Rematado o prazo fixado na resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 30 de maio de 2002, pola que se publicaban as listas para a cobertura con carácter temporal, mediante o nomeamento
de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas, lista B, e vistas pola comisión permanente de selección de persoal funcionario, na correspondente sesión, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral,
RESOLVE:
Primeiro.-Facer público como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que foron excluídos ou non figuraban nas listas provisionais, que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.
Segundo.-Os solicitantes relacionados no citado anexo estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles
(artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa:
-Grupo B: 41,57 A.
Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.
Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.
Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixirlle á comisión permanente de selección de persoal funcionario (Dirección Xeral da Función Pública).
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2002.
Belén Prado Sanjurjo
Directora xeral da Función Pública