Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 16 de xullo de 2002 Páx. 11.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a adquisición de historias clínicas e formularios de rexistro de saúde bucodental.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Gallego de Salud.

b) Dependencia que tramita o expediente: División Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: S/207-2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de historias clínicas e formularios de rexistro de saúde bucodental.

b) Número de unidades que hai que entregar: ver anexo V do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) División por lotes e número: non hai.

d) Lugar de entrega: direccións médicas das xerencias de atención primaria.

e) Plazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: sesenta mil euros (60.000 euros).

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información: Servicio Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 36 18 e telefax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares .

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Documentación a presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade (ver punto 6) .

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses contados desde a data da presentación de ofertas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: terá lugar ás 9 horas A.M. na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), do quinto día contado desde a finalización de presentación das ofertas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo destes gastos ascende a catrocentos vinteún euros (421 euros).

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria onde se poden obte-los pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos