Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a paralización de inicio do expediente sancionador Secretaría 122/2002 PLA.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, o acordo de paralización do inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

Polo que se lle comunica que, de acordo co establecido no artigo 7 do R.D. 1398/1993, se procede á paralización do inicio de novas actuacións administrativas, mentres non recaia resolución xudicial.

Expediente sancionador Secretaría 122/2002 PLA.

Denunciado: Ramón Gómez Suárez.

DNI/CIF: 32262332-P.

Último enderezo coñecido: Ameneiral, nº 12-1º D, Bertamiráns-Ames.

A Coruña, 16 de maio de 2002.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña