Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xuño do 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se lle amplía a autorización á empresa Norcontrol, S.A., para actuar como organismo de control autorizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Examinada a solicitude, presentada por Alejandro Fernández Vidal, en calidade de representante de Norcontrol, S.A., con CIF A-15044357 e con enderezo social en estrada Nacional VI, km 582, 15168 Sada (A Coruña), solicitando ampliación de autorización para actuar como organismo de control, no campo de cables de aceiro, esta dirección xeral toma en consideración os seguintes:

Feitos.

Primeiro.-Norcontrol, S.A. foi acreditada por Enac, Entidade Nacional de Acreditación, con data 17-4-1997, como entidade de inspección con número de acreditación 04/EI006, segundo os criterios da norma EN 45004, para a realización de inspeccións nos campos e segundo os documentos normativos especificados no anexo técnico de data 17-4-1997 da acreditación de Enac correspondente.

Segundo.-Con data 10 de xuño de 1997, a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia autorizou a Norcontrol, S.A. para actuar como organismo de control (DOG do 1 de xullo).

Terceiro.-Con data 5 de agosto de 1998, mediante resolución do director xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, revísanse e amplíanse os campos da autorización de Norcontrol, S.A. para actuar como organismo de control (DOG do 1 de setembro).

Cuarto.-Con data 17 de abril de 2001, mediante resolución do director xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, modifícase o período de vixencia de acreditación de Norcontrol, S.A. a indefinida, ata notificación en contra.

Quinto.-Con data 9 de xaneiro de 2002, mediante resolución do director xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, amplíase o ámbito de actuación para actuar como organismo de control no campo de accidentes maiores.

Sexto.-Con data 2 de maio de 2002 Alejandro Fernández Vidal, en nome e representación de Norcontrol, S.A., presentou escrito polo que solicitaba, ó amparo do Decreto 426/2001, do 15 de novembro, polo que se regulan os organismos de control en materia de seguridade industrial e control regulamentario e se crea a Comisión de Coordinación de Seguridade Industrial de Galicia, a ampliación da autorización de Norcontrol, S.A. como organismo de control para o ámbito regulamentario de cables de aceiro conforme ó anexo técnico rev. 5 de data 16-11-2001 da acreditación de Enac. Para tal efecto,

achegaba a documentación esixida no artigo 4, 5 e 6, así como a especificada no anexo II do citado decreto.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; nos RR.DD. 1634/1980, do 31 de xullo, e 2563/1982, do 24 de xullo, nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro, e 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 15/2002 do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria (BOE do 23 de xullo) e o Real Decreto 2200/1995, do 2 de decembro (BOE do 6 de febreiro de 1996), polo que se aproba o Regulamento da infraestructura para a calidade e a seguridade industrial, así como do Decreto 426/2001, do 15 de novembro, polo que se regulan os organismos de control en materia de seguridade industrial e control regulamentario e se crea a Comisión de Coordinación de Seguridade Industrial de Galicia, e demais lexislación concordante.

Segundo.-Na tramitación deste expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentarios.

Terceiro.-A documentación presentada por Norcontrol, S.A. acredita que a empresa cumpre coas esixencias establecidas nos artigos 4, 5, 6 e 7 do Decreto 426/2001, para a súa actuación no ámbito regulamentario solicitado.

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la empresa Norcontrol, S.A. para actuar como organismo de control autorizado para as actividades de inspección, como ampliación ás xa autorizadas, comprendidas nos campos regulamentarios seguintes e segundo os documentos normativos recollidos no anexo técnico de data 16-11-2001 da acreditación nº 04/EI006: cables de aceiro.

Segundo.-Esta autorización pode ser suspendida ou revogada ademais de nos casos recollidos na lexislación vixente, ou cando o sexa a devandita acreditación de Enac.

Terceiro.-Norcontrol, S.A. queda autorizada para actuar en todo o territorio do Estado, nos campos regulamentarios e segundo os documentos normativos recollidos no anexo técnico da acreditación 04/EI006, debendo en calquera caso notificarllo á Administración competente da Comunidade Autónoma distinta da que o autorizou ó comezo da súa actividade.

Cuarto.-Norcontrol, S.A. debe comunicarlle á dirección xeral competente en materia de industria

calquera variación dos seus técnicos inspectores no prazo dun mes.

Quinto.-Calquera ampliación dos campos regulamentarios de actuación ou dos documentos normativos correspondentes deberán segui-los trámites establecidos nos artigos 4, 5 e 7 do Decreto 426/2001 para a súa autorización

Sexto.-Norcontrol, S.A. deberalle comunicar á delegación provincial competente en materia de industria e alomenos con 5 días de antelación, as actuacións que vaian realizar. Como consecuencia da dita actuación calquera informe, acta, protocolo ou certificación, independentemente de que sexan favorables ou desfavorables, deberán serlle remitidos no prazo de dez días á delegación provincial mencionada.

Séptimo.-Norcontrol, S.A. deberá presentar semestralmente ante a delegación provincial competente en materia de industria unha memoria por campo de actividade das actuacións realizadas na provincia, na que consten a identificación dos titulares das instalacións, equipos e/ou instalacións inspeccionadas cos seus números de identificación ou fabricación, data de inspección e resultado dela, co fin de manter actualizados os rexistros correspondentes.

Oitavo.-Anualmente deberá de presentar no primeiro trimestre unha memoria ante a dirección xeral competente en materia de industria segundo o artigo 18 do Decreto 426/2001.

Noveno .-Esta autorización queda supeditada ó seguinte condicionado:

a) Comunicarlle á Delegación Provincial de Industria da Coruña os datos actualizados para a súa inscrición ou modificación no Rexistro de Establecementos Industriais, determinado pola Lei de industria e regulado polo Real decreto 697/1995, de 28 de abril.

b) Comunicarlle á Dirección Xeral de Industria, ó día seguinte de producirse, calquera modificación das condicións ou requisitos que deron lugar a esta autorización, xuntando, se é o caso, informe ou certificado da entidade de acreditación (Enac).

c) Cumpri-lo establecido, con carácter xeral, na Lei 21/1992, de 16 de xullo, de industria, e no Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, no que sexa de aplicación.

d) Nas súas actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia, cumpri-los requisitos establecidos no Decreto 426/2001.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada, ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde a data da súa notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das adminis

tracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas