Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.665

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 18 de xullo de 2002 pola que se incrementa o crédito orzamentario previsto na Orde do 6 de febreiro de 2002, pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas á paralización definitiva dos buques pesqueiros dependentes ata 1999 do acordo de pesca con Marrocos.

A Orde de 6 de febreiro de 2002 pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas á paralización definitiva dos buques pesqueiros dependentes ata 1999 do acordo de pesca con Marrocos, realizouse nun momento no que estaban vixentes os orzamentos prorrogados do ano 2001 para o 2002, e se consignou un crédito orzamentario para atende-las axudas solicitadas ó abeiro da dita disposición de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias existentes.

Agora é posible incrementar substancialmente o dito crédito, para atende-las subvencións solicitadas e que xa é posible resolver, ó ter cumpridas previsións previstas no artigo 17, último inciso da disposición citada.

Para tal efecto, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.-Incremento de crédito.

Increméntase o crédito orzamentario previsto no artigo 4º da Orde do 6 de febreiro de 2002, pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas á paralización definitiva dos buques pesqueiros dependentes ata 1999 do acordo de pesca con Marrocos (DOG do 21-2-2002), na cantidade de 8.641.455,58 euros, que sumados ós 1.634.752,92 euros previstos inicialmente, totalizan 10.276.208,50 euros, permanecendo invariables o resto de condicións previstas na dita orde e sen que se abra un novo prazo de presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos