Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2002 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria, para a adxudicación da obra que se cita.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Universidade de Vigo.

Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Nº de expediente: 404/01.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: urbanización da reforestación do Campus Universitario das Lagoas-Marcosende.

a) Categoría CNPA: 45.11.1/45.11.2. b) Prazo de execución: 3 meses. c) Lugar de execución: Campus de Vigo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 359.939,97 A.

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Enderezo: r/ Areal, 46-anexo-3º andar.

Localidade e código postal: Vigo, 36201.

Teléfono: 986 81 35 56.

Telefax: 986 81 38 57.

Data límite de obtención de documentos e información: o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación esixible: grupo C; subgrupos 2, 6; categoría E.

Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

Data límite de presentación de ofertas: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: entidade: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo. Enderezo: r/ Areal, 46-edificio anexo, planta baixa. Localidade e código postal: Vigo, 36201.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

Domicilio: r/ Areal, 46-1ª planta.

Localidade: Vigo, 36201.

Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán a cargo do adxudicatario.

Vigo, 12 de xullo de 2002.

P.S. (Resolución 4-7-2002)

Jesús Graña Nogueiras

Xefe de Servicio de Control Interno