Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 23 de xullo de 2002 Páx. 11.546

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (356/2002).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social, número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 356/2002 seguidos por instancia de José María Rodríguez Rama contra la empresa Sierra Vázquez, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 21-6-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

Que, estimando a demanda formulada por José María Rodríguez Rama declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Sierra Vázquez, S.L., a que á súa elección, que ha de efectuar no prazo de cinco días, o readmita no seu posto e condicións de traballo ou o indemnice coa cantidade 3.778,20 euros, con aboamento en todo caso dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación desta sentencia, e que ata a data ascenden á cantidade de 2.820,77 euros.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Prevese a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar que ingresou na c/c de consignacións código 5604.0000.60 356-2002 de Banco BBVA desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito; sen estes requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así mesmo advírteselle á parte demandada que se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberá aboar á parte actora o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a non ser que prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha por parte da actora.

Así por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Sierra Vázquez, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 21 de xuño de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado