Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 1 de xullo de 2002, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de aperturas e pregos de cargos de expedientes sancionadores (PESAN1 2002/000500-1 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as aperturas e pregos de cargos dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación territorial as alegacións que estimen pertinentes.

Os expedientes relacionados de seguido están á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial da Coruña, Ramón y Cajal, s/n, 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2002/000500-1.

Denunciado: Emilio Barrul Romero.

DNI: 71514607-V.

Enderezo: Conservera Celta, Ponte da Pasaxe, A Coruña.

Nº de expediente: PESAN1 2002/000501-1.

Denunciado: Fernando J. Melero Sabugueiro.

DNI: 33264510-R.

Enderezo: Rosalía de Castro, 193-5º, Oleiros.

A Coruña, 1 de xullo de 2002.

Beatriz Alonso de la Iglesia

Instructora