Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.662

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 10 de xullo de 2002 pola que se modifica a do 14 de xuño de 1999, pola que se declaran e clasifican as zonas de producción de moluscos bivalvos vivos nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Directiva do Consello 79/923/CEE, do 30 de outubro, marcaba as normas relativas á calidade esixida ás augas para a cría de moluscos. Esta directiva foi transposta ó noso ordenamento xurídico polo Real decreto 38/1989 (BOE nº 17, do 20 de xaneiro), o cal recolle os criterios de calidade así como a frecuencia mínima das mostraxes que se realizan nas diferentes zonas. Desde a entrada en vigor da citada disposición, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos realizou controis periódicos nas zonas de producción co fin de normalizar e axeita-la lexislación comunitaria á recolección, cultivo e comercialización de moluscos.

Posteriormente, a Directiva 91/492/CEE, do 15 de xullo, estableceu as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización de moluscos bivalvos vivos. A devandita directiva foi transposta polo Estado español, mediante o Real decreto 308/1993, do 26 de febreiro (BOE nº 76, do 30 de marzo) e o Real decreto 345/1993, do 5 de marzo (BOE nº 74, do 27 de marzo); este último incorpora á lexislación española temas relativos a normas de producción así como as normas relativas á calidade das augas esixida pola Directiva 79/923/CEE, establecendo as normas que deberán cumpri-las zonas de producción e as zonas de protección e mellora; así como as condicións de aplicación común ós productos e ó sistema de supervisión da producción.

Coa publicación da Directiva 97/61/CEE, do consello, do 20 de outubro de 1997, que modifica parcialmente o anexo da Directiva 91/492/CEE, parece axeitado que xunto coa súa incorporación ó ordenamento xurídico interno se elaborase un texto único

no que se refundan tódalas prescricións que están en vigor e, deste xeito, publícase o Real decreto 571/1999, do 9 de abril (BOE nº 86, do 10 de abril) polo que se aproba a regulamentación técnico-sanitaria que fixa as normas aplicables á producción e comercialización de moluscos bivalvos vivos.

Co fin de lles dar cumprimento ás mencionadas normas estatais e, de acordo coas análises efectuadas, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos publicou a Orde do 14 de xuño de 1999, na que declara e clasifica as zonas de producción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia. Desde entón e coa frecuencia de mostraxe establecida no anexo III da orde citada, seguíronse controlando tódalas zonas de producción da Comunidade Autónoma de Galicia.

O resultado das análises efectuadas fai necesario proceder á actualización da relación e clasificación das zonas de producción.

Polo tanto, por proposta do Centro de Control do Medio Mariño,

DISPOÑO:

Artigo 1º

De acordo co establecido no Real decreto 345/1993, polo que se establecen as normas de calidade das augas e da producción de moluscos e outros invertebrados mariños vivos, para as augas da Comu

nidade Autónoma de Galicia, a relación e clasificación de zonas de producción é a que aparece recollida no anexo I desta orde.

Artigo 2º

Unicamente se poderán realizar labores de recollida ou producción das especies mariñas ás que se refire esta orde naquelas zonas que aparecen incluídas no anexo I.

Artigo 3º

As normas sobre os plans de mostraxe e os criterios que hai que ter en conta para proceder á revisión das zonas de producción son as que figuran no anexo II.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 14 de xuño do 1999 (DOG nº 120, do 24 de xuño) pola que se declaran e clasifican as zonas de producción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

ANEXO I

ClaveLocalizaciónLímites (coordenadas)Clasif.

da zona

Especie ou grupo de especies de referencia

GAL1-01/1

GAL1-01/2

Rías de Ribadeo a Viveiro

Esteiro do río Landro

-Esténdese desde a ría de Ribadeo, límite oriental de Galicia, ata a punta de Estaca de Bares, comprendendo a vertente galega da ría de Ribadeo e as rías de Foz, Viveiro e O Barqueiro, agás o esteiro do río Landro na parte interna da ría de Viveiro.-Esteiro do río Landro, na parte interna da ría de Viveiro, delimitada pola liña imaxinaria que vai desde a punta do crebaondas de acceso ó río Landro -luz vermellaata o dique da outra marxe do río.B

C

Moluscos bivalvos bentónicos.

Moluscos bivalvos bentónicos

GAL1-02/1

GAL1-02/2

Ría de Ortigueira

Enseada de Cedeira

-Inclúe a zona litoral localizada entre punta Estaca de Bares e cabo Prior, comprendendo as rías de Ortigueira e Cedeira, agás a enseada de Cedeira. Límites desde o meridiano de Estaca de Bares ata o meridiano de cabo Prior.-Enseada de Cedeira, delimitada pola liña imaxinaria que vai desde a punta do peirao ata punta Promontorio. B

C

Moluscos bivalvos bentónicos.

Moluscos bivalvos bentónicos.

GAL1-03/1

GAL1-03/2

Ría de Ferrol

Parte interna da ría de Ferrol

-Esténdese desde cabo Prior ata punta Coitelada, incluíndo a ría de Ferrol, agás a parte interna da ría de Ferrol.-Parte interna da ría de Ferrol delimitada pola liña imaxinaria que pasa por punta Camposanto na costa norte e o extremo do peirao de Maniños na costa sur.B

C

Moluscos bivalvos bentónicos.

Moluscos bivalvos bentónicos

GAL1-04/1

GAL1-04/2

Ría de Ares-Betanzos

Esteiro do río Eume

-Esténdese desde punta Coitelada ata punta Mera, incluíndo a ría de Ares-Betanzos, agás o esteiro do río Eume na parte interna da ría de Ares.-Esteiro do río Eume, na parte interna da ría de Ares, delimitada pola liña imaxinaria que vai desde punta Magdalena na costa N ata punta Macuca na costa S.B

C

Moluscos bivalvos bentónicos.

Moluscos bivalvos bentónicos

GAL1-05/1

GAL1-05/2

Ría da Coruña

Ría do Burgo

-Esténdese desde punta Mera ata punta de Alba, agás a ría do Burgo na parte interna da ría da Coruña.-Ría do Burgo na parte interna da ría da Coruña, delimitada pola liña imaxinaria que vai desde punta da barra Santa Cristina ata a rampla das Xubias.B

C

Moluscos bivalvos bentónicos.

Moluscos bivalvos bentónicos

GAL1-06/1Costa da Morte-Esténdese desde punta de Alba ata o cabo de Fisterra, incluíndo as rías de Corme-Laxe e Camariñas.BMoluscos bivalvos bentónicos.

GAL1-07/1Ría de Corcubión-Esténdese desde o cabo de Fisterra ata punta Remedios, incluíndo o seo de Corcubión, a ría de Corcubión e a enseada de Carnota.BMoluscos bivalvos bentónicos.

GAL1-08/1

GAL1-08/2

Ría de Muros e Noia

Enseada de Muros

-Esténdese desde punta Remedios ata cabo Corrubedo, incluíndo a totalidade da ría, agás a enseada de Muros.-Enseada de Muros, delimitada pola liña imaxinaria que vai desde a punta do cabo ata o extremo sur da praia de Bornalle.B

C

Moluscos bivalvos bentónicos.

Moluscos bivalvos bentónicos.

ClaveLocalizaciónLímites (coordenadas)Clasif.

da zona

Especie ou grupo de especies de referencia

GAL1-09/1

GAL1-09/2

GAL1-09/3

Ría de Arousa

Esteiro de Vilanova

Enseada do Grove e enseada

de Meloxo

-Esténdese desde cabo Corrubedo ata punta Miranda, incluíndo a totalidade da ría, agás o esteiro de Vilanova e a enseada do Grove e enseada de Meloxo. -Comprende o esteiro de Vilanova de Arousa ata a liña imaxinaria que vai da punta do peirao do porto pesqueiro ata a punta da Mina.-Comprende a enseada do Grove que vai desde a liña imaxinaria que une punta Borrelo con punta Cabreirón e punta Cabreirón con punta Cantodorxo; a enseada de Meloxo queda delimitada pola liña imaxinaria que vai desde o peirao de Meloxo ata punta Modeira.B

C

C

Moluscos bivalvos bentónicos.

Moluscos bivalvos bentónicos.

Moluscos bivalvos bentónicos.

GAL1-10/1

GAL1-10/2

GAL1-10/3

Ría de Pontevedra

Parte interna da ría de

Pontevedra

Parte interna da ría de

Aldán

-Esténdese desde punta Miranda ata punta Subrido, incluíndo a totalidade das rías de Aldán e Pontevedra, agás a parte interna da ría de Pontevedra, e as praias de San Cibrán e Vilariño na parte interna da ría de Aldán.-Parte interna da ría de Pontevedra delimitada pola liña imaxinaria que vai desde o peirao de Combarro na costa N ata punta Praceres na costa S.-Praias de San Cibrán e Vilariño, na parte interna da ría de Aldán, delimitada pola liña imaxinaria que vai desde a punta do Con ata punta Testada.B

C

C

Moluscos bivalvos bentónicos.

Moluscos bivalvos bentónicos

Moluscos bivalvos bentónicos

GAL1-11/1

GAL1-11/2

GAL1-11/3

GAL1-11/4

Ría de Vigo

Enseada de Moaña

Esteiro do río Miñor

Enseada de Arcade

-Franxa litoral que abrangue desde punta Subrido ata A Guarda, límite con Portugal. Nesta área inclúense a ría de Vigo, a enseada de Baiona, así como a parte española do esteiro do río Miño, agás as praias de Moaña e Meira e o esteiro do río Miñor na enseada de Baiona e a enseada de Arcade.-Praias de Moaña e Meira delimitadas pola liña imaxinaria que vai desde a punta do Con ata a punta Arroás.-Esteiro do río Miñor na enseada de Baiona.-Enseada de Arcade, delimitada pola liña que vai desde punta Sobreiro a punta Cabalo.B

C

C C

Moluscos bivalvos bentónicos.

Moluscos bivalvos bentónicos.

Moluscos bivalvos bentónicos.

Moluscos bivalvos bentónicos

GAL1-12/1Ría de Ares e Betanzos-Polígonos Sada 1 e Sada 2.BCultivos en viveiros.

GAL1-13/1Ría de Muros e Noia-Polígonos Noia A e Muros A.BCultivos en viveiros.

GAL1-14/1Ría de Muros e Noia-Polígono Muros B.BCultivos en viveiros.

GAL1-15/1Ría de Arousa-Polígono Ribeira B.BCultivos en viveiros.

GAL1-16/1Ría de Arousa-Polígonos O Caramiñal H-G e Ribeira C.BCultivos en viveiros.

GAL1-17/1Ría de Arousa-Polígonos O Caramiñal A-B-C.BCultivos en viveiros.

GAL1-18/1Ría de Arousa-Polígonos O Caramiñal D-E.BCultivos en viveiros.

GAL1-19/1Ría de Arousa-Polígono Vilagarcía A.BCultivos en viveiros.

GAL1-20/1Ría de Arousa-Polígonos Vilagarcía B.BCultivos en viveiros.

GAL1-21/1

GAL1-21/2

Ría de Arousa

Ría de Arousa

-Polígonos Cambados A1, Cambados A2 e Cambados E.-Polígono Cambados B.A

A

Cultivos en viveiros.

Cultivos en viveiros.

GAL1-22/1Ría de Arousa-Polígono Cambados C.BCultivos en viveiros.

GAL1-23/1Ría de Arousa-Polígono en reordenación Cambados D (antigo: G).BCultivos en viveiros.

GAL1-24/1Ría de Arousa-Polígonos en reordenación, O Grove A e B (antigos: A e F).BCultivos en viveiros.

GAL1-25/1Ría de Arousa-Polígono O Grove C ACultivos en viveiros.

GAL1-26/1Ría de Pontevedra-Polígonos Portonovo A-B-C.BCultivos en viveiros.

GAL1-27/1Ría de Pontevedra-Polígonos Bueu A-B.BCultivos en viveiros.

GAL1-28/1Ría de Pontevedra-Polígonos Cangas A-B.BCultivos en viveiros.

GAL1-29/1Ría de Vigo-Polígonos Cangas F-G-H.BCultivos en viveiros.

GAL1-30/1Ría de Vigo-Polígonos Cangas C-D.BCultivos en viveiros.

GAL1-31/1Ría de Vigo-Polígonos Cangas E e Redondela A.BCultivos en viveiros.

GAL1-32/1Ría de Vigo-Polígonos Redondela B-C-D.BCultivos en viveiros.

GAL1-33/1Ría de Vigo-Polígonos Redondela E e Vigo A.BCultivos en viveiros.

GAL1-34/1Ría de Vigo-Polígono Baiona A.BCultivos en viveiros.

ANEXO II

Norma 1ª. A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos a través do Centro de Control do Medio Mariño efectuará un control de tódalas zonas de producción, conforme o establecido no anexo III desta orde, co fin de garanti-la idoneidade dos productos extraídos nas diferentes zonas.

Norma 2ª. Cando os controis establecidos nas zonas de producción demostren unha alteración das condicións que determinaron a súa clasificación, o Centro de Control do Medio Mariño prohibirá a recolleita na zona da que se trate ou procederá ó cambio de clasificación dela ata que se restablezan as condicións orixinais.

Norma 3ª. Dado o sistema de circulación estuárico característico das rías galegas e considerando que en determinadas épocas do ano as achegas fluviais poden provocar fluctuacións nos valores de Escherichia coli presentes no medio mariño, o Centro de Control do Medio Mariño poderá establecer un sistema de cambios de clasificación que poderá ser periódico ou cíclico dependendo dos casos.

Norma 4ª. O Centro de Control do Medio Mariño informará o delegado do Goberno en Galicia, as organizacións ou asociacións de productores, os responsables dos centros de depuración e expedición, os centros de transformación e os organismos con competencia en saúde pública de todo cambio que se produza en cada zona.

Norma 5º. Cando as análises e controis efectuados nas zonas de producción clasificadas como B ou C demostren o cumprimento de tódolos parámetros esixidos durante un período mínimo dun ano, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos procederá a revisa-la clasificación da devandita zona.

ANEXO III

Programa de control das zonas de producción

O control da calidade microbiolóxica realizarase cunha periodicidade mínima mensual nas zonas clasificadas como A e trimestral nas clasificadas como B ou C.

O control da posible presencia de contaminantes químicos realizarase cunha periodicidade mínima anual nas zonas clasificadas como A ou B e semestral nas clasificadas como C.

O control do plancto tóxico e de biotoxinas mariñas realizarase de acordo co estipulado nos decretos 106/1999 (DOG nº 84, do 4 de maio), Decreto 98/1997 (DOG nº 82, do 30 de abril) e a Orde do 14 de novembro de 1995 (DOG nº 221, do 17 de novembro).