Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da toma de coñecemento da aprobación inicial do proxecto de compensación da unidade de actuación número 10 do PXOU sita entre as rúas Ernesto Caballero, Ramón Cabanillas e Ángel Amor Ruibal, formulado por Inversiones Playamar, S.L.

A Comisión de Goberno, en sesión do 1-7-2002, acordou tomar coñecemento do proxecto de compensación da unidade de actuación nº 10 do PXOU sita entre as rúas Ernesto Caballero, Ramón Cabanillas e Ángel Amor Ruibal, presentado no rexistro do concello o 25-3-2002 por Inversiones Playamar, S.L. na súa condición de propietaria única da totalidade dos terreos integrantes e subscrito polos arquitectos sres. Castro e Lorenzo, dispoñéndose a anulación daquelas determinacións e documentos integrantes deste que fagan referencia á obriga de achegar economicamente o concello calquera gasto que puidese corresponderlle como Administración receptora do dez por cento do aproveitamento tipo, polo custo de redacción de proxectos e a xestión do plan especial, do proxecto de urbanización e das propias obras de urbanización, acordo que se adopta exonerando o concello de tales obrigas económicas e en función do ofrecemento efectuado pola sociedade o 24-6-2002.

Así mesmo disponse que a cesión que se efectúa en favor do concello incluída a do 10% do aproveitamento urbanístico da unidade que se grafa no proxecto efectuarase en pleno dominio e libre de cargas, gravames e incluso alugueres pasando a formar parte do patrimonio municipal e incluíndose no inventario municipal de bens, dispoñéndose o sometemento a información pública do proxecto de compensación.

Durante o prazo de vinte días, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico, na rúa Churruchaos número 2 desta cidade, a documentación inicialmente aprobada e formula-las alegacións que coiden pertinentes.

Pontevedra, 8 de xullo de 2002.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e

Medio Ambiente