Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 24 de xullo de 2002 Páx. 11.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2002 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación, mediante concurso, do acondicionamento interior do mercado de abastos de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España s/n, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

2. Obxecto: a) Descrición: execución das obras incluídas no proxecto. b) Prazo de execución: seis meses. c) Lugar: Pontevedra.

3. Tramitación, procedemento e forma: ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento da licitación: 2.393.502,87 A, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Garantías: provisional: 47.870,06 A. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: Servicio de Contratación (praza de España, s/n 36701 Pontevedra), no prazo de vinteseis (26) días naturais a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Teléfono 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02. Correo electrónico: contratación*concellopontevedra.es.

7. Clasificacicón empresarial:

Grupo C; subgrupo 4; categoría f.

8. Presentación de ofertas: a) Vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. b) Documentación que hai que presentar: cláusula 16ª do prego. c) Lugar: rexistro xeral do concello (horario de 9 a 13 horas).

9. Apertura das ofertas: cláusulas 21ª e 22ª do prego.

10. Criterios de selección: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

1. Menor prezo: cunha ponderación máxima de ata o 35%.

2. Maior prazo de garantía, cunha ponderación máxima de ta o 30%, durante o cal o contratista asumirá pola súa conta a execución de obras de reparación para emenda de deficiencias, así como o mantemento e conservación das obras e instalacións executadas.

3. Control de calidade, cunha ponderación máxima de ata o 20%, tendo en conta os procedementos de control ofertados, debendo o custo cuantificarse na oferta garantindo a súa correcta aplicación mediante a constitución dunha garantía complementaria por igual importe.

4. Dirección da execución material da obra, cunha ponderación máxima de ata o 10%, tendo en conta a experiencia acreditada na redacción e dirección de proxectos de análoga natureza.

5. Menor prazo de execución, cunha ponderación máxima de ata o 5%. Non se puntuará a reducción do prazo fixado no prego de cláusulas administrativas particulares, cando a minoración deste sexa superior ó 20%.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario os gastos ocasionados polo anuncio de licitación (cláusulas 33ª do prego).

Pontevedra, 12 de xullo de 2002.

Miguel Anxo Fernández Lores

Alcalde

Adolfo Castro Pérez

Secretario accidental