Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

No BOP de Pontevedra, nº 114, con data do 17 de xuño de 2002, aparecen publicadas as bases das convocatorias realizadas por este Concello de Vila de Cruces (Pontevedra), para prover mediante concurso-oposición, en réxime de contratación laboral fixa, dun posto de traballo de auxiliar administrativo e de dous postos de traballo de operarios de servicios múltiples deste concello. O prazo de presentación de solicitudes para cada unha das respectivas convocatorias, será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto no BOE.

Vila de Cruces, 19 de xuño de 2002.

O alcalde-presidente

Rubricado