Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 23 de xullo de 2002 Páx. 11.528

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Policlínico de Vigo, S.A. (Povisa).

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Policlínico de Vigo, S.A. (Povisa), con nº de código 3601032, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-6-2002, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa e da parte social polo comité de empresa, con data 30-5-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 18 de xuño de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa

Policlínico de Vigo, S.A. (Povisa)

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regulará as relacións de traballo entre a empresa Policlínico de Vigo, S.A. (Povisa) e o persoal dependente desta.

Artigo 2º.-Carácter.

O convenio ten carácter de mínimo necesario e indivisible para tódolos efectos, no sentido de que as condicións pactadas nel constitúen un todo orgánico, e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas global e conxuntamente vinculadas á totalidade.

Artigo 3º.-Compensacións e absorcións.

As condicións económicas establecidas neste convenio, consideradas no seu conxunto, poderán ser compensadas coas xa existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a súa orixe ou causa.

Así mesmo, poderán ser absorbidas por calquera outra condición superior, que fixada por disposición legal, convenio colectivo, etc., puidese aplicarse no sucesivo.

Artigo 4º.-Aplicación preferente.

As disposicións que contén este convenio aplicaranse con preferencia a calquera outras e, en todo caso, será de aplicación supletoria a correspondente lexislación laboral vixente.

Artigo 5º.-Vixencia e duración.

Independentemente da súa publicación no BOP, o presente convenio producirá efectos económicos a partir do día 1 de xaneiro de 2002 e ata o 31 de decembro de 2003.

Así mesmo, ós traballadores/as seranlles de aplicación tódolos acordos deste convenio durante o mesmo período. O presente convenio, acabada a súa vixencia, continuará en vigor na súa totalidade ata que sexa substituído por outro convenio.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Para examinar e resolver cantas cuestións se deriven da interpretación, vixencia e aplicación deste convenio, a mesa negociadora constitúe unha comisión paritaria integrada por un membro de cada sección sindical con representación no comité de empresa e o mesmo número de membros pola dirección. Na súa primeira xuntanza escollerase o presidente/a e o secretario/a.

A comisión paritaria terá as seguintes funcións:

-Resolución de cantos asuntos ou reclamacións se sometan á súa consideración, así como de calquera das condicións establecidas neste convenio.

-Vixilancia do cumprimento colectivo e total do pactado e atención das denuncias de incumprimento deste.

No caso de non acadarse acordo sobre algún asunto ou reclamación, as partes poderán acordar, por unanimidade, acudir ó procedemento recollido no Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA).

Tanto a dirección como o persoal están obrigados a facilita-las tarefas e a cooperar coa comisión paritaria para o mellor desenvolvemento desta.

Artigo 7º.-Condicións máis beneficiosas.

Serán respectadas na súa totalidade estrictamente ad personam aquelas condicións máis beneficiosas que teña o traballador/a concedidas pola empresa por pacto ou costume.

Capítulo II

Remuneracións

Artigo 8º.-Estructura salarial.

Salario: enténdese como estructura salarial a totalidade dos conceptos que conforman o salario e que se relacionan a continuación, sen prexuízo dos dereitos á súa percepción por cada traballador/a en función do seu devengo e da particular regulación que cada concepto ten no presente convenio.

-Salario base.

-Complementos.

Persoais:

* Antigüidade: nos termos establecidos no artigo 10º.

* Complemento extrasalarial.

* Gardería.

* Gratificación persoal: este concepto engloba as retribucións denominadas gratificación especial, complemento voluntario e outras gratificacións.

Posto de traballo:

* Complemento de nocturnidade.

* Complemento de xornada partida.

* Complemento de risco.

* Complemento de especialidade.

* Gratificación categoría.

* Xefatura.

* Coordinadores/as e supervisores/as.

Calidade-cantidade:

* Incentivos.

* Gardas.

* Horas extraordinarias.

-Suplidos.

* Complemento de transporte e distancia.

-Gratificacións extraordinarias.

* Paga de abril.

* Paga de xullo.

* Paga de setembro.

* Paga de decembro.

Os complementos de posto de traballo que teñan a súa orixe nun nomeamento específico realizado pola empresa irán indisolublemente unidos ó desempeño da función e durante a vixencia do nomeamento.

Con independencia do establecido no parágrafo anterior, durante a vixencia deste convenio respectaranse, na súa contía, as gratificacións persoais e complementos extrasalariais que o traballador/a veña percibindo na actualidade, en categorías de enfermeiro/a e inferiores.

Artigo 9º.-Remuneracións.

a) O persoal afectado por este convenio, segundo as categorías, terá que se rexer polos salarios que se relacionan na táboa salarial anexa ó texto deste convenio. Para iso establécese para o primeiro ano de vixencia (2002), un incremento porcentual dun 3,5% (tres e medio por cento) sobre a táboa salarial de 2001, incluída a revisión salarial aplicada.

b) Se durante o primeiro ano de vixencia o IPC (índice de prezos ó consumo), oficial estatal, superase o 2% (dous por cento) unha vez constatado este extremo, actualizaríase a táboa salarial de 2002, aplicando á táboa de 2001, incluída a revisión salarial realizada, a diferencia de porcentaxe resultante, servindo de base, a táboa de salarios así calculada, para o incremento salarial de 2003. As diferencias que puidesen resultar sobre o xa aboado, pagaríanse antes de 30 días a partir da publicación oficial do devandito IPC.

c) Para o segundo ano de vixencia (2003), procederase a incrementa-la táboa salarial resultante, se é o caso, para 2002, co valor do IPC (índice de prezos ó consumo) estatal previsto polo Goberno, máis un punto e medio con efectos económicos do 1 de xaneiro de 2003. No caso de que o IPC (índice de prezos ó consumo ) estatal real supere o previsto, unha vez constatado este extremo, actualizarase a táboa salarial de 2003, aboándose a posible diferencia na forma indicada para o ano anterior.

d) A liquidación das nóminas do persoal levarase a efecto a finais do mes seguinte ó que correspondan, cubrindo a mensualidade de demora cunha entrega a conta, por tempo indefinido, equivalente a unha mensualidade teórica e actualizándose anualmente co incremento por convenio do exercicio correspondente.

Artigo 10º.-Antigüidade.

Ata o 30 de xuño de 1998, todo o persoal afectado por este convenio percibirá un complemento de antigüidade consistente nun sete por cento do seu salario por cada trienio cumprido, desde a súa data de ingreso na empresa.

A partir do 1 de xullo de 1998, o traballador/a manterá a antigüidade que percibe, incrementándose esta coa parte proporcional do trienio devengado e non percibido ó 30 de xuño de 1998. O importe resultante manterase como un complemento retributivo ad personam, extinguíndose xuntamente co cesamento do traballador/a na empresa. O dito complemento retributivo ad personam reflectirase nos recibos oficiais de salarios coa denominación de antigüidade consolidada.

Para compensa-la desaparición do complemento de antigüidade nos termos citados, a todo o persoal afectado por este convenio aplicaráselle para a totalidade dos niveis profesionais da táboa salarial anexa e de forma proporcional á xornada de traballo realizada, unha compensación económica, como complemento persoal, nos termos sinalados na táboa que a continuación se presenta, consolidando a partir do ano 2006 un incremento lineal de 25.000 pesetas mensuais, incrementadas no IPC que se aplicase desde o ano 2000 ó 2005, ambos incluídos, e o importe do cal incrementará o soldo base vixente no ano 2006 de todo o cadro de persoal existente na empresa.

O persoal de nova incorporación, contratado a partir do 1 de xullo de 1998, percibirá desde o 1 de xaneiro de 1999 o complemento persoal reflectido na táboa anexa.

Este complemento sinalado aboarase en doce meses ata o ano 2005, con exclusión das gratificacións extraordinarias establecidas no artigo 11º do presente convenio.

Ano 1999: 3.000 pesetas ó mes.

Ano 2000: 6.000 pesetas ó mes máis IPC ano anterior.

Ano 2001: 9.000 pesetas ó mes máis IPC ano anterior.

Ano 2002: 13.000 pesetas ó mes máis IPC ano anterior.

Ano 2003: 17.000 pesetas ó mes máis IPC ano anterior.

Ano 2004: 21.000 pesetas ó mes máis IPC ano anterior.

Ano 2005: 25.000 pesetas ó mes máis IPC ano anterior.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense catro gratificacións extraordinarias do 15 de abril, 15 de xullo, 15 de setembro e 15 de decembro, consistente cada unha delas nunha mensualidade de soldo base, incrementado coa antigüidade recoñecida, complemento extrasalarial e gratificación categoría, rateándose en función do tempo de servicio no período a que corresponde.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

Aboaranse na contía que se sinala na táboa anexa ó texto do convenio, coa recarga dun 30% para nocturnidade, 25% para medicina nuclear e 20% para radioloxía.

A iniciativa do traballo en horas extraordinarias corresponderá á dirección e á libre aceptación ou denegación do traballador/a, a excepción daqueles casos que por considerarse de urxencia ou emerxencia estará obrigado a realizar. Se o persoal afectado se considerase prexudicado ante posibles valoracións de urxencia por parte da dirección, pode recorrer ante o comité, que iniciará as accións oportunas.

As comunicacións de horas extraordinarias serán feitas por escrito e asinadas polo xefe/a do servicio ou sección respectiva.

As horas extraordinarias non poden en ningún caso ser fixas na súa contía, nin periódicas no seu devengo, nin aplicables en forma acumulada e dunha soa vez; ademais procurarase que sexan repartidas equitativamente entre todo o persoal do servicio ou sección respectiva.

Artigo 13º.-Complemento de risco.

O persoal que exclusiva ou preferentemente preste servicios en radioloxía e medicina nuclear percibirá un complemento de risco consistente nun 20% e un 25%, respectivamente, do seu soldo base, complemento extrasalarial e antigüidade recoñecida.

Artigo 14º.-Complemento de especialidade.

Todo o persoal que, en posesión do certificado correspondente expedido por Policlínico de Vigo, S.A. (Povisa) como consecuencia dos cursos que vén realizando e preste os seus servicios exclusiva ou preferentemente no servicio a que corresponda a dita especialidade, percibirá mensualmente a cantidade de 6,01 euros.

Artigo 15º.-Complemento de nocturnidade.

Establécese un complemento de nocturnidade na contía dun 30% sobre o salario base de cada traballador/a, o cal se percibirá sobre as horas efectivas traballadas, entendéndose ó respecto como xornada nocturna, a comprendida entre as vintedúas e as oito horas.

Artigo 16º.-Complemento de distancia e transporte.

Policlínico de Vigo, S.A. aboará durante a vixencia deste convenio a tódolos traballadores/as que residan

habitualmente fóra do núcleo urbano de Vigo a cantidade de 0,06 euros por quilómetro diariamente percorrido desde o seu domicilio ata o núcleo urbano e viceversa, co límite de 2,10 euros.

Policlínico de Vigo, S.A. aboará así mesmo a tódolos seus traballadores/as un complemento de transporte mensual, a contía do cal establécese na táboa de salarios anexa.

Artigo 17º.-Complemento de festivos e domingos.

Por cada festivo traballado, estatal, nacional ou local, o traballador/a percibirá un complemento de festivo, consistente na contía de 9 euros, quedando excluídos do dito complemento aqueles traballadores/as que fosen contratados a tempo parcial, para realiza-la súa xornada de traballo nos ditos festivos, así como os que a realizan e perciben a súa retribución polo concepto de garda.

O presente complemento aboarase a tódolos traballadores/as a xornada completa, sempre e cando, parte desta se desenvolva nos citados festivos, con independencia das horas traballadas.

Así mesmo, por cada catro domingos traballados, cando os traballadores/as realicen xornada completa en quendas de mañá e tarde percibirán un complemento de domingos consistente na contía de 6 euros, quedando excluídos do dito complemento aqueles traballadores/as que teñan sido contratados/as a tempo parcial, para realiza-la súa xornada en festivos e domingos, así como os que a realizan e perciben a súa retribución no concepto de garda, excepto o persoal de xornada reducida por maternidade.

Artigo 18º.-Incentivos.

Para premia-la dedicación, competencia, colaboración e puntualidade, o persoal, con excepción do director/a técnico, xefes/as de servicio, xefes/as de sección e facultativos, percibirá a retribución aboada pola empresa en concepto de incentivo, cunha contía mínima mensual que poderá variar entre 05, 10, 15 e 20 por cento, sobre os salarios establecidos no anexo deste convenio. O 5% de incentivos considerarase fixo, e perderíase totalmente polos motivos seguintes:

a) Acumulación de demoras que resulten superiores a sesenta minutos ó mes.

b) Unha falta de xornada inxustificada.

c) Seis demoras inferiores a quince minutos cada unha e por mes, durante tres meses consecutivos. O incentivo descontarase no cuarto mes.

d) Tres veces por faltas ou ausencias de xornadas completas no mesmo mes, xustificadas posteriormente.

e) Sanción con amoestación ou suspensión de emprego e soldo. Aínda cando a sanción fose modificada pola dirección, oído o comité de empresa, o incentivo que se conceda rebaixarase nun 0, 20, 40, 60, 80 ou 100 por cento.

Capítulo III

Xornada de traballo, permisos e excedencias

Artigo 19º.-Xornada de traballo.

Establécese con carácter xeral e en cómputo anual unha xornada máxima de mil setecentas corenta e

unha horas de traballo efectivo ó ano, distribuídas nas seguintes quendas:

1. Xornada continuada.

a) Os traballadores/as sometidos/as a quenda de mañá, tarde e noite, distribuirán a súa xornada en medias bimensuais de corenta e dúas horas de presencia e trinta e nove horas efectivas de traballo semanais. Na quenda nocturna, o persoal feminino e masculino que realice funcións sanitarias auxiliares, porteiros, celadores de portería e administrativos de urxencias, realizará a súa xornada diaria en días alternos, distribuíndose na forma que se viña realizando. As horas así distribuídas, que excedan das limitacións legais, serán compensadas na forma que se viña facendo e, ademais, por este concepto, este persoal terá dereito a dous días de descanso ó ano, que se disfrutarán preferentemente en período non vacacional.

A empresa fará coincidir os descansos deste persoal de xeito que disfrute, como mínimo, dun domingo ó mes e a este domingo, bimestralmente, seralle engadido un sábado, sen prexuízo dos posibles pactos entre empresa e traballadores/as.

O dito sábado será a conta dos festivos establecidos no calendario laboral e convenio colectivo.

b) Os traballadores/as sometidos a quenda de mañá e tarde distribuirán a súa xornada, semanalmente, da forma seguinte:

Corenta e unha horas de presencia e trinta e oito horas efectivas de traballo semanais.

A empresa fará coincidir os descansos deste persoal de modo que desfrute, como mínimo, dun domingo ó mes.

A seis destes domingos, aludidos no parágrafo anterior, engadiráselles un sábado cunha periodicidade máxima bimestral, sen prexuízo dos festivos establecidos no calendario laboral e convenio colectivo.

c) Todo o persoal sometido a quendas descansará trinta minutos diarios; este período é a diferencia entre as horas de presencia e as horas efectivas de traballo.

2. Xornada partida.

a) Os traballadores/as sometidos a xornada partida realizarán corenta horas semanais de presencia distribuídas da seguinte forma:

Trinta e oito horas e trinta minutos semanais efectivos de traballo e quince minutos diarios de descanso.

Este persoal terá dereito a desfrutar dun día de permiso retribuído, de acordo coas necesidades do servicio.

En cada servicio manteranse os horarios vixentes desde o 1 de xaneiro de 1990.

b) Está sometido ó réxime de xornada partida todo o persoal dos servicios e categorías que a continuación se relaciona:

Servicios: medicina nuclear, banco de sangue e queimados.

Categorías: licenciados, técnicos superiores, xefes (de servicio, negociado, taller, etc.), supervisores, encargados/as e subencargados/as, así como calquera outro cargo que entrañe mando.

c) Concédese a este persoal de xornada partida, un mes de xornada continuada, en quenda de mañá, que se desfrutará nos meses de xullo, agosto ou setembro, de acordo coas necesidades do servicio, cunha xornada semanal de corenta horas de presencia, distribuídas da seguinte forma:

De 8 a 16 horas ou de 7 a 15 horas.

O persoal que realice xornada continuada de 40 horas semanais de presencia e trinta e sete e media de traballo efectivo, terá dereito a desfrutar dun día de permiso retribuído de acordo co normal desenvolvemento do servicio.

A dirección da empresa, por necesidades organizativas ou de producción, poderá transforma-lo persoal de xornada continuada en non continuada, aboándolle durante os días que realice tal xornada o dez por cento do seu salario base diario.

Cando un traballador/a solicite, por motivos particulares, realiza-la xornada partida por un período de tempo determinado, a dirección poderá aceptar tal cambio, sen lle aboar a este o dez por cento que se sinala no punto anterior.

O desfrute dos descansos será concedido polos respectivos superiores de cada servicio, no momento máis conveniente, segundo as necesidades desta, entre as dez e as doce horas en quenda de mañá, entre as dezaoito e as vinte horas en quenda de tarde e entre as cero e as dúas horas en quenda de noite, salvo nos casos de emerxencia, caso no que, naturalmente, poderá variarse o citado horario.

Artigo 20º.-Licencias e permisos.

Os permisos retribuídos a que ten dereito o traballador/a serán os seguintes, segundo se indica:

1. No caso de falecemento do cónxuxe, compañeiro/a, pais, fillos/as e irmáns/ás: sete días.

2. No caso de enfermidade grave, intervención cirúrxica grave, debidamente acreditada, valorada polo médico de empresa, de cónxuxe, compañeiro/a, pais, nais, fillos/as e irmáns, irmás: de catro a sete días a xuízo da empresa.

3. No caso de enfermidade grave, debidamente acreditada, intervención cirúrxica grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade (avós/as, netos/as, pais políticos, fillos/as políticos, avós/as políticos, netos/as políticos/as e irmáns políticos): dous días, ampliables ata catro, cando con tal motivo o traballador/a necesite facer un desprazamento para tal efecto.

4. Por razón de casamento: quince días naturais.

5. Por parto de esposa ou compañeira, entendéndose sempre con convivencia debidamente acreditada: catro días laborables.

6. En caso de parto, o traballador/a terá dereito a unha pausa no seu traballo, dunha hora, ata que o seu fillo/a atinxa os nove meses. Esta pausa pode

rase dividir en dous períodos ou reducir en media hora a xornada laboral. O dereito á pausa ou reducción da xornada é optativo para o pai traballador.

No caso de que os dous membros da parella traballen no centro, só un deles poderá exercer este dereito.

7. No caso de adopción, o pai e a nai adoptantes desfrutarán dos mesmos dereitos que os pais naturais.

8. Por casamento de pais, nais, fillos/as, irmáns/ás, netos e avós/as, o traballador/a terá dereito ó día natural en que se produza o feito.

9. Por traslado do domicilio habitual: dous días naturais.

10. Para probas ou recoñecementos médicos en centros sanitarios, o tempo necesario, que deberá acreditar con xustificante médico.

11. Para consulta médica oficial, tres horas, que deberá acreditar con xustificante médico.

12. Licencia por cumprimento de deberes inescusables de carácter público ou persoal:

Para a realización destes deberes, os traballadores/as terán dereito á licencia polo tempo necesario para o seu cumprimento, sempre e cando non se poida facer fóra da xornada de traballo.

Para efectos do presente convenio, considéranse deberes inescusables de carácter persoal os seguintes: expedición ou renovación do DNI, carné de conducir, pasaporte, certificados e rexistros de organismos oficiais.

Citacións de xulgados, comisarías, gobernos civís e militares e revista militar.

13. Por realización de estudios, o traballador/a terá dereito a un permiso para concorrer ós exames; os ditos permisos comprenderán as dúas horas anteriores ás do exame e ata a súa finalización; cando o exame se celebre fóra de praza, o permiso será de 1 día natural se coincide coa súa xornada laboral.

Artigo 21º.-Excedencias.

1. Entenderase como excedencia a suspensión do contrato de traballo por un período de tempo determinado, de conformidade co establecido no Estatuto dos traballadores e posterior regulación.

2. A excedencia poderá ser forzosa, especial e voluntaria:

-Forzosa.

3. A excedencia forzosa, conforme os supostos que a continuación se regulan, dará efecto á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia.

Concederase excedencia forzosa ós traballadores/as designados ou electos para o desempeño dun cargo público representativo que imposibilite a asistencia ó traballo; así mesmo, poderán solicita-lo seu paso á situación de excedencia os traballadores/as que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

-Especial.

4. Os traballadores/as fixos na empresa terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza como por adopción, a contar desde a data de nacemento deste, ou a de acollida e/ou adopción, se é o caso. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de ata tres anos que, se é o caso, porá fin ó que se viñese desfrutando. En caso de traballaren ámbolos dous cónxuxes, só un deles poderá exercer este dereito.

O período en que o traballador/a permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste artigo será computable para efectos de antigüidade e o traballador/a terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional; á participación dos cales deberá ser convocado polo empresario, especialmente con ocasión da súa reincorporación. Durante os dous primeiros anos de excedencia, o traballador/a terá dereito á reserva do seu posto de traballo; transcorrido o dito prazo, a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo nivel ou equivalente.

5. En desenvolvemento do número 6 do artigo 46 do Estatuto dos traballadores, regúlase a continuación un suposto de excedencia que dará dereito á reserva do posto de traballo:

O traballador/a con polo menos un ano de antigüidade na empresa terá dereito a que se lle recoñeza en situación de excedencia, cunha duración que non será inferior a tres meses nin superior a un ano, sempre que a súa causa veña motivada por algunha das seguintes circunstancias:

a) Necesidade de atende-lo cónxuxe ou familiares, ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade, incapacitados por enfermidade grave ou diminución física ou psíquica.

b) Necesidade de tratamento médico por razóns de rehabilitación ou recuperación non comprendidos nunha situación de incapacidade temporal.

c) Realización de estudios relacionados co cometido profesional desempeñado ou a desempeñar na empresa, así como coa súa proxección profesional. Para este suposto o traballador/a deberá ter cando menos un antigüidade de dous anos na empresa.

Non poderá desfrutar desta excedencia, simultaneamente, máis do dez por cento da totalidade do persoal do centro de traballo.

Esta excedencia non poderá volver a ser solicitada polo traballador/a ata que transcorran tres anos desde o final da anterior.

-Voluntaria.

6. O traballador/a fixo/a con polo menos unha antigüidade na empresa de dous anos ten dereito a que se lle recoñeza situarse en excedencia voluntaria por un prazo mínimo de seis meses e máximo de cinco anos, logo de petición formulada cun mes de antelación. Este persoal terá dereito á incorporación inmediata á finalización da excedencia, sempre e cando a solicite cun mes de antelación, tempo de

preaviso para que a empresa poida encaixa-lo excedente.

Este dereito só poderá ser solicitado outra vez polo mesmo traballador/a se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

O persoal situado en excedencia con anterioridade á vixencia deste convenio rexerase polo convenio vixente no momento da solicitude.

No caso de se cubri-lo posto de traballo excedente, farase mediante suplencia interna, sempre e cando na empresa haxa persoal coa formación requirida para o posto.

O período inicial de excedencia só pode ser prorrogado ata o prazo máximo de cinco anos, cando exista pacto expreso entre a empresa e o traballador/a.

O período correspondente á excedencia non se computa para efectos de presencia efectiva na empresa.

A empresa, de acordo co previsto no artigo 64.1º do ET, facilitaralle información á representación legal dos traballadores/as sobre a relación de traballadores/as en situación de excedencia e o período destas.

Artigo 22º.-Festivos.

Ademais dos festivos establecidos no calendario laboral, establécense como festivos non recuperables os días 7 e 24 de decembro, Sábado Santo, Mércores de Cinza, Luns de Pascua, 24 de xuño, 17 de setembro, 17 de agosto, 14 de febreiro e o 2 de novembro.

Estes festivos poderanse desfrutar en calquera época do ano e de acordo coas necesidades do servicio.

No suposto de que os festivos establecidos por convenio coincidisen en domingo ou cos festivos do calendario laboral, acordarase anualmente, entre empresa e comité, dentro dos 30 días seguintes á publicación do calendario laboral de festas, o seu traslado ó día laboral inmediatamente anterior ou posterior.

Os festivos 7 e 24 de decembro, Sábado Santo, Mércores de Cinza, Luns de Pascua, 24 de xuño, 17 de setembro, 17 de agosto, 14 de febreiro e 2 de novembro, así como os estatais, nacionais e locais, cando coincidan coas vacacións do traballador/a, serán desfrutados de acordo coas quendas establecidas, excepto catro destes festivos que serán considerados de libre disposición, debendo solicitalos o traballador con, polo menos, quince días de antelación e sempre que non afecte o normal desenvolvemento do servicio.

Por cada tres meses que o traballador estea en situación de IT ou permiso non retribuído perderá o dereito ó exercicio da libre disposición dun destes festivos.

A dirección comprométese a concede-los días libres pendentes de desfrute, que se soliciten con quince días de antelación, sempre e cando non afecte normal desenvolvemento do servicio.

Os festivos que coincidan en sábado, ó persoal que realice a súa xornada de luns a venres, consideraranse de libre disposición, debendo solicitalos o traballador/a con polo menos quince días de antelación e sempre que non afecte o normal desenvolvemento do servicio.

Artigo 23º.-Vacacións.

Todo o persoal terá unha vacación anual retribuída de trinta e un días naturais a razón do seu soldo base, complemento extrasalarial, antigüidade recoñecida, complemento de especialidade, complemento de transporte, gratificación persoal, gratificación categoría, gardería e rateo dos tres últimos meses dos seguintes conceptos: incentivos, gardas, complemento de risco, complemento de nocturnidade e complemento de xornada partida.

Durante os anos 2002 e 2003, as vacacións desfrutaranse nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

O calendario das vacacións fixarase entre a dirección e o comité, de forma que cada traballador/a poida coñecer as datas que lle corresponden polo menos con dous meses de antelación á data do inicio do período vacacional.

Para iso establécense as seguintes normas:

-Con carácter xeral, as vacacións desfrutaranse desde o primeiro día natural do mes, ata o seu remate e para os meses de duración inferior a trinta e un días, ata completar estes, a diferencia de días considerarase de libre disposición para desfrutar cun preaviso de quince días, sempre e cando non afecte o normal desenvolvemento do servicio.

-O persoal contratado eventualmente desfrutará das vacacións que lle correspondan nos meses de outubro, novembro e decembro, sempre e cando non afecte o normal desenvolvemento do servicio.

-A empresa fará coincidir o desfrute das vacacións dos matrimonios e compañeiros que acrediten a convivencia e que traballen neste centro, dando preferencia de elección ó cónxuxe ou compañeiro con maior antigüidade no centro.

-Cando un traballador/a que se atope desfrutando das súas vacacións causa baixa por IT, que requira ingreso hospitalario superior a 24 horas, estas interromperanse.

-Os meses de outubro, novembro e decembro quedan destinados para aquelas persoas que no mes programado das súas vacacións estiveron de baixa por enfermidade.

-Para establecer unha orde dentro da programación de vacacións, tódolos cambios se efectuarán entre persoas do mesmo grupo e categoría e mediante comunicado escrito e asinado polas persoas.

-O desfrute das vacacións poderá fraccionarse en dous períodos por solicitude do traballador/a. No caso de que un dos períodos non poida ser desfrutado nos meses correspondentes ó planning, por necesidades do servicio, poderá ser solicitado nos oito meses restantes e de acordo co normal desenvolvemento do servicio.

-Os traballadores/as que voluntariamente desfruten as súas vacacións anuais nos meses de xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, outubro, novembro e decembro, veranse compensados cunha bolsa de vacacións de 180,30 euros (cento oitenta euros con trinta céntimos), agás os traballadores/as a tempo parcial que percibirán o dito importe proporcional á súa xornada de traballo.

-Cando solicite o desfrute voluntario nos ditos meses de quince días como mínimo, percibirá a cantidade de 90,15 euros (noventa euros con quince céntimos).

-O importe da dita bolsa aboarase na nómina do mes anterior ó desfrute das vacacións.

-Cando as vacacións, por solicitude do traballador/a, se desfruten en períodos quincenais e estes coincidan cos meses considerados como voluntarios, o traballador/a percibirá a bolsa de vacacións na nómina correspondente á segunda quincena.

-Todo traballador/a que solicite cambio ou fraccionamento das súas vacacións deberá facelo mediante comunicado escrito, con polo menos un mes de antelación ó mes que lle corresponda desfrutar por planning.

-Cando un traballador/a solicite cambio ou fraccionamento das súas vacacións, na forma e tempo establecido, de non ter resposta da dirección nun prazo máximo de quince días, entenderase concedida a petición. Cando esta sexa denegada, a dirección deberá comunicalo por escrito ó interesado, facendo consta-las causas da dita denegación.

-Cando un traballador/a considere que as causas que provocaron a denegación da súa petición de cambio ou fraccionamento das vacacións son arbitrarias ou non coincidan coa realidade, poderá recorrer á comisión paritaria co fin de que decida sobre a reclamación formulada.

-A empresa fará coincidi-las vacacións do persoal feminino en situación de baixa maternal, antes ou despois do permiso por maternidade, sempre e cando sexa solicitado pola traballadora, polo menos, con dous meses de antelación á data do inicio do período vacacional. Este mesmo dereito poderá exercelo o pai traballador sempre e cando acredite verdadeiramente tal circunstancia. Exceptuarase a obriga do preaviso para os supostos de adopción. Cando sexa denegada a dita petición, esta será estudiada pola comisión paritaria.

Artigo 24º.-Preaviso para o cesamento.

Todo o persoal afectado por este convenio, se pretendese cesar ó servicio da empresa, avisará por medio de escrito simple, cunha antelación mínima de quince días, agás o persoal titulado, que o fará cun mes. O que non o fixer así, perderá o dereito á percepción da liquidación que lle correspondese.

Artigo 25º.-Día de permiso retribuído.

Establécese un día de permiso retribuído, ademais dos que legalmente están establecidos, o cal se desfrutará, preferentemente, no período non vacacional.

Artigo 26º.-Permiso sen soldo.

Todo o persoal con máis de dous anos de antigüidade, sempre que sexa posible a súa substitución e que o solicite cun mes de antelación, salvo caso de urxencia en que poderá ser rebaixado este prazo, terá dereito a un permiso sen soldo de entre quince días e seis meses.

Quedará prohibido utiliza-lo dereito regulado no presente precepto para traballar en institucións sanitarias públicas ou privadas excluíndose o persoal que realiza unha xornada inferior ou igual ó 50%.

O permiso sen soldo de quince días a tres meses poderá ser solicitado polo traballador tódolos anos.

O traballador que solicitase un permiso sen soldo superior a tres meses, non poderá volver a exercer ese dereito ata que transcorresen como mínimo dous anos.

O dito permiso non poderá ser fraccionado e, durante o mesmo, o traballador/a permanecerá de baixa na Seguridade Social, repercutíndolle na debida proporción de ausencia ó traballo nas gratificacións extraordinarias e vacacións.

Artigo 27º.-Noite 24/31 de decembro.

O persoal que traballe a noite do 24 e/ou 31 de decembro descansará tres días naturais por cada unha destas noites. Estes días poderanse desfrutar en calquera época do ano e de acordo coas necesidades de cada servicio, podendo ser aboados, como horas extras, en caso de imposibilidade de concesión. Así mesmo, percibirá un complemento de 30,05 euros (trinta euros con cinco céntimos) independente dos 9 euros (nove euros) establecidos como complemento de festivos.

Artigo 28º.-Xubilación.

A xubilación será obrigatoria ós sesenta e cinco anos para o persoal afectado por este convenio, sempre e cando o traballador/a reúna un período mínimo de cotización que lle permita atinxi-lo oitenta por cento da base reguladora. Por cada xubilación obrigatoria, a empresa comprométese a facer un contrato indefinido, de igual xornada, dentro dos tres meses anteriores ou posteriores de se ter producido.

Artigo 29º.-Promoción do traballador/a.

As vacantes dos postos de traballo que se produzan por cesamento dun traballador/a fixo/a, así como as que se produzan por cambio de categoría e se acorde a provisión do posto de traballo pola dirección da empresa e os de nova creación, ofertaranse a todos os traballadores/as.

Para fixar estas convocatorias, así como as probas para realizar e a avaliación destas, constituirase unha comisión composta por tres membros do comité de empresa e tres representantes da dirección.

Esta comisión establecerá as bases da convocatoria e procederá á avaliación dos aspirantes, propoñendo á dirección da empresa o candidato que reúna os requisitos establecidos na convocatoria.

As convocatorias para toda praza vacante serán expostas no taboeiro de anuncios, por un período mínimo de dez días hábiles. Na convocatoria das prazas figurará:

-Número e características da praza.

-Condicións ou requisitos que deben reuni-los/as aspirantes.

-Probas selectivas que deberán realizarse, cando as características da praza o requiran.

-Período de tempo para entrega-las solicitudes.

-Horario, quenda, descansos semanais e servicio.

Criterios:

1. Traballadores/as fixos/as da mesma categoría e de xornada completa.

2. Traballadores/as fixos/as de distinta categoría e de xornada completa e traballadores/as fixos/as da mesma categoría e xornada reducida igual ou superior a 30 horas semanais.

3. Traballadores/as fixos/as de distinta categoría de xornada reducida igual ou superior a 30 horas semanais.

4. Traballadores/as fixos/as da mesma categoría de xornada reducida inferior a 30 horas semanais.

5. Traballadores/as fixos/as de distinta categoría de xornada reducida inferior a 30 horas semanais.

6. Traballadores/as con contrato temporal en vigor nos doce meses anteriores á data da convocatoria.

Unha vez valorados os resultados das probas, en igualdade de condicións, primará a antigüidade, entendendo como tal o tempo real de traballo na empresa.

Unha vez seleccionada a persoa para o posto, establecerase un período de proba de dous meses, con reserva de praza. Se é a empresa quen decide a volta ó posto orixinal, argumentará por escrito os motivos para que o traballador/a poida recorrelos.

No suposto de non se propoñer ningún candidato, ben por falta de presentación, ou por considerar non reuni-las condicións necesarias ningún dos presentados, procederase á contratación directa.

Terán preferencia ós ditos postos en igualdade de valoracións globais, primeiro os familiares dos traballadores/as e as persoas en situación de paro.

Todo traballador/a que sexa promocionado a un posto diferente, non poderá optar a outra promoción interna por un período de dous anos.

No suposto de que se trate de postos de mando e facultativos médicos, a dirección da empresa reserva para si o establecemento das probas e a súa avaliación.

De tódolos acordos adoptados levantará acta a empresa, asinada polos membros da comisión, e publicaranse os resultados.

Capítulo IV

Beneficios e melloras sociais

Artigo 30º.-Manutención.

No caso de que o persoal que preste os seus servicios en Policlínico de Vigo, S.A. o faga na moda

lidade de semi-interno, terá dereito á manutención durante o tempo que permaneza no centro.

O persoal de cociña, autoservicio e cafetería será considerado, para efectos de manutención, como semi-interno.

Cando por necesidades do servicio, calquera traballador/a, por solicitude da empresa, realice horas extraordinarias, durante as horas destinadas normalmente a manutención, Policlínico de Vigo, S.A. farase cargo desta.

Os traballadores/as que realicen quendas nocturnas terán dereito a unha pequena colación ás cero horas, consistente en bocadillo, froita, café e leite, conservado en adecuadas condicións hixiénicas.

Artigo 31º.-Autoservicio.

Os productos de consumo habituais acordados en actas do comité serán incrementados no IPC estatal para os anos 2002 e 2003.

Artigo 32º.-Gardería infantil.

A empresa aboaralles ós traballadores/as que teñan fillos menores de catro anos a cantidade de 36,06 euros (trinta e seis euros con seis céntimos) mensuais por cada fillo/a, como compensación para a utilización dos servicios de gardería infantil.

En caso de matrimonios, enténdese que este beneficio atinxirá só a un dos cónxuxes.

Artigo 33º.-Póliza de vida.

Contrátase unha póliza de seguro colectivo para todo o persoal afectado por este convenio, por un capital base de seis mil dez euros con doce céntimos, en caso de morte e riscos complementarios especificados en póliza.

O importe total da dita póliza será aboado integramente pola empresa. No suposto de ser rexeitada a proposta de seguro pola compañía aseguradora para algún traballador/a, queda sen efecto a obriga empresarial aquí pactada, incluíndolle nos seus haberes o importe da contribución empresarial da dita póliza. O comité de empresa coñecerá o nome dos traballadores/as que fosen rexeitados, co fin de tratar de conseguir que a totalidade do cadro de persoal fose admitida nesta ou outra compaña.

Artigo 34º.-Fondo de empréstitos.

A empresa disporá da cantidade de 42.000 euros (corenta e dous mil euros) para concesión de empréstitos ós seus traballadores/as, os cales controlará e xestionará o comité de empresa.

Artigo 35º.-Bolsas e asistencia a congresos.

A empresa disporá da cantidade única de 12.000 euros (doce mil euros) para bolsas de estudios e asistencia a congresos dos seus traballadores/as fixos, todo iso relacionado co traballo. Para a concesión, crearase unha comisión formada por dous membros do comité de empresa, o xefe de servicio do solicitante e o xefe de formación. En caso de non existir acordo nesta comisión decidirá a dirección da empresa.

Co fin de promove-la formación dos traballadores/as da empresa para os adecuar ás novas funcións que se van desenvolver, a empresa destinará ata 60.101,21 euros (sesenta mil cento un euros con vinteún céntimos) en cada ano de vixencia do convenio para facer fronte ós gastos que iso comporte e que o habiliten para o mellor desempeño das súas funcións. Por iso, a empresa proporalles ós traballadores/as que crea conveniente a realización de cursos oficiais que os habiliten para o desempeño das novas funcións. Á súa vez, o comité de empresa poderá propor aquelas iniciativas que considere oportunas.

Artigo 36º.-Uniformes e roupas de traballo.

En función das tarefas que se van desenvolver ou características ou necesidade do posto de traballo que se vai desempeñar, a empresa facilitaralle ó persoal as roupas de traballo e/ou protección adecuadas ás ditas circunstancias, sendo facultade desta o decidi-lo tipo de roupas que deberán utilizar, as cales estarán en función dos servicios que se desempeñen.

Estas pezas de roupa entregaranse cunha periodicidade de dúas ó ano para aquelas que teñan un carácter de uso continuado e permanente nun réxime de xornada completa. Nas demais situacións, esta entrega efectuarase coa periodicidade suficiente para que garanta o bo decoro, presencia persoal e, se é o caso, seguridade, deste colectivo, sen prexuízo en todos os casos dos dereitos adquiridos a nivel de empresa e dos estipulados na lexislación vixente, debendo facerse cargo a empresa do lavado, entrega e mantemento do uniforme.

Artigo 37º.-Complemento por accidente de traballo e enfermidade profesional.

No caso de accidente de traballo e enfermidade profesional, a empresa aboaralle ó traballador/a, desde o oitavo día de baixa por estas continxencias, a diferencia entre a prestación económica con cargo á Mutua de Accidentes de Traballo e o salario que o traballador/a teña recoñecido no momento do feito causante, ata o tope máximo de cotización vixente no momento de se producir a baixa por IT e por un período máximo de dezaoito meses. Quedan excluídos desta compensación económica os accidentes in itínere que se atopen cubertos por algunha póliza aseguradora.

O presente artigo entrará en vigor á sinatura do convenio, independentemente do establecido no artigo 5º.

Artigo 38º.-Complemento por enfermidade común e accidente non laboral.

No caso de enfermidade común e accidente non laboral, a empresa aboaralle ó traballador/a, unicamente durante os días que permaneza ingresado en institución sanitaria por estas continxencias, a diferencia entre a prestación económica con cargo á Seguridade Social e o salario que o traballador/a teña recoñecido no momento do feito causante, ata o tope máximo de cotización e por un máximo de dezaoito meses, sempre e cando o traballador/a acre

dite un período mínimo de cotización de cento oitenta días, dentro dos cinco anos anteriores á data da baixa por IT.

Artigo 39º.-Saúde laboral.

Os delegados/as sindicais terán dereito, como os/as membros do comité de empresa, a ser nomeados delegados de prevención. Así mesmo, durante o presente ano publicarase o Regulamento do comité de seguridade e saúde, así como o manual de dereitos e obrigacións do persoal dependente de Povisa, en materia de seguridade e saúde no traballo.

Artigo 40º.-Capacidade diminuída.

Os traballadores/as que estean en situación temporal ou definitiva de reducción das súas facultades físicas ou psíquicas, que non os impidan traballar, terán preferencia a ocupa-los postos de traballo máis aptos ás súas condicións físicas ou psíquicas, sempre e cando existan vacantes dispoñibles na empresa e sexan adecuadas ás capacidades profesionais dos traballadores/as incursos na situación que se regula no presente precepto.

Quedarán excluídos destes beneficios os traballadores/as ós cales lles sexa recoñecida polos organismos oficiais unha incapacidade permanente, total, absoluta ou grande invalidez.

Artigo 41º.-Voluntariedade de gardas.

O persoal maior de cincuenta e cinco anos poderá renunciar voluntariamente á realización de gardas e ó traballo nocturno, sempre e cando as necesidades do servicio o permitan.

En caso de solicita-la reincorporación á realización de gardas e traballo nocturno o traballador/a non terá ningún dereito preferente e/ou consolidado respecto dos que realizan as ditas gardas e traballo nocturno.

Durante o período de xestación e lactación, as traballadoras, por petición propia, quedarán exentas de realizar xornadas nocturnas. Transcorrido o período de xestación e lactación, reincorporaranse ás quendas de xornadas nocturnas que estivesen a realizar no momento da petición.

Artigo 42º.-Política de emprego.

Durante a vixencia do presente convenio, a empresa comprométese a non facer uso da modalidade do contrato de formación e a non utiliza-lo contrato en prácticas nunha cantidade anual superior ó dous por cento do cadro de persoal.

Así mesmo, comprométese a non facer uso da contratación de persoal a través de empresas de traballo temporal, agás para o suposto de substitución de persoal por razóns de: interinidade, vacacións, excedencias, licencias, permisos, festivos, baixas por IT e, con carácter excepcional, durante a tramitación do proceso de selección de persoal.

Capítulo V

Ordenación xurídica de faltas e sancións

Artigo 43º.-Definición e principios xerais.

1. Considérase falta toda acción e omisión que supoña unha infracción ou incumprimento de debe

res laborais derivados do establecido no presente capítulo ou doutras normas de traballo vixentes, xa sexan legais ou contractuais.

2. Prevención: promoveranse políticas de xestión e desenvolvemento dos recursos humanos que contribúan á xeración dun adecuado clima social, prevendo, se é o caso, posibles procedementos de axuda en situacións que requiran medidas de recuperación ou rehabilitación.

3. As faltas poderán ser sancionadas pola dirección da empresa, sen prexuízo da proposta que poida formula-la representación legal dos traballadores/as, de acordo coa gradación e procedemento que se establecen nos artigos seguintes respectando a legalidade vixente e os principios xurídicos que a conforman:

-Principio de legalidade e tipicidade: esixe con carácter xeral que as conductas ilícitas e as sancións a impor estean establecidas e determinadas de conformidade coa lei (artigo 58 ET).

-Principio Non bis in idem: evita que uns mesmos feitos poidan ser sancionados máis dunha vez (artigo 25.1º CE), sen que poidan imporse sancións que reduzan vacacións, descansos do traballador/a ou multa de haber.

-Principio de igualdade de trato e non discriminación (artigo 14 CE e 17 ET).

-Principio de proporcionalidade e ecuanimidade: equilibrio que debe existir entre a conducta infractora, as súas consecuencias e a sanción que se teña que impor e a esixencia de imparcialidade.

-Principio de audiencia previa na forma que máis adiante se regula, en harmonía co previsto no convenio 158 de OIT.

-Principio de protección xurisdiccional dos dereitos: as sancións impostas pola empresa sempre poderán ser impugnadas polo traballador/a ante a xurisdicción competente conforme o procedemento establecido nos artigos 114 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Artigo 44º.-Gradación das faltas.

Toda falta cometida por un traballador/a clasificarase atendendo á súa importancia ou transcendencia en leve, grave ou moi grave.

* Faltas leves: todas aquelas que comportando falta de dilixencia debida ou descoidos escusables non causen un prexuízo cuantificable dentro do ámbito desta ordenación; entre as que hai que considerar incluídas as seguintes:

1. De tres a cinco faltas de puntualidade inxustificadas no período dun mes.

2. O abandono do posto de traballo sen causa xustificada, aínda cando sexa por un breve período de tempo, sempre que o mesmo non orixine un prexuízo grave para a empresa, pois en tal suposto operaría a cualificación conseguinte.

3. A non notificación previa ou no prazo de vintecatro horas das razóns da ausencia ó traballo, salvo caso de forza maior.

Nos postos de traballo que garden relación directa coa atención sanitaria, a comunicación da ausencia realizarase antes do inicio da xornada laboral, a non ser que se probe a imposibilidade de o ter efectuado.

4. A falta de asistencia ó traballo dun a dous días nun mes sen a debida autorización ou causa que o xustifique.

Para os efectos regulados no presente artigo, considerarase falta de asistencia a incorporación ó traballo despois de transcorrido desde o seu inicio un corenta por cento da xornada diaria de que se trate.

5. A desatención e falta de respecto ou de corrección no trato cos seus compañeiros ou co público cando non prexudique gravemente a imaxe da empresa.

6. Non levar uniforme completo na xornada laboral, naqueles postos de traballo que se determinase, sempre que estea á disposición do traballador/a.

7. Non lle comunicar á empresa o lugar de notificación (ou a súa modificación) das comunicacións oficiais de esta, con independencia do lugar de residencia do traballador/a.

* Faltas graves: todas aquelas que impliquen unha conducta grave de neglixencia ou indisciplina, prexudiquen de modo cuantificable o proceso productivo e/ou supoñan infracción de leis, regulamentaria ou convencional; entre as que se teñen que considerar incluídas as seguintes:

1. De seis a nove faltas de puntualidade inxustificadas no período dun mes.

2. A falta de asistencia ó traballo de tres días dentro dun período dun mes, sen a debida autorización ou causa que o xustifique.

3. Falseamento dos datos ou comunicacións que tivesen incidencia cuantificable na Seguridade Social.

4. A desobediencia manifesta ás ordes dos superiores, así como o incumprimento das normas específicas da entidade.

5. Os malos tratos de obra ou de palabra que supoñan evidente e notoria falta de respecto cara a outros empregados ou co público, así como a actitude notoria de acoso sexual.

6. A falta de aseo e limpeza persoal cando sexa de tal índole que afecte ó normal desenvolvemento do traballo, á imaxe da empresa, ou produza queixa xustificada e reiterada dos compañeiros. Así mesmo, a falta ás normas de hixiene do persoal sanitario que poida representar un risco para os doentes.

Considerarase necesario que houbese para o efecto apercibimento previo.

7. O incumprimento das obrigas legais, regulamentarias ou convencionais impostas ó traballador/a en materia de prevención de riscos laborais, seguridade e saúde laboral, cando esta orixine un risco

grave para a integridade física ou saúde do propio traballador/a, os seus compañeiros, terceiras persoas, ou para as instalacións da empresa. A dita conducta cualificarase como falta moi grave cando a transcendencia do incumprimento fose de tal índole.

8. Realizar traballos particulares durante a xornada laboral, así como empregar para uso propio materiais da empresa sen a debida autorización.

9. A embriaguez non habitual ou situación análoga derivada do consumo de productos psicotrópicos ou similares, posta de manifesto durante o traballo.

10. O orixinar liortas, alborotos ou discusións graves que entorpezan a normal actividade da empresa.

11. A neglixencia, desinterese ou descoido inescusable na prestación do servicio sempre que diso derivase prexuízo grave para a empresa, as persoas ou as cousas.

12. O quebrantamento ou violación de segredos de obrigada reserva que non produza grave prexuízo para a empresa.

13. O abandono, sen previo aviso, do posto de traballo sen causa xustificada cando como consecuencia deste se orixine prexuízo grave para a empresa.

14. Simula-la presencia de outro traballador/a na empresa.

15. Alegar causa inexistente para a obtención de permisos.

16. A reincidencia na comisión de dúas ou máis faltas leves da mesma natureza, ou tres ou máis de distinta natureza, sempre que teñan lugar dentro dun período de dous meses contado desde a comisión da primeira e mediase advertencia escrita ou sanción sobre estas.

* Faltas moi graves: todas aquelas que impliquen conductas que prexudiquen con grande importancia cuantitativa o proceso productivo e/ou supoñan infracción de leis, regulamentos ou convenios; entre as que se deberán considerar incluídas as seguintes:

1. A fraude, a deslealdade e o abuso de confianza, grave e culpable, nas xestións encomendadas.

2. O furto ou o roubo, tanto á empresa como ós compañeiros de traballo ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa ou durante o traballo en calquera outro lugar.

3. A simulación de enfermidade ou accidente.

4. Dez ou máis faltas de puntualidade inxustificadas no período dun mes.

5. A falta de asistencia ó traballo de máis de tres días dentro dun período dun mes, sen a debida autorización ou causa que o xustifique.

6. O abandono do traballo sen causa xustificada, cando como consecuencia deste se orixine un prexuízo moi grave para a empresa.

7. O quebrantamento ou violación do segredo de correspondencia ou de documentos reservados, ou

datos de reserva obrigada que produza grave prexuízo para a organización e funcionamento da empresa.

8. A embriaguez habitual ou toxicomanía posta de manifesto durante a xornada laboral se repercute negativamente no traballo, sen prexuízo do establecido na lexislación respecto da seguridade e saúde no traballo.

Entenderase que a embriaguez é habitual cando mediasen previamente dous apercibimentos escritos pola mesma causa.

9. Desenvolver unha actividade, por conta propia ou allea, que estea en concorrencia desleal coa actividade da empresa, cando expresamente o teña prohibido pola dirección desta.

10. Actos de acoso sexual, considerándose de especial gravidade os dirixidos a persoas subordinadas con abuso de posición privilexiada.

11. Actos abusivos no exercicio das funcións de mando. O que o sufra poñerao inmediatamente en coñecemento da dirección da empresa, ben directamente, ben a través da representación legal dos traballadores/as. En todo caso, considerarase como acto abusivo a actuación dun superior que supoña infracción da normativa legal con prexuízo directo para o empregado.

12. A desobediencia ás ordes dos superiores, así como o incumprimento das normas específicas da entidade que impliquen quebranto manifesto de disciplina ou delas derive grave prexuízo para a empresa.

13. A reincidencia na comisión de tres faltas graves, aínda que sexan de distinta natureza, sempre que teñan lugar nun período de seis meses desde a comisión da primeira e mediase sanción sobre as mesmas.

14. Toda actuación que supoña discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

15. A obstaculización do exercicio das liberdades públicas e dereitos sindicais.

Artigo 45º.-Procedemento sancionador.

Réxime xurídico:

1. A facultade de impor sancións correspóndelle á dirección da empresa, quen a exercerá na forma que se establece no presente convenio e conforme o regulado no Estatuto dos traballadores.

2. Entra dentro da competencia da representación legal dos traballadores/as na empresa facer denuncia e/ou proposta á dirección desta sobre feitos ou actuacións, en especial aquelas conductas que puidesen implicar actos abusivos no exercicio das funcións de mando, susceptibles de ser cualificados como falta, para os conseguintes efectos.

3. A dirección da empresa transmitiralle á representación legal dos traballadores/as, dentro das setenta e dúas horas seguintes de ter coñecemento por escrito das infraccións que cometese o persoal, os cargos que se imputen ó infractor, co fin de que

esta poida comunicarlle á dirección, dentro das setenta e dúas horas seguintes, a existencia ou non de atenuantes ou de calquera circunstancia que poida contribuír ó esclarecemento dos feitos. O presente trámite de audiencia suspende os prazos de prescrición pactada neste convenio.

O traballador/a, pola súa parte, terá de asinar o correspondente «enterado», podéndose acudir no seu defecto a calquera outra forma acreditativa da recepción polo traballador/a da comunicación da empresa.

4. Tratándose de sancións por faltas graves ou moi graves a traballadores/as afiliados a un sindicato, e constándolle formalmente esta circunstancia á empresa, deberase dar audiencia previa ó delegado sindical correspondente na empresa, nos termos pactados no punto 1.3.

5. No suposto de sancións por faltas graves ou moi graves a membros do comité de empresa, delegados de persoal ou delegados sindicais, será obrigatorio a apertura de expediente contradictorio no que serán oídos, á parte do interesado, o comité de empresa ou restantes delegados de persoal e/ou sindicais.

Finalizado o expediente contradictorio, se é o caso, procederase á imposición de sanción, ó arquivo ou á anulación deste, entendéndose durante a súa tramitación suspendidos os prazos de prescrición da falta.

6. O traballador/a poderá impugna-la sanción que lle fose imposta mediante demanda ante a xurisdicción competente, nos termos regulados pola Lei de procedemento laboral (artigos 114 e seguintes).

Artigo 46º.-Prescrición.

A facultade da empresa para sancionar prescribirá para as faltas leves ós dez días; para as faltas graves ós vinte días e, para as moi graves ós sesenta días, a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de se ter cometido.

Agora ben, naqueles supostos en que a falta sexa descuberta como consecuencia de auditoría, o cómputo dos prazos antes sinalados comezará a partir da data en que se emita o correspondente informe do auditor, sempre que non transcorresen os seis meses establecidos no parágrafo anterior.

Artigo 47º.-Sancións.

As sancións máximas que poden imporse en cada caso, atendendo á gravidade da falta cometida, serán as seguintes:

a) Por faltas leves:

-Amoestación verbal.

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de ata dous días.

b) Por faltas graves:

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de tres a dez días.

c) Por faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo de once a trinta días.

-Inhabilitación temporal para o ascenso por un período de ata un ano.

-Despedimento disciplinario.

Artigo 48º.-Cancelación.

As faltas que xerasen sanción quedarán canceladas, para os conseguintes efectos, ó cumprírense os seguintes prazos: as leves ós tres meses, as graves ós nove meses e as moi graves ós dezaoito meses.

Capítulo VI

Artigo 49º.-Dereitos sindicais.

A empresa disporá dun local adecuado para uso exclusivo do comité de empresa. Cada membro do comité disporá como máximo de corenta horas mensuais para desenvolve-las funcións do seu cargo sindical, quedando excluído deste cómputo, o tempo de xuntanza por instancia da empresa, o dedicado a tarefas relacionadas con saúde laboral para os delegados de prevención e o investido nas xuntanzas de negociación colectiva do convenio da empresa.

O comité de empresa poderá reunirse dentro das horas de traballo, logo de coñecemento dos seus superiores.

O comité de empresa coñecerá a contratación de novo persoal, así como o tipo de contrato e os postos a cubrir por promoción interna.

Para a celebración de asembleas, requirirase autorización previa da dirección, debendo ser solicitada esta cunha mínima de corenta e oito horas de antelación.

O comité de empresa disporá dun taboleiro de anuncios con vitrina e pecho para o seu uso exclusivo. Así mesmo, cada sección sindical con representación no comité de empresa, disporá doutro taboleiro nas mesmas condicións.

Os membros do comité de empresa e delegados sindicais poderán proceder, logo de notificación á dirección, á acumulación das horas sindicais, da forma que consideren máis conveniente para a realización das súas tarefas.

Capítulo VII

Disposicións derradeiras

Artigo 50º.-Celador.

As funcións que vai realiza-lo celador serán as que constan en acta de deliberacións de convenio con data do 16-2-1981.

Artigo 51º.-Entrega do convenio.

Policlínico de Vigo, S.A. comprométese a entregar, unha vez asinado, aprobado e publicado no BOP este convenio, unha copia a cada traballador/a de alta na empresa, en castelán e galego.

Artigo 52º.-Denuncia e prórroga.

Este convenio entenderase prorrogado por un ano, se algunha das partes non o denuncian, cunha antelación mínima de dous meses ó seu vencemento.

Artigo 53º.-Determinación das partes que o concertan.

O presente convenio foi subscrito, en representación da parte económica, por dous representantes designados para o efecto pola dirección da empresa e, en representación da parte social, polo comité de empresa.

ANEXO

Táboa de salarios segundo o convenio 2002

Categoría profesionalSoldo

base

IncentivosHora

extra

Compl. de transporte

* Persoal técnico sanitario
Director/a técnico1.079,7411,5730,42
Xefe/a de servicio1.000,489,9739,20
Médico xefe de sección

ou adxunto

994,079,8940,47
Médico interno de garda961,069,5747,10
Médico sen especialidade899,249,9659,47
Médico contrato en prácticas573,697,0978,00
Farmacéutico/a, químico/a,

odontólogo/a

961,069,5747,10
Enfermeiro/a xefe/a1.007,0010,0358,04
Fisioterapeuta e matrona1.007,00598,0310,0358,04
Supervisor/a1.007,00598,0310,0358,04
Enfermeiro/a1.007,00573,7910,0362,88
Téc. esp. A. patolóxica, RX e lab.855,36547,148,4267,58

* Persoal subalterno sanitario
Celador/a e auxiliar clínica828,66520,448,1672,26
Sanitario/a792,90484,687,7978,00

* Persoal administrativo
Xefe servicios administrativos882,028,7162,88
Xefe/a de contabilidade882,028,7162,88
Oficial administrativo/a855,36547,148,4367,58
Auxiliar administrativo/a792,90484,687,7978,00

* Persoal servicio hoteleiro
Xefe/a de servicio882,02 8,7162,88
Encargado/a798,90490,687,8578,00
Subencargado/a761,88453,667,3878,00
Xefe/a de cociña842,43534,218,3170,79
Cociñeiro/a de 1ª820,24512,028,1075,24
Cociñeiro/a de 2ª799,21490,997,8578,00
Axudante de cociña780,35472,137,6478,00
Pasador/a de ferro, lavandeiro/a,

costureiro/a

758,59450,377,3878,00
Limpador/a758,59450,377,3878,00
Camareiro/a780,35472,137,6478,00
Telefonista768,85460,637,4878,00

* Persoal servicio mantemento
Xefe/a de mantemento882,028,7162,88
Electricista855,36547,148,4267,58
Electro-mecánico/a855,36547,148,4267,58
Electrónico/a855,36547,148,4267,58
Albanel, pintor/a, carpinteiro/a771,94463,727,5178,00
Peón758,59450,377,3878,00

* Persoal de compras e almacén
Xefe/a de compras e almacén882,028,7162,88
Axudante de almacén771,73463,517,5178,00

* Persoal servicios sociais
Xefe/a de asuntos sociais882,028,7162,88
Asistente/a social832,86524,648,2372,72
Porteiro/a e ordenanza771,73463,517,5178,00

(Cantidades expresadas en euros)

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA