Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 23 de xullo de 2002 Páx. 11.543

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncia a publicación das puntuacións definitivas da fase de concurso do procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres.

O punto 34 da Orde do 6 de marzo de 2002, pola que se convoca procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres, establece que a valoración dos méritos presentados polos aspirantes será efectuada, en nome dos tribunais por unha comisión integrada por funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Realizada esta baremación e resoltas as reclamacións, de acordo co establecido no punto 46 da citada orde, procede a súa publicación.

En consecuencia, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer públicas na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais, o día 23 de xullo de 2002, as puntuacións definitivas do baremo establecido na Orde do 6 de marzo de 2002.

Segundo.-Contra estas puntuacións poderá interpoñerse, no prazo dun mes, recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal