Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 17 de xullo de 2002 Páx. 11.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno en sesión celebrada o 19 de xuño de 2002, aprobouse inicialmente o prego de condicións técnicas e económico-administrativas, así como a forma de adxudicación por procedemento aberto e pola forma de concurso dos servicios de vixilancia no parque da Milagrosa. Para tal efecto publícase o seguinte anuncio consonte ás seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a prestación dos servicios de vixilancia no parque da Milagrosa.

b) Prazo de duración: o prazo de duración do contrato establécese nun ano, prorrogable como máximo por outro ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación.

O prezo máximo do contrato fíxase en 141.729,86 euros.

5. Garantías.

Provisionais: 2.834,60 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197, 3ª planta.

c) Localidade e CP: Lugo, 27002.

d) Teléfono: 982 297186, 982 297143.

e) Telefax: 982 297259.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

g) Enderezo por Internet: www.concellodelugo.org.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: atoparse clasificado no Rexistro de Empresas Constratistas de Servicio no grupo M, subgrupo 2, categoría a).

b) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidad: concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197, planta baixa.

c) Localidade e CP: Lugo.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: concellod e Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: ó terceiro día hábil (agás sábado ou festivo) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións, coa excepción prevista en caso de existir proposicións enviadas por correo.

10. Outras informacións.

As que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Lugo, 2 de xullo de 2002.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

José C. López Orozco

O alcalde