Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria realizada o día 8 de xullo de 2002, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da unidade de actuación delimitada polas rúas nº 6, 16, 17 e o paseo marítimo de Barraña (Espadanal 1).

Contra o acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, tal como dispón o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. Poderá, non obstante, interpoñerse, con carácter previo e potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que dictou a resolución desta administración, conforme ós artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio. Non obstante todo o anterior, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que estimen conveniente.

Boiro, 9 de xullo de 2002.

Jesús Alfonso Fernández

Alcalde