Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 17 de xullo de 2002 Páx. 11.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

ANUNCIO.

O Pleno desta Corporación municipal, en sesión do día 27 de setembro de 2001, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal na zona dotacional do Campo do Cura, en Meira (Moaña).

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Moaña, 10 de outubro de 2001.

Javier Barreiro Tenorio

Alcalde