Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 16 de xullo de 2002 Páx. 11.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación, polo trámite de urxencia mediante o sistema de concurso público e procedemento aberto, das obras de reforma do Centro de Saúde de Palmeira-Ribeira (A Coruña).

-Obra: reforma do Centro de Saúde de Palmeira, Ribeira (A Coruña).

-Orzamento da contrata: 85.426,96 A.

-Prazo de execución: 3 meses.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

-Forma de tramitación: urxente.

-Variantes ó proxecto: non se admiten.

Exposición de proxectos:

Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na División de Recursos Económicos, -Subdirección Xeral de Investimentos (copistería Tórculo, pza. Mazarelos, 14 baixo, 981 58 54 55) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica:

Os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade /Sergas, ou nas direccións provinciais correspondentes, ata o décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores:

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 5.3º do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 5.4º do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 5.4º do prego de cláusulas administrativas.

Criterios de adxudicación:

Os definidos na cláusula 6.3º do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

Apertura de proposicións:

Será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2002.

P.D. (Decreto 45/2002 do 8 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos