Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para subministración a esta deputación de árbores nobres.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a subministración a este deputación de árbores nobres, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do día 6 de setembro de 2002, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar ás 12 horas do día 9 de setembro de 2002, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Ourense, 15 de xullo de 2002.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense