Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización na rúa Montecelo (expediente 4313/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 30 de maio de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Estimar parcialmente as alegacións interpostas durante o trámite de información pública no procedemento de referencia por Casimiro Durán Gómez, María del Carmen, Rosa e Isabel Méndez Martínez, no senso e polos motivos que se recollen na parte expositiva deste acordo.

Segundo.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización dun tramo da rúa Montecelo, presentado pola entidade mercantil Promociones Vital Vigo, S.L. e redactado pola arquitecta Mónica López Córcoba, visado polo COAG en datas 6-5-2002, 4-12-2001, 29-10-2001 e 15-10-2001 (expediente 4313/401.

Terceiro.-Condiciónanse suspensivamente os efectos deste acordo á constitución dun aval bancario polo importe de 62.692,82 euros (10.431,208 pesetas) en garantía de execución das obras de urbanización.

Cuarto.-Notifíquese o contido íntegro deste acordo ós interesados e alegantes, coa advertencia de que contra o mesmo cabe interpor, alternativamente, recurso de reposición ate esta Administración municipal no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses. Publíquese o presente acordo no BOP e no DOG. Notifíquese tamén ó departamento de Vías e Obras do concello.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, LRXAP-PAC, por medio do presente anuncio notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado domicilio, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 4 de xuño de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo