Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 24 de xullo de 2002 Páx. 11.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ROIS

ANUNCIO de licitación para a venda, por procedemento aberto e mediante poxa, de 140 accións das que é titular o Concello de Rois na sociedade mercantil Campos de Golf, Santiago, S.A.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Rois.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

A venda de 100 accións da clase A, números 115 a 214, e 40 da clase B, números 1 a 40, das que é titular o Concello de Rois na antedita sociedade mercantil, e que teñen un valor nominal de 841.416,95 euros.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

O contrato adxudicarase por procedemento aberto e mediante poxa, e resolverase a favor do licitador que ofreza un prezo máis elevado.

4. Orzamento base de licitación.

Fíxase como tipo de licitación mínimo o de 841.416,95 A.

5. Garantías.

Para tomar parte na licitación será preciso constituír unha garantía provisional por importe do 2% do tipo de licitación na tesourería da Corporación, en calquera das formas admitidas pola lexislación reguladora da contratación administrativa.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Rois.

b) Enderezo: Samil nº 1.

c) Localidade e código postal: Rois 15911.

d) Teléfono: 981 80 41 09.

e) Telefax: 981 80 41 82.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día que se sinale como derradeiro para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos dos licitadores.

Poderán concorrer á licitación tódalas persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que estean no pleno exercicio dos seus dereitos civís e non incorran en causas de incapacidade ou incompatibilidade para contrataren coas administracións públicas.

8. Presentación das proposicións.

As proposicións presentaranse nas oficinas municipais do Concello de Rois no prazo de quince días naturais contados desde que se publique este anuncio no BOP da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

As proposicións constarán de dous sobres pechados, chamados A: Proposición económica e B: Documentación, nos que constará pola parte de fóra o nome e apelidos ou razón social do licitador e a súa sinatura.

O sobre A conterá a proposición económica de conformidade co modelo que se expresa ó final; e o sobre B conterá a seguinte documentación: 1. Fotocopia do DNI do licitador e, se é o caso, do representante que actúa no seu nome; 2. Copia da escritura pública de constitución coa nota da súa inscrición no Rexistro Mercantil, no caso de sociedades mercantís, ou documentos que acrediten a personalidade das outras persoas xurídicas; 3. Copia do poder que acredite a representación, se é o caso; 4. Xustificante de constitución da garantía provisional. 5. Declaración de que o licitador non está afectado por causa de incapacidade ou incompatibilidade para contratar coas administracións públicas e no Concello de Rois.

9. A mesa de contratación.

Estará constituída polo alcalde ou concelleiro no que delegue, o secretario do concello e dous concelleiros designados pola Corporación.

10. Cualificación da documentación.

Concluído o prazo de presentación de proposicións, a mesa cualificará a documentación do sobre B en acto público. Se observa defectos subtanciais non emendables, rexeitará a proposición defectuosa; noutro caso, poderá outorgar un prazo de tres meses para a súa emenda.

11. Apertura das proposicións económicas.

En acto público, que terá lugar ás 13 horas do segundo día hábil seguinte ó de conclusión do prazo de presentación, a mesa abrirá os sobres A das proposicións admitidas, dará lectura ás ofertas económicas que conteñen e proporá a adxudicación do contrato ó licitador que ofreza un prezo máis alto.

12. Adxudicación.

A Comisión de Goberno do concello, no prazo de vinte días seguintes ó acto citado no punto anterior, resolverá sobre a adxudicación do contrato.

13. Gastos.

Os gastos derivados do expediente e da formalización do contrato de alleamento das accións e os tributos que deles se deriven serán por conta do adxudicatario.

Modelo de proposición.

D....., maior de idade, titular do DNI nº....., veciño de....., con domicilio en....., que actúa en nome propio en representación de....., comparece perante o Concello de Rois e expón:

1. Que desexa participar na poxa pública convocada para adxudica-lo contrato de venda de accións de que é titular o Concello de Rois na sociedade mercantil «.....».

2. Acepta na súa integridade o prego de condicións administrativas que rexen a devandita licitación.

3. Ofrece en concepto de prezo a cantidade de..... A por acción, o que significa un prezo total de..... A.

Rois, 16 de xullo de 2002.

Enrique José Tojo Blanco

Alcalde