Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.640

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 15 de xullo de 2002 pola que se nomean vocais dos consellos de Administración das autoridades portuarias de San Cibrao-Ferrol e a súa ría, A Coruña, Vilagarcía de Arousa e a súa ría, Marín e ría de Pontevedra e Vigo e a súa ría.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de Administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

Ó abeiro do artigo 40.2 punto 6º da xa citada Lei 27/1992, e dos acordos do 5 e 26 de marzo de 1998 do Consello da Xunta de Galicia, os membros dos consellos de Administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado, foron nomeados por un período renovable de 4 anos, segundo orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 23 de xuño de 1998, DOG número 121 do 25 de xuño, polo que é preciso proceder á súa renovación.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002 modificado polo do 6 de xuño de 2002 faculta os conselleiros de Pesca e Asuntos Marítimos e de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Ó abeiro do disposto no artigo 40, número 2, da Lei 27/1992, e do mencionado acordo do 10 de xaneiro de 2002 modificado polo do 6 de xuño de 2002,

do Consello da Xunta de Galicia e, en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O nomeamento dos seguintes vocais dos consellos de Administración das autoridades portuarias e en representación da Xunta de Galicia:

Autoridade portuaria de San Cibrao, Ferrol e a súa ría.

-Beatriz Mato Otero.

-Pablo Ramón Fernández Asensio.

-Miguel Ángel López Sieiro.

Autoridade portuaria da Coruña.

-Beatriz Mato Otero.

-Andrés Hermida Trastoy.

Autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría.

-Miguel Ángel López Sieiro.

-Rosa Mª Quintana Carballo.

-Juan Carlos Maneiro Cadillo.

Autoridade portuaria de Marín e ría de Pontevedra.

-Paloma Rueda Crespo.

-Rosa Mª Quintana Carballo.

-Javier Pereiro Muñoz.

-Juan Carlos Maneiro Cadillo.

Autoridade portuaria de Vigo e a súa ría.

-Paloma Rueda Crespo.

-Javier Pereiro Muñoz.

-Andrés Hermida Trastoy.

-Miguel Ángel López Sieiro.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA