Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de licitación por concurso, con procedemento aberto, para a execución da obra de substitución de cuberta, galería e outras unidades no edificio O Portádego-Culleredo.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: substitución de cuberta, galería e outras unidades no edificio O Portádego-Culleredo.

a) Descrición: a que figura nos pregos.

b) Prazo de execución: tres (3) meses.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Orzamento: 90.151,82 euros, IVE incluído.

7. Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

8. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo, Negociado de Contratación.

a) Domicilio: Rúa do Concello, nº 12, Tarrío-Culleredo.

b) Código postal e localidade: 15189 Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

c) Teléfono: 981 67 77 77.

d) Fax: 981 67 76 46.

e) Data límite de obtención documentos e información: ata o remate do prazo para presentación de ofertas.

9. Presentación de oferta: vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio de licitación (BOP ou DOG).

10. Documentación para presentar: a que figura nos pregos.

11. Lugar de presentación: Concello de Culleredo, rexistro xeral de 9 a 13 horas.

12. Apertura de ofertas: en acto público o segundo xoves hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas ás 12 horas. Se fose festivo trasladarase ó seguinte xoves hábil.

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: Rúa do Concello nº 12, Tarrío.

c) Localidade: Culleredo.

13. Gastos de anuncios: aproximadamente 650 euros.

Culleredo, 25 de xuño de 2002.

P.D. (Resolución 22-10-1999, BOP do 13 de novembro)

Purificación Illobre Carbón

Concelleira de Economía, Facenda, Patrimonio e

Contratación