En uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde.
Segundo.-Poderán concorrer tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e que se especifican no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar na convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (edificio administrativo de San Caetano nº 5, Santiago de Compostela), nas súas delegacións territoriais ou nas oficinas sinaladas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude publícase no anexo II.
Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntarlle á súa solicitude un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.
Quinto.-O nomeamento dun funcionario con destino definitivo noutra Administración pública ou que preste os seus servicios na Comunidade Autónoma de Galicia como consecuencia dunha comisión de servicios, concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º, da Lei 30/1984, do 2 de agosto, que resultase seleccionado para ocupa-lo posto de traballo anunciado, estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable, conforme o previsto no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderá declararse deserto o posto de traballo se se considerase oportuno.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade do novo, e dun mes se está en localidade distinta ou comporta reingreso ó servicio activo. O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución, agás no caso de procedencia doutras administracións, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da comunicación da resolución de traslado á Comunidade Autónoma de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
Oitavo.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de
reposición, perante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnala directamente, á elección do/a demandante, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2002.
Enrique César López Veiga
Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos
ANEXO I
Código: PE.C99.10.000.27650.020.
Denominación do posto de traballo: Habilitación.
Centro directivo: Delegación Territorial de Lugo.
Localidade: Celeiro.
Corpo ou escala: xeral.
Grupo: BCD.
Nivel: 18.
Complemento específico: 3.477 euros.