDELAS

CELANOVA

CENLLE

CHANDREXA DE QUEIXA

COLES

CORTEGADA

CUALEDRO

ENTRIMO

ESGOS

GOMESENDE

GUDIÑA, A

IRIXO, O

LAROUCO

LAZA

LEIRO

LOBEIRA

LOBIOS

MACEDA

MANZANEDA

MASIDE

MELÓN

MERCA, A

MEZQUITA, A

MONTEDERRAMO

MONTERREI

MUÍÑOS

NOGUEIRA DE RAMUÍN

OÍMBRA

OURENSE

PADERNE DE ALLARIZ

PADRENDA

PARADA DE SIL

PEREIRO DE AGUIAR, O

PEROXA, A

PETÍN

PIÑOR DE CEA

POBRA DE TRIVES, A

PONTEDEVA

PORQUEIRA

PUNXÍN

QUINTELA DE LEIRADO

RAIRIZ DE VEIGA

RAMIRÁS

RIBADAVIA

RIÓS

RÚA, A

RUBIÁ

SAN AMARO

SAN CIBRAO DAS VIÑAS

SAN CRISTOVO DE CEA

SANDIÁS

SAN XOÁN DE RÍO

SARREAUS

TABOADELA

TEIXEIRA, A

TOÉN

TRASMIRAS

VEIGA, A

VEREA

VERÍN

VIANA DO BOLO

VILAMARÍN

VILAMARTÍN DE VALDEORRAS

VILAR DE BARRIO

VILAR DE SANTOS

VILARDEVÓS

VILARIÑO DE CONSO

XINZO DA LIMIA

XUNQUEIRA DE AMBÍA

XUNQUEIRA DE ESPADAÑEDO

SERVICIO PROVINCIAL DE PROTECCIÓN CIVIL DE PONTEVEDRA

CONCELLO:

SITUACIÓN ás horas do día:

AGOLADA

ARBO

BAIONA

BARRO

BUEU

CALDAS DE REIS

CAMBADOS

CAMPO LAMEIRO

CANGAS

CAÑIZA, A

CATOIRA

CERDEDO

COTOBADE

COVELO

CRECENTE

CUNTIS

DOZÓN

ESTRADA, A

FORCAREI

FORNELOS DE MONTES

GONDOMAR

GROVE, O

GUARDA, A

ILLA DE AROUSA, A

LALÍN

LAMA, A

MARÍN

MEAÑO

MEIS

MOAÑA

MONDARIZ

MONDARIZ-BALNEARIO

MORAÑA

MOS

NEVES, AS

NIGRÁN

OIA

PAZOS DE BORBÉN

POIO

PONTEVEDRA

PONTEAREAS

PONTE CALDELAS

PONTECESURES

PORRIÑO, O

PORTAS

REDONDELA

RIBADUMIA

RODEIRO

ROSAL, O

SALCEDA DE CASELAS

SALVATERRA DO MIÑO

SANXENXO

SILLEDA

SOUTOMAIOR

TOMIÑO

TUI

VALGA

VIGO

VILABOA

VILA DE CRUCES

VILAGARCÍA DE AROUSA

VILANOVA DE AROUSA