Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.638

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 15 de xullo de 2002 pola que se nomean vocais dos consellos de Administración das autoridades portuarias de San Cibrao-Ferrol e a súa ría, A Coruña, Vilagarcía de Arousa e a súa ría, Marín e ría de Pontevedra, e Vigo e a súa ría.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de Administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

Ó abeiro do artigo 40.2º punto 6º da xa citada Lei 27/1992, e dos acordos do 5 e 26 de marzo de 1998 do Consello da Xunta de Galicia, os membros dos consellos de Administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado foron nomeados por un período renovable de 4 anos, segundo Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 23 de xuño de 1998, DOG número 121, do 25 de xuño de 1998, polo que é preciso proceder á súa renovación.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002 modificado polo do 6 de xuño de 2002 faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Xa que logo, considerando que en virtude da devandita orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 23 de xuño de 1998, DOG número 121, do 25 de xuño de 1998 os vocais da letra c do número 1º do artigo 40 da xa citada Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, foron nomeados por un período de catro anos, renovable, e sen prexuízo de que conforme o previsto no mesmo artigo 40 da Lei 27/1992, a designación e separación dos vocais dos consellos de Administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións

públicas e entidades e organismos representados no consello de Administración; vistas en consecuencia as propostas de nomeamento realizadas polas distintas administracións públicas, entidades e organismos, ó abeiro do disposto no artigo 40, número 2º, da Lei 27/1992, e dos mencionados acordos tomados o 5 e 26 de marzo de 1998 e o 10 de xaneiro de 2002 modificado o do 6 de xuño de 2002, polo Consello da Xunta de Galicia, e, en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O nomeamento dos seguintes vocais dos consellos de Administración das autoridades portuarias e en representación das administracións, entidades e organismos que a seguir se relacionan:

Autoridade portuaria de San Cibrao, Ferrol e a súa ría.

1. En representación da Administración xeral do Estado:

-Ángel Fenor de la Maza y Cormide-Quiroga.

-Miguel Ángel García Carro.

2. En representación do Concello de Ferrol.

-Amable Dopico Freire.

3. En representación do Concello de Fene:

-José María Rivera Arnoso.

4. En representación do Concello de Xove:

-Jesús López González.

5. En representación da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol:

-Francisco Cruz Senra.

-José Dopico Carril.

6. En representación da Confederación Provincial de Empresarios:

-Gonzalo Antón Miranda.

-Enrique Freire Arteta.

7. En representación da Asociación Provincial de Consignatarios e Estibadores:

-Santiago Pérez Torres.

8. En representación da organización sindical máis representativa no porto (CC.OO.).

-Julio Abelleira Souto.

9. En representación da Xunta de Galicia:

-José Insúa Pernas.

-Jesús Almuíña Loeda.

-José Ángel Anidos Nogueira.

-Jesús Espada Martínez.

-José Carlos Rivas Castro.

-Manuel Viñas Agís.

Autoridade portuaria da Coruña:

1. En representación da Administración xeral do Estado:

-Fernando García Agudín.

-Miguel Ángel García Carro.

-Mª Dolores Faraldo Botana.

2. En representación do Concello da Coruña:

-Francisco Javier Losada de Azpiazu.

-Salvador Fernández Moreda.

-José Federico Nogueira Fernández.

3. En representación da Cámara de Comercio, Industria e Navegación da Coruña:

-José A. Quiroga Piñeyro.

-Gonzalo Ortiz Amor.

4. En representación da Confederación Provincial de Empresarios da Coruña:

-Antonio Fontenla Ramil.

-Severino Ares Lago.

5. En representación da Asociación Provincial de Consignatarios:

-Francisco Javier Santiáñez Orero.

6. En representación da organización sindical máis representativa no porto (UGT).

-Santiago Lamas Piñón.

7. En representación da Xunta de Galicia:

-José Venegas Alonso.

-Marcelo Castro Rial-Schuler.

-José Luis Meilán Gil.

-Antonio Gómez Vázquez.

-Jesús Almuíña Loeda.

-Emilio García Gallego.

Autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría.

1. En representación da Administración xeral do Estado:

-Luís Prada Somoza.

2. En representación do Concello de Vilagarcía de Arousa:

-Manuel Rodríguez Cuervo.

-Alejandro Quintela Pereira.

-Roberto Araújo Cortegoso.

3. En representación da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa:

-Carlos Oubiña Portas.

-José Núñez Cores.

-Amado Cascallar Meixús.

4. En representación da Federación de Empresarios da Comarca de Arousa:

-José Luis Nogueira Rodríguez.

5. En representación da Asociación de Consignatarios de Vilagarcía de Arousa:

-Julio Antonio Carrasco Valdés.

6. En representación da organización sindical máis representativa no porto (UGT):

-Ignacio Pérez Calzado.

7. En representación da Xunta de Galicia:

-Carmen Bianchi Valcarce.

-Manuel Viñas Agís.

-Mónica Pita Rasilla.

-Manuel Bautís Cheda.

-Miguel Ángel González Estévez.

-Pedro Miguel Piñeiro Lago.

Autoridade portuaria de Marín e ría de Pontevedra.

1. En representación do Concello de Marín:

-Francisco Antonio Santiago Fernández.

-Antón Pousada Pazos.

2. En representación do Concello de Pontevedra:

-Juán Enrique Magdalena Chan.

3. En representación da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra:

-Víctor Nogueira García.

-Senén Touza Ferrer.

4. En representación da Asociación de Empresarios de Pontevedra:

-Eduardo Barros Pereira.

5. En representación da Asociación de Comerciantes de Marín:

-Enrique Rodríguez Covelo.

6. En representación da Asociación de Consignatarios de Pontevedra:

-Pedro Miguel Pérez Torres.

8. En representación da organización sindical máis representativa no porto ( UGT).

-Ignacio Pérez Calzado.

7. En representación da Xunta de Galicia:

-Gonzalo Arís Leiro.

-Francisco A. Pichel Márquez.

-Diego Murillo Carrasco.

-Ignacio García Santiago.

-José Manuel Iglesias Carrera.

Autoridade portuaria de Vigo e a súa ría.

1. En representación da Administración xeral do Estado:

-Joaquín Bobillo Fresco.

-Pablo Egerique Martínez.

-Antonio Martín Oliver.

-Juán Antonio Sardina Páramo.

2. En representación do Concello de Vigo:

-Uxío González Pérez.

3. En representación do Concello de Redondela:

-Xaime Rey Barreiro.

4. En representación do Concello de Moaña:

-José Manuel Cordeiro Portela.

5. En representación da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vigo:

-José García Costas.

-José Silveira Cañizares.

6. En representación da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra:

-Guillermo Alonso Jáudenes.

-Ramiro Gordejuela Aguilar.

7. En representación da Asociación de Consignatarios da Provincia de Pontevedra:

-Bonifacio Logares Güenaga.

8. En representación da organización sindical máis representativa no porto (CC.OO.):

-Ricardo Valieras Graña.

9. En representación da Xunta de Galicia:

-Eugenio Pernas Fernández.

-Ramón Fernández Tapias.

-Ángel López Corona.

-Juan Rivas Francos.

-Emilio García Gallego.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2002.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorrial,

Obras Públicas e Vivenda