Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 17 de xullo de 2002 Páx. 11.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 14 de marzo de 2002, aprobou definitivamente a modificación puntual do Proxecto de Ordenación do Medio Rural de Mondariz Balneario, redactado pola empresa Urbeplan, S.L., o que se fai público, de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 26 de marzo, do solo de Galicia, significando que contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación do texto da disposición impugnada, tal e como dispoñen os artigos 10.1.6 e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Tamén se pode exercer, se é o caso, calquera recurso que se estime procedente, significándose que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xullo, dispón que contra as disposicións administrativas de carácter xeral non cabe recurso en vía administrativa.

Mondariz-Balneario, 4 de xullo de 2002.

José Antonio Lorenzo Rodríguez

Alcalde