Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 23 de xullo de 2002 Páx. 11.512

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 17 de xullo de 2002 pola que se articulan axudas no marco do Programa de Mellora Gandeira de Galicia.

Para desenvolve-las liñas marcadas no Programa de Mellora Gandeira de Galicia é preciso a regulación de axudas concretas destinadas, por un lado, a presta-lo apoio técnico necesario ó sector gandeiro, cos obxectivos de mellora-la súa eficacia e profesionalidade, contribuíndo á súa viabilidade a longo prazo, e por outro, a fomenta-lo mantemento e a mellora da calidade xenética do gando galego, afectando en moi escasa medida ás condicións da competencia.

As actividades para subvencionar enmárcanse no disposto nos puntos 14 e 15 das directrices comu

nitarias sobre axudas estatais ó sector agrario (2000/C 28/02).

As liñas de axuda de apoio técnico ó sector gandeiro abranguen os programas de xestión zootécnica, os programas de planificación zoosanitaria e as actividades de fomento, difusión, profesionalización e especialización do sector gandeiro galego.

As liñas de axuda para a mellora da calidade xenética do sector gandeiro galego abranguen as axudas de apoio ós libros xenéticos, as axudas destinadas á realización de probas para determina-la calidade xenética ou o rendemento do gando vacún leiteiro e as axudas destinadas á realización de programas de cría de animais.

Desestimarase calquera programa do estado do cal se deduza que as axudas ó mesmo poden perturba-lo mecanismo das organizacións comúns de mercados.

Os programas de xestión zootécnica permiten acada-la mellora da eficacia dos sistemas productivos gandeiros, cunha clara repercusión na economía da explotación. Son as agrupacións de gandeiros a vía axeitada para a realización destas actividades que garantan a viabilidade das explotacións e a competencia dos seus productos no mercado.

Os programas de planificación zoosanitaria están dirixidos a mellora-lo estado sanitario das explotacións gandeiras incluídas nas Agrupacións de Defensa Sanitaria, nas que o desenvolvemento das actuacións encamiñadas á prevención e loita contra diversas enfermidades redunda nunha mellora das produccións e nunha alta rendibilidade.

As actividades de fomento, difusión, profesionalización e especialización do sector gandeiro galego serven para prestixia-lo labor das ganderías acollidas nos programas de mellora gandeira de Galicia, para o fomento e difusión dos animais destas razas, e para eleva-lo nivel de profesionalización e especialización do sector gandeiro mediante a adquisición e actualización de coñecementos que deriven na implantación de técnicas ou prácticas agropecuarias que eleven a eficacia productiva das explotacións.

Os libros xenéticos son a base de tódolos programas de mellora xenética, ó seren os arquivos dinámicos oficiais que conteñen a información xenealóxica, morfolóxica e productiva dos animais inscritos, permitindo estima-lo mérito xenético deles e servindo para toma-las decisións sobre cómo orienta-la mellora xenética en cada raza.

Nun mercado máis profesionalizado, os animais inscritos nos libros xenéticos acadan un valor económico maior, contribuíndo, por unha parte, a aumenta-los beneficios derivados da súa comercialización, e por outra, a estimula-la recría de animais selectos que prestixian o labor dos seus criadores e, por iso, do proceso de selección.

Polo que se refire á realización de probas para determina-la calidade xenética ou o control de rendementos no gando vacún leiteiro, a experiencia

adquirida coa posta en marcha do Programa de Mellora Gandeira, e o desenvolvemento das liñas básicas definidas nel, así como a importancia do sector do gando vacún leiteiro dentro da renda agraria da Comunidade Autónoma de Galicia, aconsellan continua-las accións emprendidas como o mellor medio para a incorporación a este sector gandeiro de novos criterios de manexo e de mellora xenética. As novas orientacións a nivel nacional e internacional no desenvolvemento destes programas fan das asociacións e agrupacións de productores unha canle axeitada para a progresiva participación do sector e a garantía da súa viabilidade futura.

A comprobación dos rendementos de gando vacún leiteiro en Galicia ten por obxecto o estudio e determinación dos parámetros productivos necesarios para documenta-los programas de mellora xenética e de manexo. Cumpre dúas funcións, por unha banda achega unha valiosa información sobre aspectos productivos, reproductivos e sanitarios dos animais que, unha vez procesados, permiten a súa utilización na xestión técnica da granxa; e por outra, esa información xunto coa xenealoxía e a obtida trala cualificación morfolóxica serven para realiza-las avaliacións xenéticas dos animais.

A aplicación a nivel de explotación de programas de cría animal é unha vía para incorpora-las novas prácticas e técnicas innovadoras en materia de producción animal ás explotacións galegas.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

A presente orde ten por obxecto convocar e regula-las axudas para as seguintes actividades:

-O desenvolvemento de programas de xestión zootécnica.

-O desenvolvemento de programas de planificación zoosanitaria.

-Actividades de fomento, difusión, profesionalización e especialización do sector gandeiro galego.

-Apoio ós libros xenéticos da raza bovina frisona e das razas autóctonas de Galicia.

-A realización de probas para determina-la calidade xenética ou o rendemento do gando vacún leiteiro.

-A realización de programas de cría de animais.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O ámbito de aplicación da presente orde será o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3º.-Finalidade.

Os fins que se pretenden acadar coa presente orde son os seguintes:

a) O aumento da rendibilidade das explotacións gandeiras galegas, da súa competitividade e do nivel de vida dos gandeiros.

b) A modernización do sector gandeiro galego en materia de xenética, sanidade e producción animal.

c) A mellora da eficacia dos sistemas productivos agrarios e das calidades nas súas produccións.

d) A optimización na utilización das oportunidades e recursos dispoñibles.

Artigo 4º.-Beneficiarios.

Poderán acollerse a estas axudas os gandeiros, as asociacións ou agrupacións de gandeiros e as súas federacións recoñecidas oficialmente, as entidades locais e outras entidades, como as sen ánimo de lucro, relacionadas co sector agrario, formalmente constituídas, todas elas radicadas en Galicia, que desexen realizar actividades encamiñadas á mellora da eficacia dos sistemas productivos e das calidades nas súas produccións, ou apoien a realización deste tipo de programas, e que presenten un programa de actuación de acordo co contido desta orde.

Os beneficiarios teñen a obriga de realiza-la actividade ou actividades que fundamentan a concesión da subvención.

Os gandeiros que participen nos distintos programas deberán comprometerse a cumprir na súa explotación as normas mínimas estatais e comunitarias en materia sanitaria, de identificación, de alimentación, de ambiente, de hixiene e benestar dos animais.

Artigo 5º.-Solicitudes.

As solicitudes presentaranse preferentemente nos rexistros dos órganos dependentes da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural. Así mesmo poderán presentarse nos rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración xeral do Estado, á de calquera Administración das comunidades autónomas, ou a algunha das entidades que integran a Administración local, se neste último caso se subscribiu o oportuno convenio, ou por calquera outro medio previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de envío por correo farase de acordo co regulamentariamente previsto no artigo 31 do Real decreto 1829/1999, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regula a prestación dos servicios postais, en desenvolvemento do establecido na Lei 24/1998, do 13 de xullo, do servicio postal universal e de liberalización dos servicios postais,

presentándose en sobre aberto, co obxecto de que na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar, se faga constar, con claridade, o

nome da oficina e a data, o lugar, a hora e minuto da súa admisión.

Á solicitude xuntaráselle a documentación requirida no capítulo IV, que está en función da liña de axuda solicitada.

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, excepto para os programas de planificación zoosanitaria nos que o citado prazo non rematará ata que transcorran dous meses desde a publicación da orde que regula o recoñecemento das Asociacións de Defensa Sanitaria, que en todo caso como máximo será o 30 de outubro.

O solicitante poderá acudir individualmente á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e á Consellería de Economía e Facenda para solicita-la expedición dos certificados acreditativos de atoparse ó corrente das súas obrigas tributarias e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia, para presentalos xunto á solicitude de axuda, ou, se é o caso, cubrir, debidamente asinada, a autorización que figura no anexo VIII, para os efectos de que a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural os poida solicitar por vía informática.

Así mesmo xunto coa solicitude deberá presenta-lo certificado da Seguridade Social que acredite estar ó día nas súas obrigas con ela.

A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural poderá solicitar dos peticionarios toda a información e xustificacións técnicas e económicas que considere necesarias co obxecto de comproba-la realización das actuacións subvencionables.

O expediente será resolto polo conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, por proposta do director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria. A consellería comunicará, nun prazo de cinco meses contados a partir do día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de solicitudes, a aprobación da solicitude. A falta de comunicación no dito prazo poderase entender desestimatoria das peticións de axuda. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá presentarse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa notificación; ou ben alternativamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación.

Artigo 6º.-Seguimento e control da concorrencia e acumulación de axudas.

Xunto coa solicitude inicial, os peticionarios das axudas presentarán unha declaración de conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto, das distintas administracións ou entes públicos.

En calquera caso, antes do derradeiro pagamento e se houbera modificación da declaración anterior, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Artigo 7º.-Criterios de adxudicación e control da execución dos programas.

Os criterios de adxudicación das distintas liñas de axuda especifícanse en cada unha delas nos capítulos II e III.

O control da execución dos programas será levado a cabo por persoal facultativo da Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria.

Artigo 8º.-Modificación das axudas.

As subvencións ás que se refire a presente orde serán consideradas como subvencións máximas e poderán ser reducidas, por proposta da Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, en función da realización dos programas propostos, por limitacións orzamentarias ou cando exista concorrencia doutras axudas oficiais.

Artigo 9º.-Reintegro da axuda e obriga de facilitar información.

O interesado ten a obriga do reintegro, total ou parcial, da subvención ou axuda pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión. Así mesmo ten a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, así como as que lle sexan solicitadas por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

Artigo 10º.-Modificación da resolución de concesión.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 11º.-Xustificacións.

Os beneficiarios deberán comunica-la finalización da execución das actividades subvencionables antes do 15 de novembro, preferentemente á delegación provincial da consellería, xuntando os xustificantes orixinais de investimento e unha memoria explicativa sobre a súa realización, se é o caso.

Artigo 12º.-Financiamento.

As axudas que deriven da aplicación da presente orde financiaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, aprobados pola Lei 2/2002, do 29 de abril: 09.03.613-A.760.0 dotada para esta finalidade con 48.080,55 euros, 09.03.614-A.771.0

dotada para esta finalidade con 3.502.397,43 euros, 09.03.614-A.781.0 dotada para esta finalidade con 1.392.496,95 euros e 09.03.613-A.771.0 dotada para esta finalidade con 1.391.356 euros.

A Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria asignará unha contía de orzamentos a cada unha das liñas de axuda.

Así mesmo os importes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia cos que se financiarán estas axudas poderanse incrementar con fondos comunitarios, estatais ou autonómicos achegados para o efecto.

Estas axudas son cofinanciadas polo Feoga-Orientación nun 75%.

Capítulo II

Axudas de apoio técnico ó sector gandeiro

Artigo 13º.-Programas de xestión zootécnica.

Establécense axudas destinadas ás asociacións de gandeiros e as súas federacións recoñecidas oficialmente na Comunidade Autónoma de Galicia dirixidas á realización de programas de xestión zootécnica.

Criterios de admisión: non se subvencionará ningún programa que non cumpra os requisitos mínimos seguintes:

1. Que exista como mínimo a contratación con dedicación en exclusividade dun técnico facultativo.

2. Acadar a lo menos 2 puntos trala aplicación do seguinte baremo:

a) Contribución á mellora da eficacia e profesionalidade das explotacións: 1 punto. Valorarase mediante a análise, polos servicios técnicos da consellería, do programa presentado, comprobando que teñan repercusión positiva e directa na modalidade productiva que se trate de mellorar, coincidente coa aptitude productiva dos animais e a actividade declarada polo titular da explotación.

b) Contribución á viabilidade das explotacións a longo prazo: 1 punto. Valorarase mediante a análise, polos servicios técnicos da consellería, da repercusión do programa sobre as posibilidades de comercialización dos productos, tanto influíndo sobre as datas de maior producción como as de mellor prezo ou sobre a calidade dos productos.

c) Contribución á diversificación productiva das explotacións: 1 punto. Valorarase mediante a análise, polos servicios técnicos da consellería, da incidencia do programa na posibilidade de obtención de diferentes productos gandeiros ou diferentes modalidades do producto.

3. No caso de programas de gando vacún, deberán ter un mínimo de 1.300 reses e 50 explotacións, como norma xeral. Unicamente se exceptuarán do cumprimento deste requisito, e consecuentemente do esixido no punto 1 deste artigo, aquelas asociacións que integren un número menor ó establecido para os censos de reses ou explotacións bovinas, sempre que existan situacións de dispersión xeo

gráfica das explotacións, especiais situacións que impidan acada-los ditos mínimos ou situacións sanitarias especiais que fagan necesaria a aplicación de programas de control específicos estimados pola Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria.

4. No suposto de programas de gando vacún, que polo menos o 30% das explotacións con orientación productiva leiteira da agrupación solicitante estean en control leiteiro oficial.

Cuantificación da subvención: a contía das axudas poderá acadar ata un 70% dos custos na contratación de persoal e servicios técnicos.

Establécense os seguintes custos máximos para a contratación de persoal ou servicios técnicos:

Licenciado: 30.172,06 euros.

Diplomado: 25.325,35 euros.

Bacharelato, FP 2º grao ou equivalente: 21.164,26 euros.

Graduado escolar, FP 1º grao ou equivalente: 17.138,86 euros.

Certificado de escolaridade: 15.349,14 euros.

En todo caso para os programas de reproducción non poderá exceder de 18 euros por explotación e mes, e 0,70 euros por vaca e mes; e para os programas de podoloxía 21 euros por explotación e ano, e 4,80 euros por res e ano.

Tendo en conta os límites establecidos nos parágrafos anteriores subvencionaranse nas mesmas porcentaxes os investimentos debidamente xustificados ata o reparto total do importe orzamentario dedicado a financiar estes programas entre as solicitudes admitidas.

Os solicitantes deberán presentar un programa zootécnico que deberá ser aprobado pola consellería, o cal virá acompañado dun programa sanitario.

Artigo 14º.-Programas de planificación zoosanitaria.

Establécense axudas dirixidas a Agrupacións de Defensa Sanitaria recoñecidas oficialmente pola consellería para a realización de programas de planificación zoosanitaria.

Criterios de admisión: estar recoñecidas como Agrupacións de Defensa Sanitaria pola consellería, inscritas no rexistro e cun programa oficial aprobado.

Os solicitantes deberán presentar un programa zoosanitario que deberá ser aprobado pola consellería.

Deberán dispor de polo menos un facultativo veterinario contratado responsable de desenvolve-las funcións sanitarias relacionadas cos programas aprobados, e que estea recoñecido pola consellería.

Cuantificación do importe da subvención: a contía das axudas poderá acadar ata un 70% dos custos na contratación de persoal técnico e ata un 30% dos custos na adquisición de material.

O cálculo do citado importe de subvención farase do seguinte xeito:

a) Contrato de técnico responsable da supervisión e execución do programa sanitario:

-Un 70% do contrato do técnico no caso de contratos en exclusividade.

-Un 50% do contrato do técnico no caso de contratos sen exclusividade.

Establécese un módulo neto máximo de subvención por contrato técnico de:

-6.300 euros para ADS cun censo gandeiro menor de 1.500 UGM.

-21.000 euros para o resto das ADS, subvencionándose como máximo un contrato técnico por cada:

* 4.000 UGM en gando vacún para a primeira contratación.

* 10.000 UGM en gando vacún para as seguintes contratacións.

* 4.000 UGM en gando ovino e cabrún.

* 8.000 UGM en gando porcino.

* 8.000 UGM en avicultura.

* 4.500 UGM en cunicultura.

* 8.000 UGM en peletería.

b) Programas de planificación zoosanitaria:

Os criterios obxectivos de reparto serán proporcionais ás dimensións do programa sanitario respecto da especie e número de animais abarcados, así coma os distintos aspectos sanitarios previstos, valorándose o mesmo do xeito seguinte:

-Subvencionarase o 30% dos investimentos feitos en programas sanitarios para aquelas agrupacións de porcino que no seu proxecto presenten un programa sanitario que inclúa:

* Programa de control serolóxico preventivo de introducción de enfermidades de especial transcendencia (PPA, PPC, EVP).

* Programas vacinais varios incluíndo enfermidades de obrigada vacinación ( Aujezsky).

* Programa de desparasitación.

* Programa de limpeza, desinfección e desinsectación.

-Subvencionarase o 25% dos investimentos feitos en programas sanitarios para aquelas agrupacións de peletería e avícolas que no seu programa sanitario inclúan:

* Programas de control específicos contra determinadas enfermidades con toma de mostras (salmonella e micoplasma en aves, aleutian en visóns, etc.).

* Programas vacinais varios.

* Programa de desparasitación.

* Programa de limpeza, desinfección e desinsectación.

-Subvencionarase o 20% dos investimentos feitos en programas sanitarios para aquelas agrupacións

das especies bovina, ovina, cabrúa, equina, cunícola e piscícola con programas sanitarios que inclúan:

* Programa de loita contra enfermidades inespecíficas con toma de mostras.

* Programas vacinais varios.

* Programa de desparasitación.

* Programa de limpeza, desinfección e desinsectación.

A cuantificación dos importes de subvención anteriores terán como límite máximo o establecido para cada agrupación. O dito límite calcularase en función da súa dimensión (número de UGM implicadas) e o valor que se estableza para cada UGM. Este valor será o resultante de dividi-la dotación orzamentaria dispoñible para o financiamento dos programas sanitarios, entre tódalas unidades censais das agrupacións solicitantes. No caso de agrupacións de porcino subiranse os ditos límites un 15%.

No caso de que reste un remanente orzamentario pola aplicación dos límites especificados no anterior parágrafo, repartirase proporcionalmente entre aquelas agrupacións nas que non se supere o citado límite máximo, incrementándose as porcentaxes do 30%, 25% ou 20% de financiamento dos programas sanitarios.

Artigo 15º.-Actividades de fomento, difusión, profesionalización e especialización do sector gandeiro galego.

Establécense axudas dirixidas a asociacións de gandeiros ou as súas federacións formalmente constituídas e recoñecidas oficialmente, así como a entidades locais e a outras entidades, como as sen ánimo de lucro, relacionadas co sector agrario, destinadas a sufraga-los custos derivados da organización de competicións, exposicións e concursos de gando da raza bovina frisona e das razas autóctonas de Galicia, e dos derivados da realización de actividades de profesionalización e especialización do sector gandeiro.

Criterios de admisión: os solicitantes deberán acadar 12 puntos trala aplicación do seguinte baremo:

a) Asociacións de gandeiros e entidades de ámbito autonómico ou superior: 10 puntos.

b) Asociacións de gandeiros e entidades de ámbito provincial: 5 puntos.

c) Asociacións de gandeiros e entidades de ámbito inferior ó provincial: 2 puntos.

d) Entidades locais: 5 puntos.

e) Representatividade da entidade solicitante respecto do sector e da actividade no ámbito xeográfico no que a desenvolve: 10 puntos.

Cuantificación da subvención: a contía das axudas poderá acadar ata un 100% dos custos da realización destas actividades.

A contía máxima para a realización das actividades de fomento e difusión do sector gandeiro galego está

en función do seu ámbito xeográfico e son as seguintes:

a) Ámbito autonómico: 18.000 euros.

b) Ámbito provincial: 6.000 euros.

c) Ámbito local: 3.000 euros.

Tendo en conta os límites establecidos nos parágrafos anteriores subvencionaranse nas mesmas porcentaxes os investimentos debidamente xustificados ata o reparto total do importe orzamentario dedicado a financiar estes programas entre as solicitudes admitidas.

O solicitante debe presenta-lo programa da actividade que haberá de ser aprobado pola consellería.

As actividades de profesionalización e especialización do sector gandeiro deberán gardar relación cos programas de xestión zootécnica, de planificación zoosanitaria, de apoio ós libros xenéticos, de control de rendementos ou cos programas de cría aprobados de acordo coa presente orde.

As actividades de fomento e difusión do sector gandeiro galego deberán ter como actividade principal a gandeira, e deben ter como fins o fomento e a difusión da raza bovina frisona e razas autóctonas de Galicia.

Artigo 16º

A contía total de axudas concedidas por este capítulo non poderá supera-los 100.000 euros por beneficiario nun mesmo período de tres anos ou, tratándose de axudas concedidas a explotacións que respondan á definición de pequenas e medianas empresas da Comisión (DO L 107 de 30.4.1996, p.4.), non poderá superar un 50% dos custos subvencionables, segundo cal sexa a cifra máis favorable. Para o cálculo da contía da axuda, considerarase que o beneficiario é a persoa á que se lle prestan os servicios.

Capítulo III

Axudas á mellora da calidade xenética

do sector gandeiro

Artigo 17º.-Axudas de apoio ós libros xenéticos da raza bovina frisona e das razas autóctonas de Galicia.

Establécense axudas dirixidas ás asociacións de gandeiros ou as súas federacións, recoñecidas oficialmente no ámbito da Comunidade Autónoma, da raza bovina frisona e das razas autóctonas de Galicia destinadas a sufraga-los custos administrativos correspondentes á creación e mantemento dos libros xenéticos.

Criterio de admisión: que as asociacións de gandeiros ou as súas federacións, recoñecidas oficialmente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia da raza bovina frisona e das razas autóctonas de Galicia xestionen o libro xenético.

Cuantificación da subvención: a contía das axudas será o 100% dos custos administrativos correspondentes á creación e mantemento de libros xenéticos, non superando 162.500 euros por libro.

Os solicitantes deberán presentar xunto coa solicitude unha memoria pormenorizada do programa que pretendan desenvolver que deberá ser aprobado pola consellería.

Artigo 18º.-Axudas destinadas á realización de probas para determina-la calidade xenética ou o rendemento do gando vacún leiteiro.

Establécense axudas dirixidas ás asociacións de gandeiros ou as súas federacións, recoñecidas oficialmente no ámbito da Comunidade Autónoma da raza bovina frisona destinadas á realización de probas para determina-la calidade xenética ou o rendemento do gando vacún leiteiro.

Criterio de admisión: as asociacións deben realiza-lo control de rendementos en tódalas explotacións do seu ámbito xeográfico que estean inscritas no libro xenético da raza.

Cuantificación da subvención: a contía das axudas poderá acadar ata o 70% dos custos derivados da realización de probas destinadas a determina-la calidade xenética ou o rendemento do gando vacún leiteiro.

As asociacións percibirán os importes máximos seguintes por explotación e mes controlado en función do número de explotacións acollidas:

Menos de 250 explotacións: 42,32 euros.

Entre 250 e 500 explotacións: 30,31 euros.

Entre 501 e 1.000 explotacións: 21,30 euros.

Entre 1.001 e 2.000 explotacións: 19,50 euros.

Entre 2.001 e 3.000 explotacións: 18,30 euros.

Entre 3.001 e 4.000 explotacións: 16,79 euros.

Tendo en conta os límites establecidos nos parágrafos anteriores subvencionaranse nas mesmas porcentaxes os investimentos debidamente xustificados ata o reparto total do importe orzamentario dedicado a financiar estes programas entre as solicitudes admitidas.

Os solicitantes deberán presentar xunto coa solicitude unha memoria pormenorizada do programa que pretendan desenvolver que deberá ser aprobado pola consellería.

As probas para determina-la calidade xenética ou o rendemento do gando vacún leiteiro deberán te-la consideración de oficiais.

Artigo 19º.-Axudas destinadas á realización de programas de cría de animais.

Establécense axudas dirixidas a gandeiros da Comunidade Autónoma, da raza bovina frisona e das razas autóctonas de Galicia para desenvolver programas de cría de animais que teñan por obxecto a aplicación a nivel da súa explotación de prácticas ou técnicas innovadoras nesta materia.

Criterios de admisión: ganderías que teñan os seus animais inscritos no libro xenético da raza correspondente e que desenvolvan o programa de cría establecido pola asociación de criadores dela, no caso do gando frisón ademais deberán realiza-lo control leiteiro oficial.

Cuantificación da subvención: a contía das axudas poderá acadar ata un 40% dos custos subvencionables de implantación a nivel de explotación de programas que desenvolvan técnicas ou prácticas innovadoras no ámbito da cría de animais.

Debido á complexidade da xustificación documental individual dos custos derivados do desenvolvemento destes programas, e trala súa análise económica, establecerase unha tarifación deles. Neste sentido determinaranse aquelas metas intermedias que resulten claves de cara á eficacia do programa deseñado e que, en consecuencia, necesariamente impliquen o desenvolvemento do mesmo. Con base nestas e unha vez comprobada a execución do programa, determinaranse os importes unitarios por meta intermedia.

Tendo en conta os límites establecidos nos parágrafos anteriores subvencionaranse nas mesmas porcentaxes os investimentos debidamente xustificados ata o reparto total do importe orzamentario dedicado a financiar estes programas entre as solicitudes admitidas.

Os solicitantes deberán comprometerse a cumprir co programa que, para tal fin, elabore a asociación de criadores da raza considerada. Debendo ser aprobado previamente pola consellería.

Capítulo IV

Artigo 20º.-Documentación.

Os solicitantes deberán presenta-la seguinte documentación dependendo da liña de axuda solicitada:

1. Programas de xestión zootécnica.

-Solicitude segundo o anexo I.

-Acreditación da personalidade xurídica da entidade solicitante.

-Acreditación da representatividade do solicitante.

-Fotocopia cotexada do código de identificación fiscal.

-Relación informatizada de socios no programa de xestión zootécnica, segundo o anexo VII.

-Certificado orixinal da entidade financeira sobre a titularidade da conta na que se solicita o ingreso do importe da axuda.

-Certificados da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e da Consellería de Economía e Facenda acreditativos de atoparse ó corrente das súas obrigas tributarias e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ou, se é o caso, cubrir, debi

damente asinada, a autorización que figura no anexo VIII, para os efectos de que a consellería os poida solicitar por vía informática.

-Certificado da Seguridade Social que acredite estar ó día nas obrigas con ela.

-Declaración do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

-Memoria do programa zootécnico de actuación que se pretende desenvolver, obxectivos, orzamento pormenorizado e prazo de execución.

-Contrato en exclusividade dos técnicos responsables da súa execución.

-Declaración de dedicación en exclusividade das contratacións de técnicos.

-Fotocopia cotexada do título dos técnicos responsables da súa execución.

2. Programas de planificación zoosanitaria.

-Solicitude segundo o anexo II.

-Acreditación da personalidade xurídica da entidade solicitante.

-Acreditación da representatividade do solicitante.

-Relación informatizada de socios no programa de planificación zoosanitaria, segundo o anexo VII.

-Fotocopia cotexada do código de identificación fiscal.

-Documento que acredite a representación da persoa que actúa en nome da entidade solicitante e conformidade dos socios en asemblea para que a citada persoa asine a solicitude da axuda.

-Certificado orixinal da entidade financeira sobre a titularidade da conta na que se solicita o ingreso do importe da axuda.

-Certificados da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e da Consellería de Economía e Facenda acreditativos de atoparse ó corrente das súas obrigas tributarias e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ou, se é o caso, cubrir, debidamente asinada, a autorización que figura no anexo VIII, para os efectos de que a consellería os poida solicitar por vía informática.

-Certificado da Seguridade Social que acredite estar ó día nas obrigas con ela.

-Declaración do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

-Memoria do programa de actuación que se pretende desenvolver, obxectivos, orzamento pormenorizado e prazo de execución.

-Contrato dos técnicos responsables da súa execución. E, se é o caso, declaración da dedicación profesional exclusiva para a Asociación de Defensa Sanitaria.

-Fotocopia cotexada do título dos técnicos responsables da súa execución.

-Factura proforma dos materiais para adquirir, se é o caso.

3. Actividades de fomento, difusión, profesionalización e especialización do sector gandeiro galego.

-Solicitude segundo o anexo III.

-Acreditación da personalidade xurídica da entidade solicitante.

-Acreditación da representatividade do solicitante.

-Fotocopia cotexada do código de identificación fiscal.

-Certificado orixinal da entidade financeira sobre a titularidade da conta na que se solicita o ingreso do importe da axuda.

-Programa da actividade que se pretende desenvolver: programa, orzamento pormenorizado, número de prazas, lugar e data de realización.

-Certificados da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e da Consellería de Economía e Facenda acreditativos de atoparse ó corrente das súas obrigas tributarias e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ou, se é o caso, cubrir, debidamente asinada, a autorización que figura no anexo VIII, para os efectos de que a consellería os poida solicitar por vía informática.

-Certificado da Seguridade Social que acredite estar ó día nas obrigas con ela.

-Declaración do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

4. Axudas de apoio ós libros xenéticos da raza bovina frisona e das razas autóctonas de Galicia.

-Solicitude segundo o anexo IV.

-Acreditación da personalidade xurídica da entidade solicitante.

-Acreditación da representatividade do solicitante.

-Fotocopia cotexada do código de identificación fiscal.

-Certificado orixinal da entidade financeira sobre a titularidade da conta na que se solicita o ingreso do importe da axuda.

-Certificados da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e da Consellería de Economía e Facenda acreditativos de atoparse ó corrente das súas obrigas tributarias e de non ter pendente

de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ou, se é o caso, cubrir, debidamente asinada, a autorización que figura no anexo VIII, para os efectos de que a consellería os poida solicitar por vía informática.

-Certificado da Seguridade Social que acredite estar ó día nas obrigas coa mesma.

-Declaración do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

-Memoria do programa de actuación que se pretende desenvolver, obxectivos, orzamento pormenorizado e prazo de execución.

-Avaliación económica dos investimentos que se van realizar.

-Avaliación económica da subvención solicitada.

5. Axudas destinadas á realización de probas para determina-la calidade xenética ou o rendemento do gando vacún leiteiro.

-Solicitude segundo o anexo V.

-Acreditación da personalidade xurídica da entidade solicitante e os seus estatutos, se é o caso.

-Acreditación da representatividade do solicitante.

-Fotocopia cotexada do código de identificación fiscal.

-Certificado orixinal da entidade financeira sobre a titularidade da conta na que se solicita o ingreso do importe da axuda.

-Certificados da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e da Consellería de Economía e Facenda acreditativos de atoparse ó corrente das súas obrigas tributarias e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ou, se é o caso, cubrir, debidamente asinada, a autorización que figura no anexo VIII, para os efectos de que a consellería os poida solicitar por vía informática.

-Certificado da Seguridade Social que acredite estar ó día nas obrigas con ela.

-Declaración do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

-Memoria do programa de actuación que se pretende desenvolver, obxectivos, orzamento pormenorizado e prazo de execución.

-Avaliación económica dos investimentos que se van realizar.

-Avaliación económica da subvención solicitada.

6. Axudas destinadas á realización de programas de cría de animais.

-Solicitude segundo o anexo VI no que se compromete a cumprir coas prácticas e técnicas innovadoras do programa elaborado pola asociación da raza considerada e aprobado pola consellería. Así mesmo comprometerase a cumprir na súa explotación coas normas mínimas estatais e comunitarias en materia sanitaria, de identificación, de alimentación, de ambiente, hixiene e benestar dos animais.

-Fotocopia cotexada do DNI ou NIF.

-Certificado orixinal da entidade financeira sobre a titularidade da conta na que se solicita o ingreso do importe da axuda.

-Certificados da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e da Consellería de Economía e Facenda acreditativos de atoparse ó corrente das súas obrigas tributarias e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ou, se é o caso, cubrir, debidamente asinada, a autorización que figura no anexo VIII, para os efectos de que a consellería os poida solicitar por vía informática.

-Certificado da Seguridade Social que acredite estar ó día nas obrigas con ela.

-Declaración do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

-Fotocopia cotexada da última acreditación sanitaria da explotación, se é o caso.

-Certificado do libro xenealóxico dos animais inscritos, se é o caso.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria para dicta-las normas necesarias para o mellor cumprimento e desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2002.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural