Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 19 de xullo de 2002 Páx. 11.396

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 9 de xullo de 2002 pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 4 da Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados polo conselleiro de Traballo e Benestar Social.

Facendo uso da posibilidade de substitución, que recolle o artigo 5 da dita lei, a Confederación de Empresarios de Galicia acordou a substitución de dous dos seus membros titulares da súa representación no consello.

A disposición adicional primeira do Decreto 147/2002, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais sinala que «a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais exercerá as funcións asignadas á extinta Consellería de Traballo e Benestar Social pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais».

Por todo o exposto, ó abeiro do artigo 4 da referida Lei 7/1988, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear membros titulares do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Antón Arias Díaz-Eimil, en substitución de Alfredo Toranzo García e a Ovidio Pérez Reñones, en substitución de Eduardo Jiménez Domínguez.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2002.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais