Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 12 de xuño de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/159).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo L.M.T.A. Monzo-Tordoia (expediente 51039).

Situación: Trazo e Tordoia.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 1.804 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 14 da liña a Monzo, derivación a Abelenda e final na liña Monzo-Bordaos, nos termos municipais de Trazo e Tordoia.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 12 de xuño de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 159/2002Provincia: A Coruña

L.M.T. Monzo-TordoiaTermo municipal: Trazo

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

predio

Paraxe

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

m

ml

m

6San MartínLabradíoJesús Calviño GonzálezBar Suso-Tambre

Santiago de Compostela

(A Coruña)

54540