Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a xestión do Servicio de Escola Infantil Municipal, na modalidade de concesión de servicio público.

Financiamento: os gastos da escola financiaranse do xeito que se indica no artigo 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de execución: a concesión terá unha duración de 4 anos prorrogables anualmente por mutuo acordo por un período de 4 anos, contados desde a data de formalización do contrato.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, en horas de 9 a 14, dentro do prazo de 15 días naturais, contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no DOG e no BOP da Coruña.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela. (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 20.3º do prego de cláusulas administrativas particulares.

Garantías: provisional: 3.000 A.

Definitiva: 6.010,12 A.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (Secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil seguinte, non sábado, á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2002.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde