Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIMORTO

ANUNCIO de licitación.

O Concello de Boimorto anuncia a contratación, mediante concurso con procedemento aberto, da obra denominada: pavimentación camiño O Batán-O Cando (Dormeá) e outros, incluída no Plan XXI de Infraestructuras Locais de Transporte e de Travesías Municipais 2002.

1. Tipo de licitación: 84.898,25 euros.

2. Prazo de execución: 6 meses.

3. Presentación de proposición: no rexistro xeral do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

4. Fianzas:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

5. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do sexto día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase en sábado, domingo ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

6. Pregos de cláusulas administrativas: os aprobados pola Deputación Provincial da Coruña, para as obras comprendidas nos plans provinciais, publicados no BOP nº 78, do 4 de abril de 2001.

7. Modelo de proposición:

Don..., con domicilio en..., rúa..., número..., teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) número..., actuando en nome propio (ou en representación de..., DNI ou CIF número..., e con domicilio en..., número..., teléfono...) toma parte no concurso, con procedemento aberto, para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de..., e para tal efecto fai constar:

a) Que ofrece o prezo de... (IVE incluído), que significa unha baixa de..., en relación co tipo de licitación.

b) Que coñece e acepta cantas obrigas deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares deste contrato.

c) Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En..., ... de... de 200...

O licitador (asinado e rubricado).

8. Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas.

Os gastos dos anuncios do concurso serán por conta do contratista que resulte adxudicatario.

Boimorto, 14 de xuño de 2002.

Luis Verea Taboada

Alcalde