Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.647

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de xuño de 2002 pola que se modifica a autorización do centro privado San José de la Guía de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado San José de la Guía de Vigo, no que solicita poder impartir 2 ciclos for

mativos de grao superior de integración social, 1 en quenda de mañá e o outro en quenda de tarde-noite. O dito centro xa contaba con autorización para impartir 1 ciclo formativo de grao superior de integración social en réxime ordinario, segundo a Orde do 29 de novembro de 2000 (DOG do 8 de xaneiro de 2001). Así mesmo solicita a modificación das ratios alumnos/unidade dos ciclos formativos de grao superior de educación infantil e integración social.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo; Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro) polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31 de xaneiro de 2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos a autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995 do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime

xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado San José de la Guía de Vigo (Pontevedra), para poder impartir 2 ciclos formativos de grao superior de integración social, 1 en quenda de mañá e o outro en quenda de tarde-noite. Así mesmo modifica-las ratios alumnos/unidade dos ciclos formativos de grao superior de educación infantil e integración social, segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Para as ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Doutor Corbal, 25.

Código do centro: 36011361.

Denominación: centro privado San José de la Guía.

Titular: Misioneras Siervas de San José.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de formación profesional específica:

2 ciclos formativos de grao superior de educación infantil (4 unidades para 30 postos escolares /unidade).

1 ciclo formativo de grao superior de integración social (1 unidade para 20 postos escolares) en quenda de mañá.

1 ciclo formativo de grao superior de integración social (1 unidade para 20 postos escolares) en quenda de tarde-noite.