Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 17 de xullo de 2002 Páx. 11.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO de poxa de obras.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Mugardos.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente: --.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: apertura e reparación de camiños no Concello de Mugardos.

b) Lugar de execución: Concello de Mugardos.

c) Prazo de execución: tres (3) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 61.802,65 euros (IVE incluído).

5. Garantías.

a) Provisional: 1.236,06 A.

b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Mugardos, Secretaría.

b) Enderezo: avenida de Galicia, 45.

c) Localidade e código postal: Mugardos 15620.

d) Teléfono: 981 47 03 38/981 47 02 90.

e) Fax: 981 47 20 17.

f) Data límite de obtención de documentos: ata as 13 horas do día anterior ó que remata o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: ver cláusula 12 do prego.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: de 9 a 13 horas dentro do prazo de vinteseis días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en dous sobres pechados:

-Sobre A, subtitulado: Documentación, conterá a documentación esixida na cláusula 12.2º do prego.

-Sobre B, subtitulado: Oferta económica, conterá a proposición económica formulada de conformidade co modelo que figura no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Concello de Mugardos.

2º Enderezo: avda. de Galicia, 45.

3º Localidade e código postal: Mugardos 15620.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Mugardos (salón de sesións).

b) Enderezo: avda. de Galicia, 45.

c) Localidade: Mugardos.

d) Data: quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas (agás os sábados, que pasará ó luns seguinte).

e) Hora: 12 da mañá.

10. Outras informacións.

Secretaría, no primeiro andar da casa do concello.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

12. Pregos.

É de aplicación ó prego de cláusulas administrativas xerais aprobado polo pleno o día 28-6-2002.

Mugardos, 4 de xullo de 2002.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde