Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIMORTO

ANUNCIO de licitación.

O Concello de Boimorto anuncia a contratación, mediante concurso con procedemento aberto, da subministración de tracto con rozadora, incluído no Plan XXI de Infraestructuras Locais de Transporte e de Travesías Municipais 2002.

1. Tipo de licitación: 55.000 euros.

2. Presentación de proposición: no rexistro xeral do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

3. Prazo de entrega: 2 meses.

4. Fianzas:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

5. Pregos de cláusulas administrativas: os aprobados pola Deputación Provincial da Coruña, para as subministracións comprendidas nos plans provinciais, publicados no BOP nº 78, do 4 de abril de 2001.

6. Modelo de proposición:

Don..., con domicilio en..., rúa..., número..., código postal..., teléfono..., fax..., titular do NIF número..., actuando en nome propio (ou en representación de..., con NIF/CIF..., e domicilio en..., rúa..., número...,

código postal..., teléfono..., fax...) toma parte no concurso convocado por..., para a subministración de..., publicada con data do..., e fai constar que coñece e acepta o prego de cláusulas administrativas e técnicas que rexe o dito contrato e que se compromete a realiza-la subministración con suxeición a el, polo prezo de... (IVE incluído).

En..., ... de... de 200...

O licitador (asinado e rubricado).

7. Documentación: a esixida na cláusula 9 do prego de cláusulas.

8. Apertura de proposicións: terá lugar ás 12 horas do día seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase en sábado, domingo ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

Os gastos dos anuncios do concurso serán por conta do adxudicatario.

Boimorto, 14 de xuño de 2002.

Luis Verea Taboada

Alcalde