Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 16 de xullo de 2002 Páx. 11.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2002, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Gonzalo Figueira Rodríguez.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso número 1/660/2002 interposto por Gonzalo Figueira Rodríguez na súa condición de aspirante no proceso selectivo de persoal estatutario convocado por resolución do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo).

O recorrente, aspirante da categoría de ATS/DUE, pretende a modificación das respostas consideradas correctas nas preguntas números 67, 79 e 100 do segundo exercicio da fase de oposición (supostos prácticos).

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son localizadas para que poidan comparecer na sala como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos