Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 24 de xullo de 2002 Páx. 11.626

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2002 pola que se convoca un concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a realización de cursos de formación sobre novos viveiros de emprego. (Expediente 6173/2002 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: contratación de cursos de formación sobre novos viveiros de emprego.

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Prazo de execución: meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2002, en función do curso que resulte adxudicado.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: 499.076,35 A IVE incluído, que se desagregarán nos lotes que se citan no anexo.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: non se esixe.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG. As ofertas poderán realizarse para un, varios ou a totalidade dos lotes.

Anuncio extenso: BOP.

A Coruña, 16 de xullo de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

ANEXO

LoteDenominación do cursoNº de cursosDuración dos cursosDatas de referenciaOrzamento (euros)

1Coidado de nenos12200 h/curso, total: 2.400 hSetembro/outubro/novembro193.955,25

2Coidado de nenos12200 h/curso, total: 2.400 hSetembro/outubro/novembro193.955,25

3Creación dunha empresa de catering para maiores e/ou nenos2100 h/curso, total: 200 hSetembro/outubro/novembro16.699,55

4Creación de empresa de lavandería industrial para atención a maiores e/ou empresas2100 h/curso, total: 200 hSetembro/outubro/novembro16.699,55

5Creación dunha empresa460 h/curso, total: 240 hDecembro27.766,76