Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

En cumprimento co disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise público para o coñecemento xeral a seguinte adxudicación de contrato de obra:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: negociado de infraestructuras.

c) Número de expediente: referencia 1413.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de obra.

b) Descrición do obxecto: poxa, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación das obras de urbanización das rúas Nuño de Ousende e Orcellón (último e primeiro tramos).

c) Lotes: único.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOG nº 75, do 18 de abril de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

9. Adxudicación.

a) Data: 6 de xuño de 2002.

b) Contratista: Ganade y Marra, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 156.663,85 A.

Ourense, 17 de xuño de 2002.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde