Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.648

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de xullo de 2002 pola que se incrementa o orzamento da Orde do 20 de febreiro de 2002 pola que se aproban as bases que rexerán o concurso público de axudas a asociacións de estudiantes universitarios, legalmente constituídas das universidades galegas.

A Orde do 20 de febreiro de 2002 (DOG do 6 de marzo), pola que se convocan axudas a asociacións de estudiantes universitarios, legalmente constituídas das universidades galegas, no seu artigo 2 dispón: a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria financiará estas axudas con cargo á partida orzamentaria 07.05.322C.480.1, dos orzamentos prorrogados da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, por un importe de 25.243 euros. Nembargantes, as cantidades antes citadas poderanse incrementar en función das peticións pre

sentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito, unha vez que se aproben os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2002.

A Lei 2/2002, do 29 de abril, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002 establece, para a aplicación orzamentaria 07.05.322C.480.1 dos orzamentos da Dirección Xeral de Universidades a cantidade de 49.283 euros.

Polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-Autoriza-la ampliación dun gasto pola cantidade de 24.040 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 07.05.322C.480.1, dos orzamentos de gastos da Dirección Xeral de Universidades, do exercicio 2002, para dedicar á convocatoria de axudas ás asociacións de estudiantes universitarios das universidades galegas, de conformidade coa Orde do 20 de febreiro de 2002 (DOG do 6 de marzo).

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria