Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.665

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 24 de xuño de 2002 pola que se dispón a aprobación e publicación da revisión e actualización do Plan de Protección Civil ante o Risco de Nevaradas en Galicia (Plan Nega), homologado pola Comisión Galega de Protección Civil.

Conforme o Decreto 56/2000, do 3 de marzo, nos seus artigo 76.3º e 77, indícase que os plans deben

ser aprobados polo conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de ser homologados pola Comisión Galega de Protección Civil, serán publicados no Diario Oficial de Galicia.

O Plan Específico de Protección Civil ante o Risco de Nevaradas en Galicia (Plan Nega) elaborouse e aprobouse por primeira vez no ano 1995, quedando integrado no Plan Territorial de Protección Civil de Galicia (Platerga) como plan específico conforme a normativa vixente. O Plan Nega, durante este tempo de vixencia de máis de seis anos, desde a súa aprobación precisou dunha revisión e actualización.

A revisión e actualización do Plan de Protección Civil ante o Risco de Nevaradas en Galicia (Plan Nega) foi homologado pola Comisión Galega de Protección Civil o 26 de abril de 2002.

Para dar cumprimento ó establecido no Decreto 56/2000, publícase como anexo o texto revisado e actualizado do Plan de Protección Civil ante o Risco de Nevaradas en Galicia (Plan Nega), que foi homologado pola Comisión Galega de Protección Civil.

En virtude do exposto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A aprobación da revisión e actualización do Plan de Protección Civil ante o Risco de Nevaradas en Galicia (Plan Nega), que figura no anexo desta orde.

Artigo 2º

A publicación da referida actualización e revisión no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2002.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

ANEXO

PLAN NEGA

1. Introducción; definición; obxectivos; Plan Territorial de Galicia de Predicción e Vixilancia de Fenómenos Meteorolóxicos Adversos; marco legal.

1.1. Introducción.

Para cumpri-lo imperativo legal, que se indica na Norma Básica de Protección Civil, a Comunidade Autónoma de Galicia elaborou no ano 1994 o Plan Territorial de Protección Civil da Comunidade Autonómica de Galicia (Platerga).

O Platerga aprobouse no Consello da Xunta de Galicia no mes de xullo do ano 1994 e foi homologado o 30 de setembro do 1994 pola Comisión Nacional de Protección Civil.

No Decreto 56/2000, de refundición da normativa autonómica relativa á protección civil, recóllese e publícase a actualización do citado Plan Territorial de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia (Platerga).

No capítulo primeiro do Platerga contémplase que os plans de ámbito inferior ó Platerga, para integrarse neste, deberán ser aprobados ou homologados, se é o caso, polo órgano competente que regulamentariamente se determine, e publicada a aprobación ou homologación no Diario Oficial de Galicia. Entre estes plans territoriais, cualificados como plans específicos pola súa peculiaridade e características propias en Galicia, atópase o Plan de Protección Civil ante o Risco de Nevaradas en Galicia (Plan Nega).

No ano 1995 aprobouse por primeira vez o Plan de Protección Civil ante o Risco de Nevaradas en Galicia, Plan Nega (resolución da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, do 15 de decembro de 1995).

Os anos transcorridos desde a súa aprobación ata o momento actual, a experiencia acumulada neste tempo pola protección civil de Galicia, así como os cambios de estructuras orgánicas na Xunta de Galicia precisa a revisión e actualización do anterior plan.

1.2. Definición.

No Platerga no seu título II entre os riscos naturais obxecto de planificación, establécense os de nevaradas.

As nevaradas son un fenómeno meteorolóxico adverso, entendéndose como tal todo evento atmosférico capaz de producir directa ou indirectamente danos ás persoas ou danos materiais de consideración.

As nevaradas poden provocar illamento dos núcleos de poboación e problemas nas vías de comunicación. Pode esperarse illamento temporal da poboación, dificultade nas comunicacións e problemas nos abastecementos.

Este Plan de Protección Civil ante o Risco de Nevaradas en Galicia (Plan Nega) é o instrumento de carácter técnico que comprende un conxunto de normas e procedementos de actuación que constitúe o sistema e dispositivo de resposta das administracións públicas, fronte a unha situación de emerxencia de nevaradas, que se produzan no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Este Plan de Protección Civil ante o Risco de Nevaradas de Galicia (Plan Nega) dá resposta soamente ás situacións de emerxencia derivadas de nevaradas nas situacións de illamentos e dificultades da poboación, con especial atención no medio rural galego, incluíndo as vías de comunicación deste medio.

O Plan de Protección Civil ante o Risco de Nevaradas de Galicia (Plan Nega) é un plan específico de Galicia e como tal queda así integrado no Platerga.

1.3. Obxectivos.

O obxectivo do Plan de Protección Civil ante o Risco de Nevaradas (Plan Nega) en Galicia é dar unha resposta rápida, consensuada e eficaz nos concellos de Galicia afectados por unha nevarada. Pre

téndese co Plan Nega que a actuación na emerxencia non sexa froito da improvisación, senón que as ditas actuacións están perfectamente planificadas e coordinadas, así como que os responsables da protección civil a nivel de concello, e se é o caso, as autoridades responsables das estradas de Galicia, non se sintan desbordados para conseguir solucións ós diferentes problemas que poidan establecerse.

Ante situacións de riscos de nevaradas un elemento básico na fase de planificación, así como nas fases preventivas (alerta ou preemerxencia) e na operativa de intervención (emerxencia), é dispor da información das previsións meteorolóxicas con tempo suficiente.

Os obxectivos deste Plan Nega son os seguintes:

* Minimiza-los riscos producidos polas nevaradas.

* Previr e reducir no posible os accidentes e os danos.

* Dispor de medios e mecanismos de restauración das vías de comunicación afectadas. Establecer vías alternativas de comunicación.

* Manter e restablecer no menor tempo posible, os servicios básicos: enerxía eléctrica, telefonía, auga e combustibles.

* Reducir no posible, as perturbacións por modificacións na vida cotiá; tales como paralización da vida escolar, comunicacións.

* Manter informada á poboación.

* Establecer un sistema eficaz de comunicacións, para dispor de información a tempo real, que permita coñece-la situación, evolución do proceso e necesidades da poboación.

* Limpeza dos viais de tránsito e de comunicación.

Preténdese conseguir que en tódolos concellos, que poidan quedar illados pola neve, se restaure a comunicación polos viais coa maior celeridade posible e se dispoña de información continua a tempo real.

Para restablece-los accesos ós grupos de poboación illados, é necesario dispor de maquinaria específica; O número necesario e o tipo de equipos está en función das distancias de separación entre núcleos de poboación que quedarían illados e os que sería necesario limpar para restablece-las comunicacións. Así mesmo, débese ter en conta a titularidade da vía de comunicación (estrada nacional, local, comarcal, camiño veciñal, pista parcelaria, pista forestal, etc.). Finalmente, debe terse en conta o número de habitantes de cada concello ou de cada núcleo de poboación.

As zonas de alto risco, que poden verse máis afectadas polas nevaradas na Comunidade Autónoma de Galicia son as zonas de alta montaña, das provincias de Lugo e Ourense que comprende máis de corenta concellos e máis de cen núcleos de poboación, ós que hai que engadi-lo concello das Pontes de García Rodríguez na provincia da Coruña e os concellos

de Rodeiro, Lalín, Dozón, Forcarei e Cerdedo na provincia de Pontevedra.

A Xunta de Galicia, a través do departamento con competencias en materia de protección civil, establece convenios de cooperación cos concellos con maior risco de nevaradas de Galicia, para que dispoñan de medios de limpeza de vías de comunicación (palas quita-neves, cuñas quita-neves, espaciador de sal, etc.), así como medios de radiocomunicación.

1.4. Plan Territorial de Galicia de Predicción e Vixilancia de Fenómenos Meteorolóxicos Adversos.

Fenómeno meteorolóxico adverso é aquel susceptible de altera-la actividade humana de forma significativa, nun espacio determinado; é posible que unha situación que, normalmente non sería considerada adversa, supoña algún contratempo no que concorran outras circunstancias imprevisibles.

O Instituto Nacional de Meteoroloxía (INM) e as autoridades responsables de protección civil puxeron en marcha diferentes plans de colaboración co obxecto de comunica-las previsións meteorolóxicas emitindo boletíns meteorolóxicos a curto, medio e longo prazo. En Galicia esta predicción lévaa a cabo o Centro Meteorolóxico Territorial de Galicia (en adiante CMT-Galicia), que é un centro indispensable neste Plan de Nevaradas de Galicia, ó se-lo organismo oficial que leva a cabo as prediccións meteorolóxicas.

O Plan Nacional de Predicción e Vixilancia de Fenómenos Meteorolóxicos Adversos ten carácter de Plan Director, elaborado polo Instituto Nacional de Meteoroloxía (INM). Entre os fenómenos adversos que se consideran, contémplanse as nevaradas, e indícanse os valores limiares de referencia e as normas básicas para a confección de difusión de boletíns.

O Plan Rexional de Galicia ten como referencia o Plan Director, e define a actuación concreta do Grupo de Predicción e Vixilancia (GPV) do Centro Territorial de Galicia e outras seccións do Centro Meteorolóxico Territorial, así como as oficinas de aeroportos, bases aéreas e os observatorios sinópticos da demarcación do Centro Meteorolóxico Territorial de Galicia.

Desde abril do ano 1996 disponse do Plan Rexional de Galicia de Predicción e Vixilancia de fenómenos meteorolóxicos adversos entre os que se consideran as nevaradas.

1.5. Marco legal.

O Decreto 56/2000, do 3 de marzo, no seu capítulo III (normas xerais sobre planificación e coordinación de actividades), sección primeira (da planificación de protección civil na Comunidade Autónoma de Galicia), no seu artigo 74 (outros plans), punto 3, indica que son plans específicos os que se elaboran para facerlles fronte ós riscos específicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Un destes plans específicos é o Plan de Protección Civil ante o Risco de Nevaradas de Galicia Plan Nega.

O artigo 76, punto 3º, indica que os plans específicos de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia serán aprobados polo conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais por proposta do director xeral de Interior e Protección Civil, e serán homologados pola Comisión Galega de Protección Civil, e posteriormente publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A revisión e actualización do Plan Específico de Protección Civil ante o Risco de Nevaradas de Galicia deste documento seguirá o procedemento administrativo indicado anteriormente.

2. Ámbito xeográfico; identificación de riscos derivados das nevaradas; sistema de previsión meteorolóxica.

2.1. Ámbito xeográfico.

A posibilidade de que sucedan fenómenos meteorolóxicos adversos de nevaradas en Galicia están relacionados directamente coa entrada de ventos fríos procedentes do norte de Europa e a posibilidade de chuvias.

As nevaradas en Galicia son esporádicas e illadas na época invernal, cunha duración moi curta no tempo, e normalmente sen grandes consecuencias.

Para efectos de Planificación de Protección Civil, e tendo en conta a experiencia das nevaradas acaecidas nos últimos anos en Galicia, e en función dos valores limiares establecidos para a emisión de fenómenos meteorolóxicos adversos, establécense as seguintes zonas:

2.1.1. Zonas de maior risco: as de alta ou media montaña, das provincias de Lugo e Ourense e zonas altas das provincias da Coruña (Serra da Camba), e na provincia de Pontevedra (Serra do Faro e Montes Testeira).

Estas zonas encóntranse en cotas superiores ós 800 metros.

2.1.2. Zonas de media altura (as comprendidas entre os 200 e 800 metros).

Son menos probables as nevaradas.

2.1.3. Zonas do litoral e baixa altura: a cota é inferior ós 200 metros.

A posibilidade de nevaradas é moi baixa.

As medidas de planificación e, se é o caso, as de intervención deberán incrementarse nas zonas de alta ou media montaña, onde a probabilidade de que teña lugar un fenómeno de nevaradas é maior, aínda que as consecuencias son máis difíciles de avaliar nas outras zonas, pola excepcionalidade de que suceda o fenómeno e a inexperiencia da resposta pola poboación previsiblemente afectada.

2.2. Identificación de riscos derivados dos temporais.

Valórase o risco de nevaradas considerando:

* Tipoloxía da poboación illada.

* Idade media da poboación. Porcentaxe de persoas da terceira idade e nenos en idade escolar.

* Necesidade de evacuación para asistencia sanitaria urxente.

* Número de vías de comunicación afectadas e demanda media destas, frecuencia de tránsito viario.

* Vías de comunicación afectadas.

* Núcleos de poboación illados ou con dificultades de comunicación por estradas.

* Servicios públicos afectados: auga de abastecemento público, emerxencia eléctrica, telefonía fixa e móbil, combustibles.

2.3. Sistema de previsión meteorolóxica.

O CMT-Galicia proporcionará a información ás autoridades de protección civil da Xunta de Galicia, sobre a posibilidade de que teñan lugar fenómenos atmosféricos adversos, relacionados co risco de nevaradas, para que de acordo co especificado neste plan, se poida:

* Adoptar criterios e medidas preventivas para a protección de persoas e bens.

* Realizar aviso ás autoridades e á poboación das áreas previsiblemente afectadas.

As prediccións meteorolóxicas de nevaradas proporcionarán información sobre:

* Xénese do fenómeno.

* Localización.

* Extensión.

* Duración.

* Intensidade.

A información que xera o CMT-Galicia en situacións de fenómenos meteorolóxicos adversos de nevaradas en Galicia, coa emisión dos diferentes boletíns meteorolóxicos de predicción e vixilancia elaborados, transmítese ó órgano da Comunidade Autónoma con competencias en materia de protección civil a través da Central de Emerxencias 112-Galicia.

O léxico meteorolóxico empregado polas autoridades e organismos implicados neste Plan Específico de Protección Civil ante o Risco de Temporais en Galicia, indícase no anexo I deste plan.

Os valores limiares en Galicia para a emisión do Boletín de Fenómenos Meteorolóxicos Adversos para Nevaradas por parte do CMT-Galicia ás autoridades de protección civil da Xunta de Galicia, indícase tamén no anexo I.

Posteriormente á recepción do Boletín de Fenómenos Meteorolóxicos Adversos emitido polo CMT-Galicia de nevaradas, o director do Plan Específico de Protección Civil ante o Risco de Nevaradas dará as ordes para que a través da Central de Emerxencias 112-Galicia (Cecop-Galicia), se transmita ás autoridades, organismos, entidades e/ou asociacións que se indiquen á recepción do Boletín de Adversos, e, se é o caso, establece-la fase da preemerxencia e/ou emerxencia por nevaradas previstas neste plan.

O sistema de previsión meteorolóxica tamén se complementa coas realizadas pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

3. Estructura organizativa.

3.1. Liñas xerais.

Establécese a organización e procedementos de actuación dos recursos de servicios, co obxecto de facer fronte ás emerxencias por risco de nevaradas, no ámbito territorial de Galicia.

En función do ámbito territorial no que é previsible que se produza a nevarada, poden darse tres posibles situacións:

-Soamente afectado un concello ou mancomunidade de concellos.

-Unha provincia de Galicia.

-Varias provincias ou a totalidade do territorio de Galicia.

En consonancia coa estructura organizativa do Platerga, este plan seguirá a mesma metodoloxía, e esta estructura organizativa preséntase como unha estructura ascendente, isto é, aumentando os efectivos designados para unha actuación en función da magnitude da emerxencia.

Consideraranse tres niveis operativos:

-Nivel 0: local, municipal, mancomunidade, comarcal.

-Nivel 1: provincial.

-Nivel 2: autonómico.

3.2. Director do plan.

3.2.1. A nivel local (nivel 0) será o alcalde (máxima autoridade de protección civil a este nivel), ou o concelleiro en que delegue.

3.2.2. A nivel provincial (nivel 1), será o delegado provincial da consellería con competencia en materia de protección civil, ou persoa en quen delegue.

3.2.3. A nivel autonómico (nivel 2) será o director xeral con competencias en materia de protección civil, ou persoa en quen delegue.

Función da dirección do Plan de Nevaradas de Galicia, Plan Nega, a nivel autonómico:

* A declaración do plan na súa fase de alerta e preemerxencia ou de emerxencia no nivel correspondente (nivel 0, nivel 1 e nivel 2).

* Constituí-lo Centro de Información (CIN), o Centro de Coordinación Operativa a nivel autonómico: Cecop-Galicia (112-SOS Galicia); e se é o caso, ordena-la constitución dos Cecop-provinciais.

* Se é o caso, constituí-lo Comité Autonómico de Protección Civil (comité asesor). A totalidade dos membros ou aqueles que se considere necesarios.

* Mobiliza-los medios e recursos necesarios para facer fronte á emerxencia.

* Decidi-las actuacións máis convenientes para facer fronte á emerxencia.

* Coordinar coas autoridades das distintas administracións públicas, e se é o caso, entidades e organismos, as actuacións que se van levar a cabo.

* Determina-lo fin da emerxencia.

Dirección do Plan Nega de Galicia a nivel provincial. Dirección técnica de operacións da emerxencia a nivel provincial:

O director do Plan Nega a nivel provincial é o director do Platerga a nivel 1; é o delegado provincial da consellería con competencias en materia de protección civil, ou persoa en quen delegue; correspóndelle:

* A activación do Plan Nega a nivel provincial (nivel 1), por decisión do director a nivel autonómico.

* Constituí-lo Cecop-provincial.

* Se é o caso, constituí-lo Comité Provincial de Protección Civil (comité asesor). A totalidade dos membros ou aqueles que considere necesarios.

* Mobiliza-los medios e recursos necesarios a nivel provincial para facer fronte á emerxencia

* Coordinar coas autoridades provinciais locais as actuacións para facer fronte á emerxencia.

* Decidi-las actuacións máis convenientes para facer fronte á emerxencia.

* Informa-lo director do plan a nivel autonómico.

* Determina-lo fin da emerxencia a nivel provincial, por instancia do director do plan a nivel autonómico.

A dirección técnica de Operacións da Emerxencia a nivel provincial recae no xefe do Servicio Provincial de Protección Civil; correspóndelle:

* Mante-la operatividade do Cecop-provincial.

* Convoca-los xefes de grupos operativos provinciais e constituí-los grupos operativos provinciais.

* Coordinar e dirixi-los grupos operativos provinciais.

* Informa-lo director do Plan de Protección Civil ante o Risco de Nevaradas de Galicia a nivel provincial, e se é o caso, a nivel autonómico.

* Solicita-la mobilización dos medios e recursos extraordinarios e, se é o caso, aqueles non previstos polo Plan de Temporais de Galicia.

3.3. Niveis de actuación do plan.

Este plan prevé diferentes casos e supostos de actuación definidos consonte a criterios do ámbito territorial e a capacidade de dar resposta por parte das administracións públicas afectadas que constitúen os seguintes niveis:

-Nivel 0: nevaradas no ámbito local. A dirección e coordinación levarase a cabo conforme a actuación do correspondente Pemu (Plan de Emerxencia Municipal).

-Nivel 1: terá como ámbito territorial o dunha provincia galega.

-Nivel 2: terán como ámbito territorial varias provincias galegas ou a totalidade do territorio galego.

A decisión de declara-lo correspondente nivel desde o local (0), pasando polo provincial (1), ata chegar ó autonómico (2), será exclusivo do director do plan a nivel autonómico.

3.4. Comité asesor.

Para asistir ó director do plan disporase dun comité asesor de acordo coa estructura organizativa do plan nos seus diferentes niveis: local (0), Xunta Local de Protección Civil; provincial (1), Comisión Provincial de Coordenacion Operativa de Protección Civil; autonómico (2), Comité Autonómico de Protección Civil.

O director do plan a nivel autonómico poderá incorporar no comité asesor nos diferentes niveis representantes doutras administracións públicas, organizacións, entidades, asociacións que estime oportunas.

A nivel autonómico os responsables do CMT-Galicia e do grupo de predicción meteorolóxica da Consellería de Medio Ambiente formarán parte do comité asesor.

3.5. CIN (Centro de Información).

O responsable do CIN é o xefe do gabinete de información da consellería con competencias en materia de protección civil, ou persoa en que delegue; o director do CIN depende do director do Plan de Protección Civil ante o Risco de Nevaradas en Galicia a nivel autonómico. Estará apoiado polo Servicio de Información e Formación do órgano da Comunidade Autónoma con competencias en materia de protección civil, e persoal do gabinete de prensa da consellería da Xunta de Galicia con competencia en materia de protección civil.

O CIN situarase no 112-SOS Galicia: Centro de Coordinación Operativa de Galicia Cecop-Galicia, Santiago de Compostela, ou noutra dependencia que indique o director do plan autonómico. É único para toda Galicia, co obxecto de unificar e dar unha única información, tanto á poboación, coma ós medios de comunicación.

Unha vez que estea activada a fase de alerta (preemerxencia) ou durante a fase de emerxencia no nivel que corresponda, o CIN comezará a recibir información.

No CIN, centralizarase toda a información que se reciba dos Cecop-provinciais, os que pola súa vez conseguirán a información dos Cecopal, así como doutros centros de xestión de emerxencias da Administración pública ou privada, conforme os protocolos indicados no anexo III.

Desde o CIN solicitarase ou enviarase a información conforme os protocolos establecidos no Cecop-Galicia (112-SOS Galicia).

O CIN subministrará información á poboación, sobre as previsións meteorolóxicas, recomendacións ante situacións de nevarada e durante esta, estado e situación.

Esta información farase:

* Antes da nevarada, advertindo a eventual situación da emerxencia, e cunha serie de recomendacións de tipo xeral, e en zonas determinadas de maior risco recomendacións específicas, dirixidas tanto ós habitantes da zona, coma aqueles que se despracen empregando medios de transporte con recomendacións ós automobilistas, e aqueles que vaian desprazarse ou vaian viaxar (anexo V).

* Perante a nevarada, coas medidas de carácter xeral e específicas, e recomendacións de tipo persoal.

Os servicios provinciais de Protección Civil poderán facilita-la información da súa respectiva provincia por requirimento do CIN, ou se fose o caso, por propia iniciativa logo de autorización da dirección do plan a nivel autonómico.

3.6. Grupos de acción a nivel provincial e municipal.

A dirección do plan estará apoiada por diferentes grupos operativos de acción que son os grupos encargados dos servicios operativos ordinarios, e están deseñados para actuar coordinamente e baixo unha dirección única dentro do marco que establece este plan.

A nivel provincial son os seguintes:

3.6.1. Grupo de Intervención Operativa.

a) Obxectivos xerais e específicos.

* Controlar, reducir e neutraliza-las causas e efectos do sinistro.

* Rescate e salvamento de persoas e bens.

* Intervención e primeiros auxilios.

b) Xefe do grupo de intervención operativa.

O xefe do Grupo Operativo de Intervención Operativa é un técnico de protección civil ou de emerxencias designado polo Servicio Provincial de Protección Civil.

c) Medios e recursos do grupo de intervención operativo.

c.1. Propios da Administración autonómica.

* Persoal e medios do Servicio Provincial de Protección Civil.

* Brigadas de obras da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

c.2. Propios da Administración local.

* Equipos e maquinaria quitaneves das deputacións provinciais e dos concellos ou mancomunidades de concellos.

* Parques contraincendios e salvamento municipais e comarcais.

* Agrupacións de voluntarios de protección civil.

* Unidades e brigadas de obras e servicios municipais e das deputacións provinciais.

c.3. Propios da Administración xeral do Estado.

* Brigadas de Obras do Ministerio de Fomento (maquinaria quitaneve).

* Garda Civil.

c.4. Entidades e organismos públicos e privados.

* Equipos de rescate e salvamento.

* Medios e recursos privados.

3.6.2. Grupo de estradas e transportes.

a) Obxectivos xerais e específicos.

-Establecer rutas alternativas para os itinerarios inhabilitados.

-Sinalizar e rehabilita-los tramos e rutas deterioradas.

-Establecer medios de transporte.

-Anular e/ou restrinxi-lo transporte.

b) Xefatura do grupo de estradas e transportes.

O xefe do Grupo Operativo de Estradas e Transportes, a nivel provincial, é o delegado provincial da CPTOPV (o suplente será un funcionario da citada delegación con rango mínimo de xefe de servicio).

Estará asistido o xefe deste grupo polos máximos responsables provinciais específicos de:

-Garda Civil. Máximo responsable a nivel provincial.

-Xefatura Provincial de Tráfico.

-CPTOPV: Obras Públicas e Transportes.

-Delegación Provincial do Ministerio de Fomento: responsable provincial.

-Educación: transporte escolar.

-Deputación Provincial: vías e obras.

c) Medios e recursos do grupo operativo de estradas e transportes.

c.1. Propios da Administración autónoma.

* Persoal e medios adscritos a Obras Públicas e Transportes da Delegación Provincial da CPTOPV.

* Persoal da Inspección Provincial da Consellería de Educación.

* UPA (Unidade da Policía Nacional adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia).

c.2. Propios da Administración xeral do Estado.

* Garda Civil.

* Persoal da Xefatura Provincial de Tráfico.

* Persoal e medios da delegación provincial do Ministerio de Fomento (Obras Públicas).

c.3. Propios da deputación provincial.

* Persoal e medios de Vías e Obras da deputación provincial.

c.4. Propios da Administración local.

* Policía local.

* Persoal e medios de Vías e Obras do concello.

* Persoal de protección civil municipal.

c.5. Entidades, organismos e empresas.

* Empresas de transportes a nivel provincial.

* Empresas de construcción da provincia.

d) Misións específicas.

d.1. Acadar información sobre o estado das estradas e vías de comunicación da provincia e transmitila ó Cecop-provincial.

d.2. Adopción de medidas para a restauración da rede viaria e sinalización das zonas de risco e perigo.

d.3. Propoñer rutas alternativas de comunicación.

d.4. Recomenda-la non circulación de vehículos, especialmente os de transporte de viaxeiros e mercadorías perigosas.

d.5. Recomenda-la non circulación de transporte escolar, e, se é o caso, suspender temporalmente a actividade escolar.

3.6.3. Grupo sanitario.

a) Obxectivos xerais e específicos.

* Avalia-las consecuencia individuais e colectivas do fenómeno adverso que se ten producido.

* Establece-las medidas preventivas colectivas de saúde pública e individuais, de asistencia sanitaria ós afectados.

b) Xefatura do grupo operativo sanitario.

O xefe do grupo sanitario a nivel provincial é o delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, o suplente será un funcionario da delegación desta consellería con rango mínimo de xefe de servicio.

c) Medios e recursos do grupo operativo sanitario.

c.1. Propios da Administración autónoma.

* Persoal da rede sanitaria dependente da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Sergas.

* Fundación sanitaria 061.

c.2. Alleos á Administración autónoma.

* Centros asistenciais sanitarios privados.

* Rede privada de transporte sanitario.

* Cruz Vermella.

3.6.4. Grupo operativo de rehabilitación de servicios públicos.

a) Obxectivos xerais e específicos.

* Levar a cabo as accións necesarias para restablece-los servicios públicos (auga, telefonía, enerxía eléctrica e gas).

* Restablecemento dos servicios de transportes terrestres e aéreos.

* Adoptar solucións alternativas de carácter temporal ou substitutorio.

b) Xefatura do grupo operativo de asistencia e servicios públicos.

O xefe do Grupo Operativo de Asistencia e Servicios Públicos é o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio; o suplente será un funcionario con rango mínimo de xefe de servicio

da Delegación da Consellería de Industria e Comercio.

c) Sectores implicados.

c.1. Empresas públicas e privadas de servicios:

* Compañías eléctricas en Galicia.

* Compañías de telefonía (fixa e móbil) en Galicia.

* Empresas de abastecemento e distribución de auga de consumo público.

* Combustibles líquidos GLP (gases licuados do petróleo), GN (gas natural).

c.2. Outros servicios públicos:

* Renfe; Feve.

* Aeroportos e aeródromos.

* Transporte de mercadorías (estradas).

* Transporte de viaxeiros (estradas).

3.6.5. Grupo de intendencia, evacuación e apoio loxístico.

a) Obxectivos xerais e específicos.

* Establece-los procedementos de evacuación, considerando a poboación afectada.

* Habilita-los locais susceptibles de alberga-la poboación afectada.

* Organiza-los auxilios alimentarios e avalia-las necesidades dos evacuados.

* Levar a cabo a expropiación temporal e mobiliza-los recursos necesarios.

* Facilita-las comunicacións entre e con outros grupos operativos e cos Cecop-Galicia, Cecop-provincial e Cecopal.

b) Xefatura do grupo operativo de intendencia, evacuación e apoio loxístico.

O xefe do Grupo Operativo de Intendencia, Evacuación e Apoio Loxístico a nivel provincial é o xefe de Sección Provincial do Servicio Provincial de Protección Civil. O suplente será un funcionario do Servicio Provincial de Protección Civil, ou un técnico en emerxencias.

c) Medios e recursos do grupo operativo de intendencia, evacuación e apoio loxístico.

c.1. Propios da Administración autonómica:

* Centros de albergue e aloxamento da Xunta de Galicia.

* Sistema de comunicacións da Xunta de Galicia.

c.2. Propios da Administración local:

* Centros de albergue e aloxamento.

* Sistemas de comunicación municipais.

c.3. Empresas e entidades privadas.

* Empresas de transporte público.

* Empresas de abastecemento de alimentos e bebidas.

* Empresas de aloxamento turístico.

* Empresas de abastecementos de medios de primeira necesidade (mantas, roupas de abrigo, etc.).

4. Coordinación operativa.

4.1. Centro de Coordinación Operativo (Cecop).

O Cecop é o órgano de onde se recibe información en relación á nevarada, e de onde se determinan, dirixen e coordinan as accións que se van executar. É o órgano de traballo do director do plan, tanto para a coordinación a distintos niveis, como para a actuación e xestión dos recursos e medios.

A nivel autonómico o Cecop é o Cecop-Galicia: Central de Emerxencias 112-SOS Galicia.

A nivel provincial serían os Cecop de cada provincia de protección civil.

A nivel municipal son os respectivos Cecopal.

4.2. Posto de mando avanzado (PMA).

O director técnico de Operacións de Emerxencias a nivel provincial que se indica no punto 3.2, establecerá un posto de mando avanzado (PMA), que actuará como prolongación do Cecop-provincial, constituíndo un órgano de traballo do director técnico de Operacións da Emerxencia in situ, coordinando e dirixindo as accións dos diferentes grupos de acción que intervirán na emerxencia.

Asesorarán a este director técnico os diferentes responsables dos grupos operativos e daqueles organismos ou entidades que deberán actuar prioritariamente para acada-los obxectivos previstos.

As funcións do director técnico no PMA serán as establecidas no Platerga.

4.3. Medidas para a protección de persoas e bens.

O plan prevé as actuacións necesarias para a protección das persoas e bens en caso de emerxencia, e fundamentalmente son as de:

* Avisos e información á poboación (Centro de Información do Plan: CIN).

* Control de accesos e mantemento da orde nas áreas afectadas (forzas de seguridade; con especial atención á garda civil, policía autonómica e policías locais).

* Evacuación, albergue e asistencia social (Grupo Operativo de Asistencia e Albergue).

* Asistencia sanitaria (Grupo Operativo Sanitario).

* Abastecemento e control sanitario de auga e alimentos (Grupo Operativo Sanitario).

* Eliminación e limpeza de neve nas vías de comunicación (Grupo Operativo de Intervención e de Estradas).

* Restablecemento dos servicios básicos (asistencia de servicios públicos).

5. Operatividade.

5.1. Fase de preemerxencia ou de alerta.

* Iníciase cando se dispón da información recibida do CMT-Galicia sobre a probabilidade de ocorrencia de sucesos capaces de dar lugar a nevaradas, coa notificación dun boletín sobre prediccións meteorolóxicas adversas de nevaradas.

* A fase de preemerxencia ou de alerta terá lugar cando o CMT-Galicia prevexa que no Plan Territorial de Galicia de Predicción e Vixilancia de Fenómenos Meteorolóxicos Adversos, e que se indican explicitamente no anexo I deste plan, a intensidade da nevarada acade e/ou supere os valores limiares que se estableceron, así como en situacións que aínda que non se acaden, nas seguintes horas, prevese o seu incremento chegando ou superándose os valores limiares.

* Unha vez recibido o Boletín de Adversos do CMT-Galicia na Central de Emerxencias 112-SOS Galicia, transmitirase ó director do plan a nivel autonómico, que á vista das prediccións realizadas e se estimase necesario, de información adicional meteorolóxica complementaria en relación ás previsións e prediccións realizadas, confirmará e decidirá o nivel de actuación do plan.

O director do Plan Nega a nivel autonómico indicará os organismos, entidades, empresas e asociacións que deben informarse e/ou alertarse, e se é o caso, estender esta información á poboación a través dos medios de comunicación.

* O obxectivo nesta fase é previr e informar a:

-Autoridades e servicios implicados neste plan.

Realizarase a través da Central de Emerxencias 112-SOS Galicia conforme os protocolos de actuacións específicos para este plan, e que dispón a central.

-Información á poboación potencialmente afectada.

Realizarase a través do gabinete de prensa da consellería con competencias en materia de protección civil.

* Na Central 112-SOS Galicia disponse dun sofware informático de nevaradas que permite coñecer automaticamente e de maneira inmediata pola cota de neve os concellos afectados (parroquias, núcleos de poboación), estradas que terán problemas, e outros accidentes importantes.

Accións que hai que realizar.

* A través da Central de Emerxencias 112-SOS Galicia informa-las autoridades das distintas administracións públicas de Galicia, entidades, organizacións, asociacións de carácter público e/ou privado implicados neste Plan de Protección Civil.

* Constituí-lo Centro de Información CIN, se é o caso, informar a través dos medios de comunicación a poboación previsiblemente afectada pola emerxencia.

* Informar e constituír, se é o caso, o Comité Autonómico de Protección Civil.

* Informar e alerta-la Dirección do Plan a Nivel Provincial, así como os servicios provinciais de Protección Civil.

5.2. Fase de emerxencia.

Esta fase comeza no momento de que se produzan os primeiros episodios de nevaradas que superen os valores limiares e se manteñan ata que estes volvan estar por debaixo dos valores limiares, e así previamente o indique o CMT-Galicia, e posteriormente o declare o director do plan a nivel autonómico, que se pecha a fase de emerxencia.

Unha vez declarada a fase de emerxencia, procédese da seguinte maneira:

A Dirección do Plan a nivel autonómico activarán parcial ou totalmente os medios e recursos previstos neste plan, así como os grupos de acción deste.

Constituiranse os Cecop-provinciais e o Cecop-Galicia, así como se se precisa da actuación dos Cecopal.

Durante a fase de emerxencia os Cecop provinciais e os Cecopal informarán continuamente o Cecop-Galicia (112 SOS-Galicia).

Accións que se van realizar.

* Segundo a evolución da meteoroloxía e en función da situación e baixo as instruccións e ordes dictadas polo director do plan a nivel autonómico, activarase a fase de emerxencia, na que se constituirá: as direccións provinciais do Plan de Nevaradas de Galicia; Cecop-provinciais; o Comité Territorial Provincial de Protección Civil; os grupos provinciais.

* Fluxo de información de nivel provincial a autonómico.

* Información de maneira continua conforme os protocolos establecidos no Cecop-Galicia (112-SOS Galicia).

* Control, xestión e seguimento dos sucesos.

ANEXO I

Léxico meteorolóxico

Os termos empregados a continuación extráense do Manual de Termos Meteorolóxicos do Instituto Nacional de Meteoroloxía (INM). Son os empregados nas mensaxes de predicción ou información sobre fenómenos meteorolóxicos adversos.

A. Termos xerais.

Posible: aplícase o que pode acontecer ou xa aconteceu. O sentido, ás veces, particularmente en respostas, é máis de negación de seguridade, que de afirmación de posibilidade.

Probable: dixese do que, en opinión do que fala, é máis doado que aconteza que deixe de acontecer.

B. Termos de avaliación temporal.

Día: é o tempo que media entra a saída e a posta do sol.

Noite: é o tempo que media entre a posta e a saída do sol.

Mañá: é o tempo que transcorre desde que alborexa ata o mediodía.

Serán: é o tempo entre o mediodía e o anoitecer (posta do sol).

Madrugada: son as horas que seguen a media noite ata a saída do sol.

C. Termos de probabilidade.

Posibilidade ou posible: empregarase cando a probabilidade que aconteza o fenómeno estea comprendido entre o 10 e o 40%.

Probable: cando a probabilidade estea entre o 40 e o 70%.

En principio, non se fará mención de ningún termo de probabilidade cando esta sexa maior do 70%. Nembargantes, se nalgunha mensaxe aparece o termo «é moi probable», pode considerarse que equivale ó anteriormente sinalado.

D. Neve.

Neve: precipitacións de cristais de xeo, na súa maioría ramificados (as neves en forma de estrela).

Intensidade das nevaradas:

* Débiles: as folerpas son normalmente pequenas e dispersas. Con vento en calma o espesor da cuberta de neve aumenta nunha cantidade non superior ós 0,5 cm/h.

* Moderadas: normalmente consisten en folerpas de maior tamaño, caídas coa suficiente densidade como para diminuí-la visibilidade substancialmente. A cuberta de neve aumenta o seu espesor nunha proporción de ata 4 cm/h.

* Fortes: reduce a visibilidade nun valor baixo e aumenta a cuberta de neve nunha proporción que excede os 4 cm/h.

A medida do espesor debe realizarse cun sistema axeitado que permita realizalo en unidades de milímetros e centímetros. Nunca debe realizarse preto de paredes, a ser posible en terreo aberto.

E. Valores limiares.

Neve acumulada en 24 h (a diferentes cotas):

Por debaixo de 200 metros: 2 cm.

Entre 200 e 800 metros: 5 cm.

Entre 800 e 1.200 metros: 10 cm.

ANEXO II

Catálogo de medios e recursos

No Cecop-Galicia (Central de Emerxencias 112-SOS Galicia), e nos Cecop provinciais disponse do Catálogo de Medios e Recursos da Comunidade Autónoma de Galicia, que a seguir se indica.

Organismos e entidades privadas e públicas catalogados coa seguinte base de datos: teléfono/s de

oficina e de localización de 24 horas; persoa responsable de contacto; fax; mensatel, correo electrónico ou sistema de localización persoal; radioteléfono, así como, se é o caso, medios e recursos que poden mobilizarse.

I. Administración autonómica de Galicia.

1.1. Tódolos membros titulares e suplentes dos comités autonómicos e provinciais de protección civil e dos grupos operativos do Plan de Temporais de Galicia.

1.2. Responsables e suplentes das delegacións provinciais de:

* Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (transporte, obras públicas).

* Servicios sociais.

* Sanidade.

* Educación e Ordenación Universitaria.

* Industria e Comercio.

1.3. Unidade adscrita da Policía Nacional á Administración Autónoma de Galicia (UPA).

II. Administración local.

II.1. Alcaldes e concelleiros responsables da protección civil, policía local de toda Galicia con especial atención dos concellos que poden presentar un maior risco polas nevaradas.

II.2. Responsable de Vías e Obras das deputacións provinciais e dos concellos: maquinaria quitaneves.

II.3. Parques de bombeiros servicios contraincendios e salvamento, servicios de emerxencia.

II.4. Agrupacións de voluntarios de protección civil.

II.5. Empresas xestoras municipais de abastecemento de auga potable.

III. Administración xeral do Estado.

III.1. Responsables de protección civil das unidades da subdelegacións do Goberno e da Delegación do Goberno de Galicia.

III.2. Responsables provinciais de estradas do Ministerio de Fomento: maquinaria quitaneves.

III.3. Forzas e corpos de seguridade do Estado, con especial atención á Garda Civil.

IV. Entidades-empresas-asociacións.

* Empresas subministradoras de enerxía eléctrica en Galicia (Fenosa e Barras Eléctricas).

* Empresas da telefonía en Galicia (telefonía fixa e móbil: Telefónica, Airtel, Amena, R).

* Empresas de gas, combustibles, GLP (Gas-Galicia, Repsol-Butano, Compañía Loxística de Hidrocarburos CLH, outros).

* Renfe/Feve.

* Aeródromos/aeroportos de Galicia.

* Empresas particulares de Obras Públicas e Grúas.

* Empresas particulares de transporte.

SITUACIÓN RESUMIDA DOS CONCELLOS AFECTADOS

POLAS NEVARADAS POR PROVINCIAS

SERVICIO PROVINCIAL DE PROTECCIÓN CIVIL DA CORUÑA

CONCELLO:

SITUACIÓN ás horas do día:

ABEGONDO

AMES

ARANGA

ARES

ARTEIXO

ARZÚA

BAÑA, A

BERGONDO

BETANZOS

BOIMORTO

BOIRO

BOQUEIXÓN

BRIÓN

CABANA

CABANAS

CAMARIÑAS

CAMBRE

CAPELA, A

CARBALLO

CARIÑO

CARNOTA

CARRAL

CEDEIRA

CEE

CERCEDA

CERDIDO

CESURAS

COIROS

CORCUBIÓN

CORISTANCO

CORUÑA, A

CULLEREDO

CURTIS

DODRO

DUMBRÍA

FENE

FERROL

FISTERRA

FRADES

IRIXOA, A

LARACHA, A

LAXE

LOUSAME

MALPICA

MAÑÓN

MAZARICOS

MELIDE

MESÍA

MIÑO

MOECHE

MONFERO

MUGARDOS

MUROS

MUXÍA

NARÓN

NEDA

NEGREIRA

NOIA

OLEIROS

ORDES

OROSO

ORTIGUEIRA

OUTES

OZA DOS RÍOS

PADERNE

PADRÓN

PINO, O

POBRA DO CARAMIÑAL, A

PONTECESO

PONTEDEUME

PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, AS

PORTO DO SON

RIANXO

RIBEIRA

ROIS

SADA

SAN SADURNIÑO

SANTA COMBA

SANTIAGO DE COMPOSTELA

SANTISO

SOBRADO

SOMOZAS, AS

TEO

TOQUES

TORDOIA

TOURO

TRAZO

VAL DO DUBRA

VALDOVIÑO

VEDRA

VILARMAIOR

VILASANTAR

VIMIANZO

ZAS

SERVICIO PROVINCIAL DE PROTECCIÓN CIVIL DE LUGO

CONCELLO:

SITUACIÓN ás horas do día:

ABADÍN

ALFOZ

ANTAS DE ULLA

BALEIRA

BARALLA

BARREIROS

BECERREÁ

BEGONTE

BÓVEDA

BURELA

CARBALLEDO

CASTRO DE REI

CASTROVERDE

CERVANTES

CERVO

CHANTADA

CORGO, O

COSPEITO

COUREL, O

FONSAGRADA, A

FOZ

FRIOL

GUITIRIZ

GUNTÍN

INCIO, O

LÁNCARA

LOURENZÁ

LUGO

MEIRA

MONDOÑEDO

MONFORTE DE LEMOS

MONTERROSO

MURAS

NAVIA DE SUARNA

NEGUEIRA DE MUÑIZ

NOGAIS, AS

OUROL

OUTEIRO DE REI

PALAS DE REI

PANTÓN

PARADELA

PÁRAMO, O

PASTORIZA, A

PEDRAFITA DO CEBREIRO

POBRA DO BROLLÓN, A

POL

PONTENOVA, A

PORTOMARÍN

QUIROGA

RÁBADE

RIBADEO

RIBAS DE SIL

RIBEIRA DE PIQUÍN

RIOTORTO

SAVIÑAO, O

SAMOS

SARRIA

SOBER

TABOADA

TRABADA

TRIACASTELA

VALADOURO, O

VICEDO, O

VILALBA

VIVEIRO

XERMADE

XOVE

SERVICIO PROVINCIAL DE PROTECCIÓN CIVIL DE OURENSE

CONCELLO:

SITUACIÓN ás horas do día:

ALLARIZ

AMOEIRO

ARNOIA

AVIÓN

BALTAR

BANDE

BAÑOS DE MOLGAS

BARBADÁS

BARCO DE VALDEORRAS, O

BEADE

BEARIZ

BLANCOS, OS

BOBORÁS

BOLA, A

BOLO, O

CALVOS DE RANDÍN

CARBALLEDA DE AVIA

CARBALLEDA DE VALDEORRAS

CARBALLIÑO, O

CARTELLE

CASTRELO DE MIÑO

CASTRELO DO VAL

CASTRO CALDELAS

CELANOVA

CENLLE

CHANDREXA DE QUEIXA

COLES

CORTEGADA

CUALEDRO

ENTRIMO

ESGOS

GOMESENDE

GUDIÑA, A

IRIXO, O

LAROUCO

LAZA

LEIRO

LOBEIRA

LOBIOS

MACEDA

MANZANEDA

MASIDE

MELÓN

MERCA, A

MEZQUITA, A

MONTEDERRAMO

MONTERREI

MUÍÑOS

NOGUEIRA DE RAMUÍN

OÍMBRA

OURENSE

PADERNE DE ALLARIZ

PADRENDA

PARADA DE SIL

PEREIRO DE AGUIAR, O

PEROXA, A

PETÍN

PIÑOR DE CEA

POBRA DE TRIVES, A

PONTEDEVA

PORQUEIRA

PUNXÍN

QUINTELA DE LEIRADO

RAIRIZ DE VEIGA

RAMIRÁS

RIBADAVIA

RIÓS

RÚA, A

RUBIÁ

SAN AMARO

SAN CIBRAO DAS VIÑAS

SAN CRISTOVO DE CEA

SANDIÁS

SAN XOÁN DE RÍO

SARREAUS

TABOADELA

TEIXEIRA, A

TOÉN

TRASMIRAS

VEIGA, A

VEREA

VERÍN

VIANA DO BOLO

VILAMARÍN

VILAMARTÍN DE VALDEORRAS

VILAR DE BARRIO

VILAR DE SANTOS

VILARDEVÓS

VILARIÑO DE CONSO

XINZO DA LIMIA

XUNQUEIRA DE AMBÍA

XUNQUEIRA DE ESPADAÑEDO

SERVICIO PROVINCIAL DE PROTECCIÓN CIVIL DE PONTEVEDRA

CONCELLO:

SITUACIÓN ás horas do día:

AGOLADA

ARBO

BAIONA

BARRO

BUEU

CALDAS DE REIS

CAMBADOS

CAMPO LAMEIRO

CANGAS

CAÑIZA, A

CATOIRA

CERDEDO

COTOBADE

COVELO

CRECENTE

CUNTIS

DOZÓN

ESTRADA, A

FORCAREI

FORNELOS DE MONTES

GONDOMAR

GROVE, O

GUARDA, A

ILLA DE AROUSA, A

LALÍN

LAMA, A

MARÍN

MEAÑO

MEIS

MOAÑA

MONDARIZ

MONDARIZ-BALNEARIO

MORAÑA

MOS

NEVES, AS

NIGRÁN

OIA

PAZOS DE BORBÉN

POIO

PONTEVEDRA

PONTEAREAS

PONTE CALDELAS

PONTECESURES

PORRIÑO, O

PORTAS

REDONDELA

RIBADUMIA

RODEIRO

ROSAL, O

SALCEDA DE CASELAS

SALVATERRA DO MIÑO

SANXENXO

SILLEDA

SOUTOMAIOR

TOMIÑO

TUI

VALGA

VIGO

VILABOA

VILA DE CRUCES

VILAGARCÍA DE AROUSA

VILANOVA DE AROUSA

ANEXO IV

Nota de prensa ante unha nevarada. Medidas de autoprotección persoal

(Modelo de nota de prensa. Poderá ser parcialmente modificada ampliando a información).

O Centro Rexional de Meteoroloxía de Galicia (CMT-Galicia), comunica que a partir das ... horas ... do día ... , se esperan en Galicia nevaradas por enriba dos ... metros. As zonas onde se prevé que teña lugar o suceso é en ... . A intensidade das nevaradas remitirá durante a ... do día ... (ou aumentarán a partir das ... horas do día ... ).

Sempre debe axustarse estrictamente ó indicado no boletín meteorolóxico que emita o CMT-A Coruña.

É moi importante emprega-lo léxico meteorolóxico que se indica no anexo I. Non se engadirá ningún comentario que non apareza no boletín meteorolóxico.

Ante a devandita situación, Protección Civil de Galicia, alertou/activou (nas súas dúas fases de preemerxencia e emerxencia) o Plan de Protección Civil de Nevaradas de Galicia (Plan Nega), e recomenda que se tomen as seguintes medidas de autoprotección persoal:

(Poderase suprimir parte delas ou adoptar unha recomendación do tipo xeral).

* Se se ten necesidade de viaxar, extrema-las precaucións e estar atento ás recomendacións de tráfico.

* Os conductores de transportes de mercadorías perigosas deberán extrema-las precaucións ou suspende-la viaxe.

* As persoas de idade avanzada ou con minusvalía procurarán non saír á rúa.

No caso de emerxencia non dubide en chamar á Central de Emerxencias 112-SOS-Galicia (teléfono un, un, dous, de Emerxencias de Galicia, chamada de balde e sen moedas).

ANEXO V

Recomendacións en situacións de nevarada

Se se aveciña un temporal de neve, siga estes consellos:

Antes da chellada das nevaradas:

* Almacene alimentos e combustibles.

* Dispoña dunha caixa de urxencias cos medicamentos que precise de xeito cotián.

* Provéxase de roupa e calzado axeitado.

* Comprobe o estado da súa vivenda, especialmente o tellado e o sistema de calefacción.

* Dispoña de radio con pilas suficientes para estar informado.

* Teña a man candeas e lanternas.

Durante as nevaradas:

* Só utilice o teléfono para chamadas de urxencia.

* Non propague rumores sobre a situación.

* Desconecte tódolos aparellos eléctricos que non sexan necesarios.

* Manteña abertas as billas para evita-la conxelación dos encanamentos.

* Evite que as persoas maiores saían á rúa.

Ós automobilistas:

* Evita-la viaxe sempre que non sexa necesaria e procure non viaxar só.

* Se vai emprender unha viaxe infórmese do estado das estradas.

* Leve sempre cheo o depósito.

* Revise freos, pneumáticos, luces, líquido anticonxelante e leve cadeas.

* Circule con precaución, non free en zonas xeadas nin faga cambios bruscos de dirección.

* Se o temporal o sorprende dentro do coche e lonxe dun lugar ou zona de aloxamento, permaneza dentro do coche. Se o mantén en marcha coa calefacción posta, deixe unha fiestra entreaberta para renova-lo aire e evitar intoxicacións.

* Manteña limpo de neve o tubo de escape.