Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 17 de xullo de 2002 Páx. 11.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO de licitación.

Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Marín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Nº de expediente: 176/02.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución da obra mellora dos servicios urbanos na calella Guillerma, Peirana e banda do río.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: Marín.

d) Prazo de execución: cinco (5) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 129.028,19 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Marín.

b) Enderezo: avda. Ourense, s/n.

c) Localidade e código postal: Marín (Pontevedra) 36900.

d) Teléfono: 986 88 03 00 ou 986 88 03 04.

e) Telefax: 986 88 20 13.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación empresarial:

Grupo A, subgrupos 1 e 2, categoría a).

Grupo C, subrupo 6, categoría a).

Grupo E, subgrupo 1, categoría a).

Grupo I, subgrupo 1, categoría a).

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación (DOG ou BOP).

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: punto 6 deste anuncio.

9. Apertura das ofertas.

Entidade, enderezo e localidade: punto 6 deste anuncio.

Data e hora: as 13 horas do 3º día hábil contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, agás que coincida en sábado, caso no que o acto se celebrará o día seguinte día hábil á mesma hora.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Marín, 2 de xullo de 2002.

Antonio Santiago Fernández

Alcalde