Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do PXOU no ámbito do polígono B-1 de Valdecorbos-Mourente, en execución de convenio e protocolo formalizados coa Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o 23 de febreiro pasado, acordou prestar aprobación definitiva ó documento denominado modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana en execución de convenio e protocolo subscritos coa Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no ámbito do seu polígono B-1 de Valdecorbos-Mourente, sendo o proxecto formulado por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe da Oficina Técnica Municipal de Planeamento e Xestión con data outubro-2000, contando con informe favorable, de carácter preceptivo e vinculante de data 4-2-2002, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, desestimando as alegacións ou reclamacións formuladas por: María Teresa Pita Mon, José Rodríguez Buceta, Flora Teso Cobas, Celso Cons Varela, Argimiro Piñeiro Villanueva, Manuel Fernández Mariño, Elvira López Iglesias, Celestino Cons Varela, Juan López Búa, Delfina Búa Rodríguez, María Dolores

Barros Barreiro, Carmen Barreiro Rivas, José Barros Barreiro, José Sueiro Fernández, María Dolores Fernández Valiñas, Francisco Fernández Valiñas, sr. González Pedrouso, Luis Pedrouso Vidal, Juan Sobral Rey, Elisa Míguez Rodríguez e José Rey Poceiro, Juan Costal Pedrouso, Rafael Rodríguez Durán, María Luisa Piay Pedrouso, María Luisa Vázquez Piay, Juan Santos Cao, María

Isabel Pita Mon, Santiago Sánchez-Agustino Rodríguez e María de las Mercedes Pita Mon, durante a fase de información pública da presente modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana en execución de convenio e protocolo subscritos coa Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no ámbito do seu polígono B-1 de Valdecorbos-Mourente, no trámite de audiencia concedido, unha vez finalizada a instrucción do presente procedemento, por canto de conformidade cos informes emitidos polo Servicio Municipal de Xestión Urbanística, Dirección Xeral de Urbanismo da CPTOPV e deputación provincial, recollidos nos antecedentes de feitoi dese acto administrativo e que serven de motivación, nos termos do artigo 89.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e motivacións xurídicas del, a presente modificación puntual do PXOU non vulnera disposición ou determinación da normativa de ordenación territorial ou urbanística en vigor nin do planeamento de ordenación integral deste termo

municipal, e pasará a formar parte integrante do seu contido con idéntico alcance normativo de natureza regulamentaria, contendo as determinacións propias de tal categoría de instrumentos urbanísticos de ordenacióin por considera-lo concello a conveniencia do obxectivo descrito desa nova ordenación, determinante do cambio de sistema de actuación e da tipoloxía das vivendas, co fin de materializa-los obxectivos do convenio e protocolo referidos.

Así mesmo, dispúxose publicar este acordo na forma legalmente establecida con comunicación ás administracións públicas, entidades e personas interesadas con ofrecemento do réxime de recursos procedente, e traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Consonte o disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, no BOP nº 78 do 24-4-2002 publicouse o texto íntegro da normativa da modificación do planeamento aprobada, remitíndose copia do expediente á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, para os efectos establecidos no punto 3 e 4 deste precepto.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer directamente quen se considere lexitimado o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte co establecido nos artigos 10.1º.6 e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes consonte a dereito, significándolle que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra

tivo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 12 de xuño de 2002.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente