Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.665

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 18 de xullo de 2002 pola que se incrementa o crédito orzamentario previsto na Orde do 4 de febreiro de 2002, pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas de carácter socioeconómico ós pescadores dependentes ata 1999 do acordo de pesca con Marrocos.

A Orde do 4 de febreiro de 2002 pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas de carácter socioeconómico ós pescadores dependentes ata 1999 do acordo de pesca con Marrocos, realizouse nun momento no que estaban vixentes os orzamentos prorrogados do ano 2001 para o 2002, e se consignou un crédito orzamentario para atende-las axudas solicitadas ó abeiro da dita disposición de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias existentes.

Agora é posible incrementar substancialmente o dito crédito, para atende-las subvencións solicitadas e que xa é posible resolver, ó ter cumpridas as previsións previstas no artigo 15, último inciso da disposición citada.

Para tal efecto, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.-Incremento de crédito.

Increméntase o crédito orzamentario previsto no artigo 4 da Orde do 4 de febreiro de 2002, pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas de carácter socioeconómico ós pescadores dependentes ata 1999 do acordo de pesca con Marrocos (DOG do 21-2-2002), na cantidade de 5.608.795,36 euros, que sumados ós 480.809,68 euros previstos inicialmente, totalizan 6.089.605,04 euros, permanecendo invariables o resto de condicións previstas na dita orde e sen que se abra un novo prazo de presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos