Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/122-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Iberoitaliana de Pizarras, S.A.

Domicilio social: Vega de Sil-Sobradelo, 32230 Carballeda de Valdeorras.

Denominación: L.M.T., C.T., para nave e concesión Chao de Golada, nº 4111.

Situación: Sobradelo (Carballeda de Valdeorras).

Características técnicas: liña a 20 kV aérea, de 250 m, con orixe na L.M.T. ó C.T. Casio, de Unión Fenosa Distribución, S.A., e con remate no C.T. proxectado en caseta prefabricada, con 200 kVA, R/T 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 10 de xuño de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense