Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 24 de xullo de 2002 Páx. 11.623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CURTIS

ANUNCIO de concurso.

A contratación por concurso con procedemento aberto da obra denominada asfaltado de camiños

municipais incluída no Plan XXI de infraestructuras locais de transporte e de travesías municipais 2002.

Orzamento: 205.113,86 euros.

Garantía provisional: 2% do orzamento.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Prego e proxectos: rexerá o prego de condicións tipo aprobado pola deputación provincial o 30 de marzo de 2001, publicado no BOP nº 78, do 4 de abril de 2001. Pode ser examinado na secretaría do concello, durante o prazo de presentación de proposicións e en horario das nove ás catorce horas.

Presentación de proposicións: no Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do concello, desde as nove ás catorce horas, dentro do prazo dos vinteseis días naturais seguintes, contados desde o día seguinte ó da última publicación, en dous sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, e coa documentación esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Apertura de proposicións: en acto público ás 12 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións (de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte).

Proposicións: presentaranse axustadas ó seguinte modelo: D....., con enderezo en..., rúa....., nº....., teléfono....., con DNI....., actuando en nombre propio (ou representación de.....) toma parte no concurso, con procedemento aberto, para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de asfaltado de camiños municipais no concello de Curtis, e para tales efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de....., que significa unha baixa de....., en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares deste contrato.

3. Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En....., a..... de..... de 2002. O licitador (asinado e rubricado).

Modelos de sobres: proposición para tomar parte na contratación das obras de asfaltado de camiños municipais no concello de Curtis.

En....., ..... de..... de 2002.

Lugar de presentación: rexistro do Concello de Curtis. Praza de España, nº 1. 15310 Teixeiro.

Anuncios: o adxudicatario virá obrigado a pagar tódolos gastos de publicación de anuncios de licitación e adxudicación no xornal ou diarios oficiais.

En Teixeiro, Curtis, 15 de xullo de 2002.

Javier Francisco Caínzos Vázquez

Alcalde-presidente