Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.498

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

APROBACIÓN definitiva do proxecto de compensación da unidade de actuación número 35 do PXOU rúa Doutor Loureiro Crespo.

A Comisión de Goberno, en sesión do 10-6-2002, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación definitiva ó proxecto de compensación da unidade de actuación nº 35 do PXOU, sita na rúa Doutor Loureiro Crespo, número 8, presentado no rexistro do concello o 18-12-2001 por Construcciones y Obras Veteris, S.L. na súa condición da propietaria única da totalidade dos terreos integrantes da unidade, redactado polos arquitectos Ignacio e José A. Hermo Túñez, coa finalidade de proceder á xestión e execución deste eido espacial de equidistribución, dispoñéndose a substitución da cesión do 10% do aproveitamento urbanístico da unidade que lle corresponde ó concello pola cesión e urbanización da parcela 577 m lindante coa parcela que nos ocupa, para completa-la urbanización da vía prevista no PXOU, e determinándose que a formalización deste proxecto de compensación se efectúe en documento administrativo coas solemnidades e requisitos dispostos para as actas dos acordos deste concello, co contido legalmente esixido, ou ben mediante escritura pública se así o

prefire a propietaria única e por conta dela. En calquera caso, o documento no que se formalice será inscrito no Rexistro da Propiedade, logo da súa protocolización notarial, sendo ambas obrigas por conta da propiedade.

Segundo.-Incorporar, de acordo con este proxecto de compensación, os terreos da U.A. nº 35, de cesión obrigatoria -en pleno dominio e completamente libres de cargas e gravames- ó patrimonio municipal, e inventario de bens e a súa afectación ós usos previstos polo planeamento.

A cesión entenderase sen prexuízo do dereito de ocupación para procederse á execución das obras, tendo que efectuarse a cesión e entrega da urbanización nun prazo non superior a tres meses contado desde a recepción definitiva pola propiedade, formalizándose esta en actas que subscribirán este concello e a sociedade limitada promotora.

Tercero.-Facer saber a Construcciones y Obras Veteris, S.L. que, con carácter previo ó inicio da obra urbanizadora, deberá ter gañado firmeza en vía administrativa este acto e aprobarse definitivamente

o proxecto de urbanización, ademais de constituírse unha fianza equivalente ó orzamento de execución material do proxecto de urbanización, que poderá constituírse en calquera das formas admitidas pola lexislación de réxime local e, no caso de prestarse aval bancario, deberá ser debidamente intervido, estando afecta á correcta execución da obra urbanizadora que se aprobe, incluída a parcela de 577 m situada fóra do ámbito desta unidade para completa-la urbanización da vía denominada rúa Antón Fraguas, prevista no PXOU, ó non quedar afectos os predios resultantes do acordo de aprobación definitiva do proxecto de compensación, ó pagamento da cantidade que puidese corresponder a cada predio no orzamento previsto dos custos de urbanización do polígono.

Cuarto.-Publicar este acto administrativo no taboleiro de anuncios deste concello, no xornal Diario de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia, e notificárllelo individualizadamente ós interesados, con comunicación do seu testemuño á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

Quinto.-Unha vez culminados os trámites referidos nos puntos anteriores, este expediente remitirase ó Servicio de Patrimonio e Promoción Económica co fin de que se tramite o procedemento para a cesión gratuíta á Comunidade Autónoma da parcela nº 6 do proxecto aprobado de 1.397 m, destinada a equipamento hospitalario, consonte o disposto no Real decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de bens das entidades locais, que linda co hospital provincial.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra esta acto poderá interpoñerse ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, consonte o establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, consonte o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desta Lei 30/19992, podendo entón interpoñerse recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contado desde o día seguinte a aquel no que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados consideren procedente conforme a dereito.

Pontevedra, 27 de xuño de 2002.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente