Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

Anúnciase a seguinte licitación:

O alcalde-presidente, por resolución da Alcaldía do 3 de xullo de 2002, acordou dar aprobación ó seguinte expediente:

1. Obxecto: contratación de asistencia técnica de actualizacións de padrón e asistencia en materia de xestión tributaria, coadxuva-las tarefas da xestión directa de varios impostos e xestión recadatoria levadas a cabo pola tesourería do Concello de Rianxo en relación a tódolos ingresos de dereito público municipais.

2. Prezo: segundo se recolle na cláusula 2 do prego de condicións.

3. Prazo: o contrato terá unha duración de 2 anos.

4. Sistema de licitación: procedemento aberto e concurso público.

5. Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no último dos boletíns oficiais en publicalo (BOP ou DOG).

6. Lugar de presentación das ofertas: no rexistro xeral do concello de luns a venres de 9 a 13 horas, ou en calquera dos medios establecidos na Lei 30/1992.

7. Fianza provisional: o 2% do prezo de licitación e segundo o establecido na cláusula 18 cuantifícase en 1.346,27 euros.

8. Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación, nos termos establecidos no artigo 18 caso de non ser alterado o prezo actual do contrato.

O expediente está á disposición dos interesados na secretaría do concello de luns a venres, de 9 a 13 horas, podendo solicitar información ó teléfono 981 86 00 75/76. O custo dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Rianxo, 9 de xullo de 2002.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde