No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 15º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no
rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.
Nº e plan/denominación/concello/prazo execución/orzamento.
-21PB/Acond. camiños en Cuñas e outros/Cenlle/3 meses/62.125.
-22PB/Iluminación pública Laias e outros/Cenlle/3 meses/30.051.
-31PB/Abast., sto. e pavimentación Leiro-Ribeira/Leiro/5 meses/95.243.
-37PB/Acceso Balteiro, Sta. Comba-Martín-Carreira/Maside/5 meses/60.679.
-38PB/Rede de sumidoiros en Balteiro/Maside/3 meses/46.218.
-67PB/Beirarrúas en Rubiá/Rubíá/5 meses/93.475.
-68PB/Beirarrúas, sto. Santo Amaro-Cruceiro-Salamonde/Santo Amaro/3 meses/90.805.
-208POL/Abast., sto. Lamas-Cualedro-outros/Cualedro/5 meses/98.995.
-209POL/Abast. e sto. Terrachán/Entrimo/5 meses/90.056.
-210POL/Construcción residencia 3ª idade/Esgos/4 meses/88.902.
-253POL/CV 692 Xinzo-Antela/Xinzo de Limia/4 meses/120.202.
Ourense, 15 de xullo de 2002.
José Luis Baltar Pumar
Presidente da Deputación Provincial de Ourense