Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na sesión do día 29 de abril de 2002, aprobou inicialmente o Plan parcial do solo urbanizable programado número 7 (SUP-7), da Ponte Pedriña, promovido polos servicios técnicos municipais.

O plan parcial prevé a delimitación dun polígono único para executar polo sistema de expropiación.

En cumprimento do que dispón o artigo 42 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de planeamento e xestión, sitas no Pazo de Raxoi, e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo